Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias[1] (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como ADIF ou Adif, é unha entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento de España, que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación.

Gerencia Adif Miranda
Xerencia norte.

ADIF herdou a infraestrutura da extinta RENFE, polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de largo ibérico de España. En 2016 tiña 12 241 quilómetros de vías[2]. Tamén herdou as funcións da empresa pública GIF.

Vehículo de Adif
Coche de ADIF.
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
Adif wordmark
Administrador de Infraestructuras Ferroviarias
Zaragoza - Delicias 17
TipoEntidade pública empresarial
Fundación2005
MatrizMinisterio de Fomento de España
LocalizaciónCalle Sor Ángela de la Cruz, 3. 28080 Madrid España España
FundadorRENFE (escisión)
Persoas claveIsabel Pardo de Vera Posada (Presidenta)
José Luis Ábalos (Ministro de Fomento)
IndustriaFerroviaria
ProdutosInfraestrutura
Número de empregados12.922 (datos a 31 de decembro de 2015)
Páxina webadif.es

Fundación

ADIF é froito da Lei do Sector Ferroviario, que xorde da trasposición de Directivas europeas, e que obriga a que as grandes ferroviarias nacionais europeas xestionen de forma independente a infraestrutura e os trens que circulan por ela. O obxectivo final é permitir a calquera outra operador ferroviaria circular pola rede en condicións de igualdade cos trens de Renfe Operadora, promovendo a libre competencia.

A división de RENFE fíxose efectiva o 1 de xaneiro de 2005 entre dúas empresas:

  • Renfe Operadora: propietaria dos trens e encargada da súa circulación, que traballa en competencia con outras compañías ferroviarias.
  • ADIF: propietaria da infraestrutura e encargada da súa xestión, que proporciona os seus servizos a calquera operador ferroviario que os solicite.

A división tivo algunhas particularidades:

  • A venda de billetes en estacións é competencia de ADIF, en contra do que ocorre noutros administradores de infraestruturas (AENA, estacións de autobús...), nos que cada compañía vende os seus propios billetes.
  • As estacións exclusivamente de proximidades son propiedade de ADIF pero son xestionadas por Renfe Operadora. Isto é posible debido a que as redes de proximidades non son obxectivo da libre competencia.

O 31 de decembro de 2012 realizouse unha operación similar coa compañía que xestionaba os ferrocarrís de vía estreita, FEVE, facéndose cargo ADIF de toda a infraestrutura de vía estreita non transferida a comunidades autónomas.[3]

Xerencias operativas

ADIF controla o tráfico ferroviario en España a través de seis xerencias operativas, encadradas na Dirección Ejecutiva de Circulación e localizadas en:

Actividades e funcións

As principais actividades de ADIF son tres:

  • Construción por encomenda do Ministerio de Fomento español de novas liñas ferroviarias, entre elas as novas liñas de Alta Velocidade.
  • Mantemento das infraestruturas necesarias para a operación ferroviaria.
  • Atribución de capacidades da liña da rede e xestión da circulación en réxime de seguridade para a operación ferroviaria.

Rede ferroviaria

Tmercancias08 2
Rede de ancho ibérico de ADIF e principais instalacións de mercancías.

Todas as liñas que pertencían a RENFE na súa escisión pasaron a titularidade estatal, sendo administradas por ADIF. Á rede orixinal únense as liñas que foron construídas desde a creación de ADIF.

Esta rede componse de todas as liñas de vía ancha de España, fóra das liñas Barcelona-Vallès e Lleida-La Pobla de Segur, de carácter rexional e pertencentes a FGC. Tamén inclúe unha liña de vía estreita, a Liña C9 de Proximidades Madrid.[4]

Infraestruturas para mercancías

ADIF mantén unha ampla rede de infraestruturas e terminais para o tratamento de mercancías. As instalacións de mercadorías divídense en dous grupos, 1 e 2, dependendo dos servizos que ofrezan.

Nas instalacións de mercancías, ademais dos labores típicos dunha estación ferroviaria, pódense realizar todo tipo de manobras, transbordo de mercancías, manipulación de colectores, almacenaxe, planificación, alugueiro de medios auxiliares, limpeza de material, aparcadoiro de vehículos etc.

Ademais, os trens poden recibir varios servizos nas instalacións de ADIF, como subministración de area e combustible.

Presidencia

Notas

  1. Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
  2. "Declaración sobre la red 2016. Capítulo 1" (PDF). adif.es. Consultado o 2016-09-12.
  3. RTVE. "Deixa de existir FEVE, cuxo patrimonio de bens e servizos repartirase entre Renfe e Adif". Consultado o 31 de decembro de 2012.
  4. Declaración da Rede 2010, Anexos e Mapas en Adif.es
  5. "La Junta nombra a Antonio González Marín como nuevo director general de IDEA". Diario Sur (en castelán). 2016-01-19. Consultado o 2018-10-03.
  6. "El Gobierno nombra presidente de Adif y Renfe a Enrique Verdeguer y Julio Gómez". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  7. elEconomista.es. "Fomento nombra a Gonzalo Ferre, exdirectivo de Abertis, nuevo presidente de Adif" (en castelán). Consultado o 2018-10-03.
  8. "El Gobierno nombra a Juan Bravo Rivera presidente de Adif". El País (en castelán). 2016-11-18. ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-10-03.
  9. Reinero, David. "A galega Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif". Praza Pública. Consultado o 2018-10-03.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anuncio de Sinais e Freada Automática

O ASFA (Anuncio de Sinais e Freada Automática) é un sistema de alarma automático amplamente difundido na rede ferroviaria española. Consiste nun mecanismo que detén o tren en caso de que o maquinista non respecte o indicado nos sinais.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Estación de San Fernando-Bahía Sur

San Fernando-Bahía Sur é unha estación de ferrocarril española incluída dentro da rede de estacións de Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, sendo desde outono de 2007 a estación central da cidade de AdifSan Fernando (Cádiz).

É unha das estacións da liña C-1 de Proximidades Cádiz, paran nela trens de media e longa distancia.

Liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa

A liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa é unha liña de alta velocidade da rede de ferrocarril en España, pertencente á Rede de Interese Xeral xestionada pola empresa pública estatal Adif. A infraestrutura está deseñada para unha velocidade de 350 km/h, se ben actualmente a velocidade comercial máxima alcanzada polos trens é de 310 km/h, que permite a conexión por AVE entre as cidades de Madrid e Barcelona nun tempo de dúas horas e media.A liña ten unha lonxitude total de 804 quilómetros. Comeza na estación de Madrid-Puerta de Atocha e finaliza tras a estación de Figueres-Vilafant, onde ten continuidade cunha sección internacional ata Perpiñán que conecta as redes ferroviarias de España e Francia. A liña intérnase nas cidades de Barcelona, coas estacións de Barcelona-Sants e Barcelona-La Sagrera (actualmente en construción), e Xirona. Ademais, ten dúas variantes que permiten saíndo da liña acceder ás estacións de Zaragoza-Delicias e Lleida-Pireneos, e dispón de tres estacións en plena liña: Guadalaxara-Yebes, Calatayud e Camp de Tarragona.

Ademais dos servizos internos da liña (AVE para os de longa distancia e Avant para os de media distancia), existen cambiadores de ancho no ámbito de Zaragoza que permiten saír da liña, ademais dun ramal en ancho internacional que finaliza en Huesca. Mediante cambio de ancho en Zaragoza utilizan esta liña os trens entre Madrid e Navarra e A Rioxa, e entre Barcelona e o norte de España. Ademais, unha conexión coa LAV Madrid-Sevilla permite conexións Cataluña-Andalucía sen entrar en Madrid.

A liña foi inaugurada en varios tramos comezando dende Madrid. En outubro de 2003 abriuse ata Lleida, en decembro de 2006 chegouse ata Tarragona, en febreiro de 2008 ata Barcelona e en xaneiro de 2013 completouse a liña alcanzando Figueres e a fronteira francesa.

Renfe

Renfe ou RENFE, acrónimo de Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles, foi o nome comercial do antigo organismo paraestatal español de transporte ferroviario existente como tal entre 1941 e 2004. En 2005 dividiuse en Adif, ente xestor das infraestruturas ferroviarias españolas, e Renfe Operadora, compañía que quedou coa explotación dos ferrocarrís.

Foi fundada o 24 de xaneiro de 1941 por mor da nacionalización de diversas compañías ferroviarias españolas, entre as que destacaban a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España (1858-1941), a Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante, M.Z.A, (1856-1941) e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste e Ferrocarriles Andaluces, xa baixo tutela estatal, desde 1928 e 1936, respectivamente.

O obxecto da creación de RENFE foi rehabilitar a rede ferroviaria española, gravemente danada como consecuencia da guerra civil, ante a situación de quebra económica das empresas ferroviarias que ata entón explotaran a rede. RENFE explotou a rede ferroviaria española desde a súa creación en réxime de monopolio ata o día 31 de decembro de 2004.

A partir da década dos 70 e principalmente na dos 80, RENFE empezouse a rexer por unha política de rendibilidade económica, polo que todas aquelas liñas que non eran rendibles foron pechándose ao tráfico progresivamente. O 1 de xaneiro de 1985 pecháronse máis de 900 km de vías e liñas. Sirvan como exemplo o Santander-Mediterráneo, Andalucía-Levante (ferrocarril do Almanzora), o Valladolid-Ariza, a Vía da Prata etc.

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Túnel do Corno

O túnel do Corno é unha construción do tramo ferroviario Lubián-Ourense, un dos segmentos máis complexos xeográfica e tecnicamente da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia, debido á accidentada orografía que atravesa. Ten 100 km de lonxitude e supón a entrada da LAV en Galicia, cruzando transversalmente a provincia de Ourense desde o seu límite coa de Zamora. As obras discorren pola localidade da Gudiña, onde se localizará a estación proxectada de Porta de Galicia, dirixíndose despois, ao norte da autovía A-52, até Ourense.

Os grandes túneles son as infraestruturas máis salientábeis deste tramo. O seu trazado conta cun total de 18 túneles, algúns coa dificultade engadida de que se dividen en dúas vías, esquerda e dereita. A principal peculiaridade, que distingue este tramo do resto da liña, reside en que dos 100 km de lonxitude total, 77,8 se constrúen mediante 2 vías únicas paralelas.

No cómputo global das infraestruturas proxectadas e xa construídas dentro da LAV Madrid-Galicia os túneles deste tramo son os de maior extensión, sobre todo comparados cos escavados no tramo Ourense-Santiago, xa en funcionamento, onde o túnel da Burata, entre os concellos de Ourense e Amoeiro, é o de maior lonxitude, con 4068 m.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.