Adiviña

Unha adiviña é unha pregunta enxeñosa ou un enigma. É un xogo que consiste en procura-la resposta á pregunta ou encontrar o sentido oculto dunha frase.

Moitas veces as adiviñas teñen unha rima interna e cóntanse ós nenos para estimular a súa agudeza. As adiviñas tradicionais forman parte da literatura oral dunha lingua.

Un exemplo de adiviña popular galega é:

Oidipous sphinx MGEt 16541 reconstitution
Representación de Edipo e a esfinxe, un exemplo de adiviñas na mitoloxía grega.

Adiviñas de Carballedo, Lugo

Recollidas por don Nicanor Rielo Carballo[1]

2-Bótesme tarde, bótesme cedo, ata o maio, non me ves o pelo.

3-Catro corremontes, catro cichafontes, un dálle dálle, e dous tuturulús

4-Cen redondiños e un redondón, un saca saca e un quita pon

5-Dúas nais e dúas fillas, cubertas con tres mantillas e ningunha vai sen ela aínda que son tres prendas

6-Dúas peludas, un pelado e un cálcalle no rabo

7-Embaixo da terra, nun burato metida, ten barbas e non cara, dentes e sen boca, cabeza e sen pés e ti que tanto sabes, adiviña o que é

8-Entre dous puños brancos hai unha flor amarela, que se pode presentar diante do rei e da reina

9-Foliquiño andaba buscando, o rabo largo estaba mirando e se non fora polo buratiño, o que sería do pobre Foliquiño

10-Miña nai é tartamuda, meu pai é cantador, teño un vestido branco e marelo o corazón

11-Que cousa é, que cousa non é, cando vai para o monte vai enguruñada, e cando vén para a casa vén estarricada

12-Teño uns tríngulis míngulis colgados da barriga, teño libras, teño cuartas e en min todos se fían

13-Unha vez, a ver se adiviñas, debaixo do pinguín que pingaba estaba o roncón que roncaba e veu o fungón que fungaba, e o demo do fungón que fungaba botou de alí ao roncón que roncaba

SOLUCIÓNS: 1: A cereixa na cerdeira. 2: A pataca. 3: A vaca (4 cornos, 4 tetos, un rabo, 2 cornos). 4: o pote do caldo (as borbullas e o testo). 5: Avoa, filla e neta. 6: un labrego arando (2 vacas, un labrego, un arado). 7: O allo. 8: O ovo. 9: O rato e o gato. 10: O ovo. 11: A corda de atar. 12: A romana de pesar. 13: O porco e o can. 14: O pan nas sopas de viño.

Notas

  1. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. ISBN 84-7041-041-5.
A miña sogra e mais eu

A miña sogra e mais eu é unha serie de televisión producida por Voz Audivisual para a TVG no ano 2004. O argumento céntrase nun actor en paro, Óscar, que non ten máis remedio que ir vivir coa súa familia á casa da súa sogra, Ana.

A pataca na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do cultivo e consumo da pataca na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Non se deben poñe-las patacas en martes e con lúa de forza -en cuarto crecente-, porque senón grelan. Tampouco se deben almacenar nun sitio onde dea a lúa porque se porán verdes.

Unha moza pode adiviña-lo nome do futuro marido deixando na ventá unha pela de pataca durante a noite de San Xoán. Á mañán estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o seu nome.

Os vástagos novos da rama da pataca, aplicados en cataplasmas, alivian a dor das escordaduras dos pés ou mans, así como nas queimaduras. Tamén resulta eficaz con este mesmo fin a polpa cocida da pataca . A fécula, seca e en po, alivia o proído da pel nos nenos.

O zume de pataca é lixeiramente espasmolítico e antiácido, polo que tamén se emprega na medicina tradicional contra as gastrites e úlceras.

Lis Quibén recolle a crenza, que non localiza, de que levar unha pataca crúa no peto serve para previ-la reuma .

En Coristanco (A Coruña) celébrase desde 1980 a Festa da pataca, a terceira fin de semana de setembro.

Adiviña quen vén esta noite

Adiviña quen vén esta noite foi un programa de variedades da Televisión de Galicia dirixido por Xesús Iglesias e pesentado por Xosé Ramón Gayoso.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Contrafío

Contrafío foi un programa de debates da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 nun primeiro momento dirixido e presentado por Amelia García e logo asumiu a función de dirección Xosé María Palmeiro.

Costeira galega

Costeira galega foi un programa divulgativo e informativo sobre o mundo do mar e dos mariñeiros emitido na Televisión de Galicia na tempada 1985-1986 presentado por Queca Merino.

Costeira galega emitíase os luns ás 20:00 horas cunha duración de 55 minutos. En xuño de 1986 o programa reduce a súa duración ata os 30 minutos e muda de nome a Mar.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Edipo

Edipo é un personaxe mitolóxico, fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.

Edipo medra, e sendo xa un home, escoita que matará o seu pai e xacerá coa súa nai. Horrorizado, marcha de Corinto sen destino fixo. Nunha encrucillada de camiños atopa un home ancián, que resulta ser Laio, co seu séquito, e logo dunha trifulca, Edipo mátaos a todos, descoñecendo as súas identidades, excepto a un que resulta ser o mesmo pastor que o abandonou.

Edipo chega a Tebas e nos arrabaldes atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que anda con dous pés, con tres pés e con catro pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home, pois de meniño anda de gatas, máis tarde só sobre os dous pés, e de vello usa un bastón como terceiro pé.

Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta.

Entón comeza unha epidemia en Tebas, que se revela causada pola presenza dun home impío na cidade. Este ha de ser o asasino do anterior rei, que permanece impune. Trala consulta do adiviñador Tiresias, que logo de intentar calar, acaba deixando ver a verdade, que o asasino é o propio Edipo; Edipo acúsao de ser o cómplice dunha conspiración do seu cuñado Creonte para ocupar o trono.

Posteriormente os acontecementos dan unha volta dramática ao chegar un emisario de Corinto anunciándolle a Edipo a morte do seu pai adoptivo, ante o cal ve que a profecía non era correcta. Comentándoo con Iocasta, esta fala do seu fillo, supostamente morto, e da súa profecía. Ambos os dous van falando e percatándose da verdade, polo cal chaman á única persoa que poderá contala enteira, o pastor.

Tras chegar o pastor á corte e contar a verdade, Iocasta afórcase e Edipo cégase cravándose os broches da súa muller nos ollos. Posteriormente, diríxese ao desterro, acompañado das súas fillas, Antígona e Ismene. Diríxense a Colono, onde morrerá molestado polos seus sete fillos, os cales dispútanse o trono da cidade nunha guerra fraticida, que gañaría quen tivese o seu cadáver. Finalmente todos morren.

O mito de Edipo é tratado por diversas traxedias clásicas, dentro da saga tebana, destacando a traxedia Edipo Rei de Sófocles. Outras traxedias desta saga son Edipo en Colono e Os sete contra Tebas.

Edipo tamén dá nome a un complexo psicolóxico, o Complexo de Edipo.

Esfinxe

Na mitoloxía grega, a Esfinxe ( pronunciación ) (en grego antigo Σφίγξ, quizais de σφίγγω, ‘estrangular’) era un monstro feminino ó que se lle outorgaba rostro de muller, peito, patas, e rabo de león, e ademais tiña ás de ave rapina.

Supónse que en certas versións é filla de Equidna (víbora con corpo de muller, pero con rabo de de serpe en lugar de pernas), outros a Ortro (can de varias cabezas), outros a Tifón, e outros ó que foi o rei de Tebas (pai de Edipo).

Hera envía á Esfinxe a Tebas para castigar á cidade polo amor culpable que sentía Laio por Crisipo, fillo de Pélope (críase que foi a primeira relación homosexual). Así a esfinxe guareceuse nas montañas ó oeste de Tebas, e desde alí devoraba a todos os seres humanos que estiveran ó seu pé, atormentando ó país.

Antes de comer ós viaxeiros impoñíalles adiviñas imposibles de resolver, coa condición de que se os respondían correctamente non os devoraría. Ninguén os acertou ata que chegou Edipo.

A adiviña era: "Que é o que ten catro patas pola mañá, dúas a mediodía e tres pola noite".

A resposta era o home, pois gatea cando é neno, camiña cando é adulto e de vello anda co bastón.

Outra adiviña era: "Eran dúas irmás, unha delas enxendra á outra, e esta a súa vez enxendra á primeira". A resposta é o día ea noite. Cando Edipo resolveu a adiviña a esfinxe suicidouse.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Faíscas da lingua

Faíscas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia, o primeiro programa de televisión dedicado á aprendizaxe da lingua galega. Emitiuse durante os anos 1986 e 1987.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

O campo de atrás

O campo de atrás foi un programa infantil que emitiu a TVG en 1988. Dirixido por Manuel Pombal, contou coa participación, entre outros, dos actores Avelino González como o boneco Bogo, a xa falecida Marisa Soto, Xosé Lois, Serxio Pazos, Gonzalo Uriarte e Xosé Manoel Conde como o "Profesor Lampantín". Foron guionistas do programa Xosé Manoel Conde, Cándido Pazó, Avelino González, Manoel Pombal e Paco Barreiro.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Santa Comba, Agolada

San Xoán de Santa Comba é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 93 habitantes (48 homes e 45 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.