Adina, Sanxenxo

Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 4.783 habitantes (2.404 mulleres e 2.379 homes), o que supón un lixeiro incremento respecto ó ano 2009, cando tiña 4.662 habitantes, e 2008, cando eran 4.667.

Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur co océano Atlántico aberto e a ría de Pontevedra, ó este coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.

Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.

Coordenadas: 42°24′30″N 8°50′00″O / 42.40833, -8.83333

Adina
Adina, Sanxenxo
Igrexa parroquial
Parroquia Portonovo-Adina
ConcelloSanxenxo
Área10,5 km²
Poboación4.783 hab. (2016)
Densidade455,52 hab./km²
Entidades de poboación17

Patrimonio histórico e artístico

A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.

No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.

Sanxenxo, Adina 04-03

Baldaquino

Lugares e parroquias

Parroquias de Sanxenxo

Véxase tamén

Bibliografía

FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.

Ligazóns externas

Outros artigos

A Barrosa, Adina, Sanxenxo

A Barrosa é unha aldea situada no leste da parroquia de Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 170 habitantes (87 mulleres e 83 homes), o que representa un case mantemento da poboación respecto ós anos 2009, cando tiña 174 habitantes, e 2008, cando eran 172.

A Igrexa, Adina, Sanxenxo

A Igrexa é un lugar da parroquia da Adina, Sanxenxo do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 99 habitantes en 2016 (45 mulleres e 54 homes), practicamente a mesma poboación que tiña en 2009 (97 habitantes) e 2008 (95).

A Torre, Adina, Sanxenxo

A Torre é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 114 habitantes en 2016 (58 mulleres e 56 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2009, cando tiña 100 veciños, e 2008, cando eran 99.

A Xesteiriña, Adina, Sanxenxo

A Xesteiriña é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 120 habitantes en 2016 (59 mulleres e 61 homes), practicamente a mesma poboación que tiña en 2009, cando tiña 117 veciños, e en 2008, cando eran 116.

Baltar, Adina, Sanxenxo

Baltar é un lugar da parroquia da Adina, hoxe xa integrado en Portonovo. Conta cun instituto de educación secundaria, un centro polideportivo, un centro de día, unha piscina cuberta, un campo de fútbol, un centro de saúde, unha pista de xogos e un parque.

Segundo o IGE, tiña 427 habitantes en 2016 (228 mulleres e 199 homes), o que representa un lixeiro descenso respecto ó ano 2009, cando tiña 439 habitantes.

Barbeito, Adina, Sanxenxo

Barbeito é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 377 habitantes en 2016 (181 mulleres e 191 homes), o que representa un lixeiro aumento respecto ós anos 2009, cando tiña 363 habitantes, e 2008, cando eran 368.

Canelas, Adina, Sanxenxo

Canelas é un lugar da parroquia da Adina no concello pontevedrés de Sanxenxo, integrado actualmente en boa parte na vila mariñeira de Portonovo. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 62 habitantes (31 mulleres e 31 homes), oito máis ca en 2013 e 22 máis ca en 2008.

No lugar atópase a praia de Canelas, galardoada coa Bandeira Azul en 2016.

Fabal, Adina, Sanxenxo

Fabal é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 76 habitantes en 2016 (38 mulleres e 38 homes), o que representa un descenso respecto ós anos 2009, cando tiña 88 habitantes, e 2008, cando eran 89 veciños.

Forxán, Adina, Sanxenxo

Forxán é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 219 habitantes en 2016 (114 mulleres e 105 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2009, cando tiña 175 habitantes, e 2008, cando eran 174.

Galería de imaxes de Adina, Sanxenxo

Adina, Sanxenxo.

O Catadoiro, Adina, Sanxenxo

O Catadoiro é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 141 habitantes en 2016 (75 mulleres e 66 homes), o que representa un aumento continuado respecto ós anos 2009, cando tiña 132 habitantes, e 2008, cando eran 124.

O Outeiro, Adina, Sanxenxo

O Outeiro é un lugar da parroquia da Adina, Sanxenxo do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 128 habitantes en 2016 (65 mulleres e 63 homes), o que representa un progresivo aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 114 habitantes, e 2008, cando eran 110.

O Pombal, Adina, Sanxenxo

O Pombal é un lugar da parroquia da Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, tiña 87 habitantes en 2016 (45 mulleres e 42 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 77 habitantes, e 2008, coa mesma poboación.

Atópase a medio camiño entre Portonovo e o núcleo de Adina, e adoita ser confundido co lugar do Pombal na parroquia de Noalla, polo que adoita ser denominado como O Pombal da Adina.

É un lugar do rural con terras de cultivo e labradío.

Entre os seu patrimonio está un antigo pombal, que dá nome ó lugar, e unha antiga casa reitoral.

O Vinquiño, Adina, Sanxenxo

O Vinquiño é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 103 habitantes en 2016 (51 mulleres e 52 homes), o que representa un aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 90 veciños, e 2008, cando eran 92.

No Vinquiño remata a autovía AG-41 (que vén de Curro, Barro) e nace o corredor VG-4.1 (que vai ata o istmo da Lanzada). Ó redor da rotonda que conecta a saída da autovía coas estradas locais instaláronse dúas grandes superficies.

Paxariñas, Adina, Sanxenxo

Paxariñas é un lugar da parroquia da Adina, Sanxenxo do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 61 habitantes en 2016 (30 mulleres e 31 homes), o que representa un notable aumento respecto ós anos 2009, cando tiña 43 habitantes, ou 2008, cando eran 42.

A praia de Paxariñas dispón de Bandeira Azul desde o 2007.

Portonovo, Adina, Sanxenxo

Portonovo é unha das dúas vilas do concello de Sanxenxo, xunto coa capital do concello, e o segundo núcleo en número de habitantes (en 2016). Segundo datos datos do IGE, tiña 2.161 habitantes en 2016 (1.075 mulleres e 1.086 homes), o que representa un leve pero continuado descenso respecto a anos anteriores: 2.184 habitantes en 2009 e 2.213 en 2008.

Está situado na parroquia de Adina, coa que normalmente se identifica. Actualmente están integrados, total ou parcialmente, no casco urbano da vila os lugares de Barbeito, Vista Alegre e Canelas.

A súa actividade económica baséase historicamente na pesca, cun gremio de mareantes de especial relevancia durante a idade Media. Froito desta gran tradición pesqueira, conta cunha confraría de pescadores, inaugurada no ano 1924 (por Castelao), así como un importante porto pesqueiro recentemente ampliado e unha moderna lonxa, reformada en 2014.

Hoxe en día a pesca está a pasar a un plano secundario por mor do crecemento do sector turístico do concello e, en xeral, de toda a comarca.

Ramón de Valenzuela

Ramón de Valenzuela Otero, nado en Manduas (Silleda) o 3 de outubro de 1914 e finado en Adina (Sanxenxo) o 27 de outubro de 1980, foi un escritor e político galego.

Rial, Adina, Sanxenxo

Rial é un lugar da parroquia de Adina, no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 contaba cunha poboación de 107 habitantes (48 mulleres e 59 homes), o que representa un claro aumento respecto ó ano 2009, cando tiña 86 veciños, a mesma poboación que tiña en 2008.

Linda ó oeste co río do Carragal, sobre o que existe un muíño de auga, de propiedade privada. Antigamente usábase para moer en réxime comunal.

Vista Alegre, Adina, Sanxenxo

Vista Alegre é un lugar da parroquia da Adina do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo o IGE, tiña 331 habitantes en 2016 (169 mulleres e 162 homes), practicamente a mesma poboación que tiña no ano 2009, cando tiña 334 veciños.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.