Administración pública

Por Administración pública, xeralmente, enténdese á organización integrada por un persoal especializado, dotada de medios económicos e materiais públicos que pon en práctica as decisións tomadas polo goberno. Componse de todo o que a fai efectiva: funcionarios e edificios públicos, entre outros. Pola súa función, é o enlace entre a cidadanía e o poder político. Con todo, non só existe Administración Pública no Poder Executivo, senón en gran parte do Estado e ata en entes privados que desempeñan funcións administrativas por habilitación do Estado, coma os colexios profesionais. Do latín "ad-ministrare", que significa servir, ou de "ad manus traher" que alude á idea de manexar ou xestionar.

No entanto, o concepto de Administración Pública pode ser entendido desde dous puntos de vista.

  • Desde un punto de vista formal, enténdese á entidade que administra, ou sexa, ao organismo público que recibiu normativamente a competencia e os medios necesarios para a satisfacción dos intereses xerais.
  • Desde un punto de vista material, enténdese máis ben a actividade administrativa, ou sexa, a actividade deste organismo considerado nos seus problemas de xestión e de existencia propia, tanto nas súas relacións con outros organismos semellantes como cos particulares para asegurar a execución da súa misión.

Tamén se pode entender como a disciplina encargada do manexo científico dos recursos e da dirección do traballo humano enfocada á satisfacción do interese público, entendendo este último como as expectativas da colectividade.

Elementos

  • Medios persoais ou persoas físicas.
  • Medios económicos (tributos).
  • Organización; ordenación racional dos medios.
  • Fins.
  • Actuación, que debe ser licita, dentro dunhas competencia do órgano actuante.

Xuridicamente, o concepto de Administración pública úsase máis frecuentemente en sentido formal, referíndose a un organismo complexo e múltiple -sen prexuízo da súa unidade- que realiza unha actividade do Estado. Neste sentido, se dicimos "responsabilidade da Administración" quérese significar que o acto ou feito da Administración é o que responsabiliza ao Estado (ou comunidade autónoma, administración local etc.

Prerrogativas da Administración

A Administración posúe unha serie de prerrogativas que a colocan nunha posición superior á do administrado. A xustificación é que a Administración defende os intereses xerais, mentres que o particular defende os intereses particulares ou propios de seu.

Entre as devanditas prerrogativas destacan:

  • A interpretación unilateral dos contratos que asine cos particulares para a xestión indirecta das funcións administrativas (obras, subministracións etc.)
  • A executividade dos actos administrativos (por exemplo, o cobro de multas polo procedemento de prema). É dicir, os actos da administración deben cumprirse, son obrigatorios
  • O principio de autotutela: a administración está autorizada para impoñer unilateralmente as súas decisións aos particulares.
  • O sometemento a unha xurisdición especializada, a xurisdición contencioso administrativa.

A Administración pública en España

Segundo o artigo 103 da Constitución, a Administración Pública de España serve con obxectividade aos intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito.

A nivel territorial, a Constitución de 1978 divide a Administración pública en tres niveis como consecuencia da definición de estado fortemente descentralizado:

  • Administración Xeral do Estado: é a administración central de todo o Estado español (artigos 97 e seguintes da CE) encargada de levar á práctica o programa do Goberno e de satisfacer os intereses xerais.
  • Administración autonómica: composta por todos aqueles organismos que xestionan competencias atribuídas total ou parcialmente ás rexións e nacionalidades de España (artigos 137 e seguintes da CE).
  • Administración local: comprende as competencias transferidas a municipios, deputacións provinciais ou forais e cabidos insulares (artigos 140 e seguintes da CE).

A pluralidade de Administracións Públicas en España complétase coas Administracións non territoriais que desenvolven actividades concretas con potestades limitadas:

Véxase tamén

Outros artigos

A Divina Comedia

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos.

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014.

Biblioteca Nacional da Dieta

A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館, Kokuritsu Kokkai Toshokan) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Tokio e Kioto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país.

Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.

Burocracia

A burocracia, en socioloxía, é unha estrutura organizativa caracterizada por procedementos regularizados, división de responsabilidades, xerarquía e relacións impersoais; aplícase a toda forma de organización, aínda que se asocia sobre todo ao público. O termo vulgarizouno Max Weber, e moitos aspectos da administración pública débense a el.

Competencia administrativa

A competencia administrativa é un dos presupostos da acción da administración pública

No exercicio das potestades públicas, o suxeito activo ha ser sempre un órgano da Administración, pero ademais debe ser o órgano competente.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupa de xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O actual conselleiro é Alfonso Rueda.

Dereito administrativo

O dereito administrativo é unha póla do dereito que estuda as relacións xurídicas nas que a administración pública actúa investida da potestade ou autoridade que lle é propia. Quedarían por tanto exentas do dereito administrativo as relacións nas que a Administración actúa como suxeito de dereito privado.

Doutoramento

O doutoramento é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:

En investigación

First-professional (EUA soamente)

HonoríficoOs primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.

Escola Galega de Administración Pública

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) é un centro oficial de docencia e de investigación en todas aquelas materias que foren de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e, de ser o caso, doutras administracións galegas. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Farmacéutico

Un farmacéutico é un profesional da saúde que exerce a farmacia, na súa función tradicional os farmacéuticos teñen a función de dar ós doentes as medicinas receitadas por un médico, así como aconsellar sobre a uso correcto e os efectos adversos desa medicación, pero un farmacéutico, ademais de traballar nunha oficina de farmacia, pode dedicarse á investigación biomédica, á cosmetoloxía, á análise de augas, traballar nun hospital, colaborar coa administración pública no control do uso de medicamentos ou na industria farmacéutica ostentando a dirección técnica dun laboratorio farmacéutico ou nunha distribuidora de medicamentos.

Funcionario

O funcionario público é aquel traballador que desempeña funcións nun organismo do Estado, que pode representar a calquera poder público que exista, xa sexa o lexislativo, o executivo ou o xudicial. Habitualmente estes organismos son o Goberno, o Congreso o Parlamento, os tribunais, a Administración pública e, en xeral, todos aqueles organismos que non pertenzan ao sector privado.

Județ

Un județ /ʒu'deʦ/ é unha división administrativa de Romanía, que se pode traducir como rexión, distrito, departamento, concello ou condado.O Consiliu județean (Consello distrital) é a autoridade da administración pública local, coordinando a actividade dos consellos das comunas e cidades do județ. O Consello de județ está composto por conselleiros electos.

Lingua neerlandesa

O neerlandés é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis afastado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.

O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Suriname.

Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.

Max Weber

Maximilian Weber, nado o 21 de abril de 1864 en Erfurt e finado o 14 de xuño de 1920 en Múnic, foi un economista e sociólogo alemán, considerado un dos fundadores do estudo moderno antipositivista, da socioloxía e da administración pública.

Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, tamén coñecido ao longo da súa historia como Ministerio de Administracións Públicas, de Política Territorial ou de Administración Territorial, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado de España encargado da preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local, así como da xestión dos pagamentos e das contas básicas do estado.

Correspóndelle tamén a este ministerio a promoción das relacións institucionais da Administración Periférica do Estado coas comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía, así como a preparación e seguimento da Conferencia de Presidentes. Naceu como fusión dos departamentos de Política Territorial e Administracións Públicas, dunha banda, e de Facenda doutra, que anteriormente formara parte do ministerio de Economía.

Na actualidade, e dende a súa creación como entidade única baixo ese nome, ocupa o cargo de ministro Cristóbal Montoro, do PP.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Real Decreto

Un Real Decreto, coñecido tamén polo acrónimo RD, no sistema xurídico español, é unha norma xurídica con rango de regulamento que emana do poder executivo (o Goberno) e en virtude das competencias prescritas na Constitución. Con todo, non hai que confundir o contido coa forma de aprobación: os actos que emanan do Consello de Ministros adquiren a forma de real decreto (que é, por tanto, a forma en que se reviste o acto), pero non todo real decreto é un regulamento (iso dependerá do contido).

En calquera caso, o real decreto sitúase na orde de prelación das normas xurídicas inmediatamente despois das normas con rango de Lei e antes da Orde Ministerial. A súa diferenza coa primeira é que emana do poder executivo e non do poder lexislativo. A súa diferenza coa segunda é que o real decreto precisa para a súa adopción da aprobación do Consello de Ministros exclusivamente, mentres que a Orde Ministerial pode establecerse por parte dun só ministro.

Tanto os reais decretos como as Ordes Ministeriais integran a potestade regulamentaria da Administración Pública. Os regulamentos, en virtude do principio de xerarquía normativa, non poden contradicir o disposto nas leis e a Constitución prohibe que regulen unha serie de materias que reserva á lei. Un Real Decreto é asinado polo Rei e referendado polo presidente do Goberno ou polos ministros competentes.

Sector terciario

O sector terciario tamén chamado comunmente sector servizos, é aquel sector da economía formado polas actividades que non xeran ningún ben físico directamente (a diferenza do sector primario, que extrae os bens da natureza e do secundario, que transforma estes bens noutros) senón que ofrece servizos ás persoas.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Vilatuxe, Lalín

San Lourenzo de Vilatuxe é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 628 habitantes (330 mulleres e 298 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 796 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.