Adobe

O adobe[1] é un material feito con barro mesturado con palla ou feo e secado ó sol, utilizado na construción. As estruturas de abobe son extraordinariamente duradeiras e as edificacións de adobe son as máis antigas que se conservan, na cidade de Çatalhöyük (Anatolia). Ademais, contan coa vantaxe de que nos climas cálidos conservan o interior frío, aínda que requiren dun mantemento continuo xa que a auga da chuvia desfai o adobe.

Pared adobes
Parede de adobe.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adobe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.