Adela Leiro

Adela Leiro Lois é unha mestra e escritora galega, nada en Cambados. É irmá do escultor Francisco Leiro.

Adela Leiro
Nacementoséculo XX
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
IrmánsFrancisco Leiro

Traxectoria

Mestra especialista nas áreas de Ciencias Naturais e Expresión Plástica no IES Francisco Asorey de Cambados.

Obras

  • Galicia en mapas, 1980.
  • Galicia en imaxes, 1981.
  • A enseada do Umia-O Grove, 1991.
  • As Telleiras, 1993.
  • “Augas caídas”, fervenzas de Galiza, 2005.
  • Galiza: a natureza, 2005.
  • Galiza: o agro, 2005.
  • Galiza: o mar, 2005.
  • Galiza: poboación e industria, 2006.
  • Os incendios, 2007.
  • Auga e pedra, 2008.
  • Galiza. O camiño do sol, 2008.
  • O barro e as telleiras, 2008.
  • As comarcas de Galiza. Patrimonio natural, 2008-2009.

Obras colectivas

  • Enciclopedia Temática Ilustrada A Nosa Terra
  • As marés negras, 2003.
  • Espazos naturais. Pontevedra, 2003.
  • Espazos naturais. Ourense, 2003.
  • Espazos naturais. A Coruña, 2003.
  • Espazos naturais. Lugo, 2004.
  • Árbores de Galiza, 2006.
  • As montañas de Galiza, 2006.
  • Os ríos de Galiza, 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A muller na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada da muller na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Cómpre advertir que a literatura oral, tanto a galega como a universal, está impregnada dunha clara misoxinia que reflicte o sentir popular das épocas nas que aquela foi xurdindo. Debe interpretarse, xa que logo, cunha perspectiva histórica sen translación a valores actuais.

Adela

Adela é un nome propio galego de muller que procede da raíz xermánica athal (nobre), podería ser en orixe unha forma reducida de Adelaida. No ano 2010 levaban o nome 1222 residentes en Galicia.

Enciclopedia Temática Ilustrada A Nosa Terra

A Enciclopedia Temática Ilustrada é unha enciclopedia temática en galego editada no ano 2004 pola editorial A Nosa Terra.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Leiro (homónimos)

O topónimo galego Leiro pode referirse a:

Leiro, concello da provincia de Ourense.

Leiro, parroquia de dito concello;

Leiro, lugar de dita parroquia;

Leiro, parroquia do concello de Abegondo;

Leiro, parroquia do concello de Miño;

Leiro, lugar de dita parroquia;

Leiro, parroquia do concello de Rianxo;

Leiro, parroquia do concello de Ribadumia;

Leiro, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares.Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco Leiro, escultor galego (n. 1957);

Adela Leiro, escritora galega.

O gato na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do gato na cultura popular galega a través das crenzas, refráns, cantigas, etc. recollidas de enciclopedias, vocabularios, refraneiros e outra bibliografía de ámbito xeral ou localizado.

O viño na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou o viño na cultura popular galega, na fraseoloxía e na literatura de tradición oral. Inclúense tamén as referencias á viña, á vendima, ó lagar, ás adegas, tabernas e taberneiras, e ó consumo -normal ou en exceso- do viño.

Paseo da Ferradura

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns, é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Ponte, Silleda

San Miguel de Ponte é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE, no ano 2017 tiña 155 habitantes (79 homes e 76 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000 cando tiña 187 habitantes. O seu nome provén da antiga ponte que servía de paso entre as terras de Trasdeza e as de Deza.

Refraneiro galego sobre o viño

A adega cheira ó viño que ten .

A auga de febreiro derrama o viño .

A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan .

A auga de San Xoán quita o viño e tolle o pan .

A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan .

A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan .

A auga fai mal i o viño fai cantar .

A auga non emborracha, nin enferma, nin entrampa .

A auga non enferma nin embebeda .

A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes .

A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan.

A augardente, na tenda; o viño, na taberna .

A beber viño nunca me ganou veciño .

A bo viño non hai mal bebedor .

A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.

A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto .

A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto .

A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan.

A cuba do bo viño non necesita bandeira.

A home bo, picheles cheos .

A home vello, picheles novos .

A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan .

A millor siñal de auga é non haber pra viño .

A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra .

A muller e a viña dan ó home alegría .

A muller e a viña faina o home garrida .

A muller e o viño sacan o home de tino .

A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño .

A pouco viño, coidadiño .

A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan .

A vide e a xesta co demo en testa.

A vindima, enxoita e fría .

A vindima non é cada día .

A viña de bo amo, pódase en marzo. A viña do ruín, pódase en abril .

A viña i o poldro que os críen outros .

A viña non quere máis sombra que a do amo.

A viña o dá e a viña o come.

A viña vella quer amo novo .

A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber .

A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño .

A xogueta e a bebedela botan as casas por terra.

Abril frío, moito pan e pouco viño .

Abril frío, pan e viño .

Abril frío quer compango, viño e pantrigo .

Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.

Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.

Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo.

Adega fría quentarse espera .

Adega fría quentarse espera ó chegala colleita .

Agosto a madura e setembro vendima a uva.

Agosto e vendimia non son cada día .

Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano.

Agosto e vendima non son cada día e sí cada ano, us con proveito e outros con dano .

Agosto, madura, e setembre vindima as uvas .

Aí vén San Miguel, co seu tonel .

Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete

Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño.

Anaco de touciño pide trago de viño .

Ano de viño, garda viño.

Ano de viño, merca e garda viño .

Ano de viño, vende viño e garda viño.

Ano novo e viño novo non manteñen .

Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna .

Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna .

Antes da vindima, compón as cubas axiña .

Antes de pan, viño; antes de viño, touciño; e antes touciño que liño.

Antes de San Martiño, pan e viño; dispois de San Martiño, fame e frío .

Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño .

Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño .

Ao lacón e ao touciño, grolos de viño .

Apregoar viño, e vender vinagre .

As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.

Ás veces val máis o viño que as borras; e de contino, val máis o viño .

Ata despois da vendimia non cáte-la entena.

Ata o san Pedro, o viño ten medo.

Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.

Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío.

Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, fame e frío bastante.

Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante.

Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.

Auga de agosto dá mel e mosto .

Auga de agosto, mel e mosto .

Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan .

Auga e sol, pras froitas, lagarto; pras viñas, pulgón .

Auga en agosto, azafrán, mel e mosto .

Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan .

Auga ó figo; e á pera viño .

Auga por agosto, nin pan nin mosto .

Auga, de cepas; arruído, de tellas .

Auga, pros peixes; pros homes, viño a feixes .

Bebamos hastra que máis non poidamos .

Bebamos hastra que non nos vexamos .

Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño .

Bebe dispois do caldo, e rite do ciruxano .

Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto, e así vivirás .

Beber, beber, hastra máis non poder .

Beber bo viño faino todo veciño: o que é malo, é beber viño malo .

Beber e comer bo pasatempo é .

Beber frío; e xantar, quente.

Beber astra non ver .

Beber polo ancho, e dar de beber polo estreito .

Beber sin comer, é cegar e non ver .

Bebín auga porque non houbo auga; que se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera .

Borracheira de auga non emborracha.

Bótamo todo en viño e non en liño .

Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo .

Cada cuba cheira ó viño que lle botan .

Cada cuba cheira ó viño que ten .

Cal o ano, tal o xerro .

Cando chove en agosto, chove mel e mosto.

Cando chove por agosto, chove mel e mosto .

Cando deas viño ó teu señor, non o mires ó sol .

Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo .

Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa.

Cando ó mariñeiro lle dan de beber, ou está fodido ou vanno foder .

Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer .

Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño.

Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta .

Canto máis bebo, máis sede teño .

Casa, viño e poldro, fáganos outro.

Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.

Cava fondo e terás anada de abondo .

Cávame tarde, bímame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ó labrego .

Cáveme quen queira, pódeme quen seipa; bímeme calquera; cóideme o meu amo .

Cáveme quen queira, pódeme quen seipa, díxolle a cepa á terra .

Chafar, chafoume, mais como pagar, o viño pagoume .

Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan .

Chuvia polo agosto é mel e mosto .

Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan .

Coida ben a viña e terás vindima .

Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.

Collerás viño mosto se vendimas enxoito .

Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño.

Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño .

Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín .

Con pan e viño anda calquera o camiño.

Con pan e viño ándase o camiño .

Con pan e viño ben se pasa o camiño .

Con pan e viño faise o camiño.

Con pan e viño lévase o camiño.

Con pan e viño pásase o camiño .

Con pan e viño xa se anda o camiño .

Da boa nai busca a filla, e da boa cepa pranta a viña .

Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés .

Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro .

Dáme o viño cando quixeres; máis dispois do caldo non mo negues .

Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro .

De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.

Debaixo dunha mala capa, hai ás veces un bo bebedor .

Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor.

Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos .

Deica San Pedro o viño ten medo .

Deixa a auga e bebe viño, dispois do San Martiño .

Derramarse o viño é boa siñal, pero non o sal .

Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.

Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño.

Despois de San Martiño, deixa a agua e bebe viño.

Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado.

Día de San Martiño, proba o teu viño .

Día de San Martiño, todo o viño é bo viño .

Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz .

Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás

Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás.

Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.

Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer .

Dispois de San Martiño, deixa a iauga e bebe o viño .

Dispois de vindimas, corvos .

Dixo o viño, moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" .

Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" .

Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo .

Do bo viño, bo vinagre .

Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño .

En abril xa soio poda o labrego ruín.

En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril.

En agosto, as castañas arder, e en setembro, beber .

En agosto chove mel e mosto.

En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño.

En agosto, nin muller nin mosto .

En agosto, nin viño nin mosto.

En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto .

En agosto, viño mosto .

En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará.

En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.

En maio, sulfato .

En marzo, podar e cavar, se queres colleitar .

En san Martiño, pan e viño.

En san Xoán, tanto viño coma pan.

En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo .

En setembro colle o viño e non durmas no camiño.

En setembro vendima correndo.

Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará .

Ende vindo Todos Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é .

Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre .

Eu non bebo o viño, que o como en cuncas, gotiño a gotiño .

Eu non son dino de bebe-la auga sin viño .

Folgade, galiñas, que o galo está nas vindimas

Grolo a grolo valéirase o xerro .

Hastra o San Pedro, o viño ten medo .

Hastra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame.

Home estrevido, pelexo de bo viño, e vaso de bo vidro, duran pouquiño .

Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro.

Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño .

Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran .

Home valente e bota de viño, pouco duran .

Homes bos e picheles de viño, amainan o ruído .

Hoxe viño e pan, o resto mañán.

Inda non é viño e xa quer ser vinagre .

Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan .

Ir e vir, como o xerro vai á boca .

Labrador chalán, non colle viño nin pan.

Maio come o trigo, e agosto bebe o viño .

Maio fai o trigo, e agosto o viño .

Máis garda a viña o medo que o viñadeiro .

Máis val viño frío que auga quente .

Máis val viño quente que auga fría .

Máis vale beber que cuspir .

Máis vale que sobre pan que non que falte viño.

Máis vale quedar para vestir santos ca para espir borrachos.

Mandar rapaces á vindima, é cousa perdida .

Maruxiña ten bo viño; se o ten, el o dirá, i o que fore sonará ..

Marzo, marzal, déixame o viño trasegar.

Marzo, o viño polo vaso.

Menos valen ás veces as borras que o viño .

Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño .

Mentres auga leve o Miño non faltará viño .

Mordedura de alacrán, busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán.

Muller que moito bebe, tarde paga o que debe .

Mulleres á eira e viño en coeira .

Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño .

Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.

Na noite de San Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.

Na viña de outro ninguién pode ir escoller .

Na viña vindimada, calquera pode vindimar .

Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar

Nin o teu pan en bolas, nin o teu viño en sopas .

Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas .

Nin o teu pan en sopas, nin o teu viño en probas .

Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo .

Nin viña ó pé do camiño, nin casa á beira do rio .

Ninguién que beba viño chame borracho ó seu veciño .

Ninguién se emborracha co viño da súa casa .

No inverno, forneira; no vran, taberneira

No millor viño hai borras .

No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.

No san Martiño, porco e viño.

No san Martiño xa se coñece o bo viño.

Non é bo mosto o que se colle en agosto.

Non é bo mosto o que se molla en agosto .

Non hai mellor ciruxán que a boa carne, o bo viño e o bo pan.

Non hai millor viño que o da viña .

Non hai neto de viño que grande sea .

Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas .

Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo .

Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón .

Nosa Señora dos Arcos, avogada dos borrachos

Nunca lle falta achaque ó viño: no vran polo calor, e no inverno polo frío .

O amor e o viño sacan ao home de tino.

O beber, mata axiña a sede .

O beber quer comer .

O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis non se beberá .

O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis se derramará .

O bo viño cría bo sangue .

O bo viño trai a venda consigo .

O borracho logo solta o que ten no papo.

Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño .

Ó comer percebes, mira o que bebes .

O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas ..

O día de san Xoán molla o viño no pan.

O día de Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz.

O home mesquiño non colle forzas nin co pan nin co viño .

Ó lacón e ó touciño, tragos de viño .

O mes de agostiño fai bo viño.

O mes de agostiño fai o bo viño.

O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima; el a vindima .

O millor viño fai borra .

O millor viño vólvese vinagre .

O mosto que se colle en agosto, non é mosto .

O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo .

O pan con ollos, o queixo sin ollos, e o viño que salte ós ollos .

O pan, pan, e o viño, viño .

O pan polo coor, e o viño polo sabor .

O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño .

O que bebe pola cabeza non se lle saben os tragos que pasa .

O que cava e bima fará boa vendima .

O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde .

O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.

O que en marzo non poda a viña perde a vendima.

O que en marzo non poda perde a vendima toda.

O que en ruín lugar fai a viña, ó lombo saca a vindima .

O que no caldo bota viño, de vello faise mociño .

O que non bima, non vindima.

O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña.

O que non ten lagar, cada ano seu pesar .

O que poda por marzo, vindima no regazo .

O que se dá á bebida ben pouco estima a súa vida.

Ó que ten bo viño non lle faltan amigos .

O que teña bo viño, bébao, e non llo dea ó seu veciño .

O que vai á adega e non bebe, eso máis perde .

O que vendima en san Miguel, bebe ben.

Ó touciño, mételle tragos de viño .

O vello pranta a viña e o vello a vindima .

O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto.

O vinagre i o limón, medio ciruxanos son .

O viño alegra o ollo e quenta o corpo .

O viño anda sin calzós .

O viño barato saca os cartos do farrapo .

O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño .

O viño bo é caro, i o barato é malo .

O viño branco e a muller ao primeiro mercader.

O viño chispeiro non necesita pregoeiro.

O viño con mel sabe mal e fai ben .

O viño dá forzas, e a iauga quítaas todas .

O viño da viña vella zonzonéame na orella .

O viño das cepas vellas quenta as orellas .

O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas .

O viño da viña vella zonnzonéame na orella.

O viño de abril, enche o carro e o carril.

O viño de abril non vai ó funil.

O viño de marzo, lévao a vella no regazo .

O viño do Avia, ten forza, esprito e labia .

O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro .

O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos .

O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro .

O viño do Ribeiro non ten compañeiro .

O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro .

O viño é bo, pero se é viño bo .

O viño é o antoxo dos vellos e o lambuxo dos nenos .

O viño é o leite dos vellos .

O viño e o pan sempre se dan: us anos ben; outros mal, e outros menos mal .

O viño é o sangue dos vellos .

O viño é pan e medio .

O viño fai do vello mociño .

O viño fai ó vello mociño .

O viño fai rir, fai durmir e fai ás cores á cara saír .

O viño ha ser comido, máis ben que bebido .

O viño lava os dentes, alegra os ollos e sana o ventre.

O viño polo coor, i o pan polo sabor .

O viño polo xerro é como millor o quero .

O viño que é chispeiro non percisa de pregoeiro .

O viño ten tres propiedades: facer durmir, facer rir e ás cores saír.

O viño tinto quer estar apretado i o branco folgado .

Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor.

Onde allos ha, viño haberá.

Onde entra o beber sai o saber .

¿Onde haberá millor viño que o que sai das cepas? .

Ós comenzos de setembre aparella as cubas pra vindimar as uvas .

Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira .

Os mariscos queren viño, pois da auga xa veñen .

Os recíos de agosto son mel e mosto .

Pan con fartura; e viño, con mesura .

Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, manteñen ó home sano.

Pan de onte e viño de antano, salú pra todo o ano.

Pan de onte, carne de hoxe, e viño de antano, manteñen ó home sano .

Pan de onte, e carne de hoxe, e viño de antano, salú pra todo o ano .

Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna .

Pan e viño andan camiño .

Pan e viño andan camiño, millor que mozo garrido .

Pan e viño, un ano teu, e outro do teu veciño .

Pan por quilo e viño por medida, o que non rouba algo non leva boa vida.

Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste .

Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras .

Pan, viño e carne quitan a fame .

Pipa de viño bo e home forte, pouco duran.

Poda a viña en marzo e cávaa en maio.

Poda a viña en marzo, pra cavala en maio .

Poda en marzo, vendima no regazo.

Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.

Poda tarde e sementa cedo, que de tres anos acertarás tres e medio .

Pola Santa Mariña vai ver a tua viña, e cal a cates, tal a vindimas .

Pola vindima vende as tuas galiñas; pola Navidá, vólveas mercar .

Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar .

Pola vosa santa palabra, eu non son digno de beber o viño sin auga .

Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar.

Polo abril xa solo poda o labrego ruín .

Polo agosto vale máis viña que mosto .

Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar .

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.

Polo San Andrés, o mosto viño é.

Polo San Andrés, o viño novo vello é.

Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas .

Polo san Lucas saben ben as uvas.

Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas .

Polo san Martiño, barra o teu viño.

Polo san Martiño, castañas e viño.

Polo san Martiño, cata o teu viño.

Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño.

Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño .

Polo san Martiño, proba o teu viño.

Polo san Martiño, tapa o teu viño.

Polo San Martiño, todo o mosto é bo viño .

Polo San Martiño, todo o mosto é viño .

Polo san Martiño, vende o teu viño; antes a pipeiro que a taberneiro.

Polo San Martiño, zapa o teu viño .

Polo San Mateo vindima a reo .

Polo san Mateu cada un vendima o seu .

Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu.

Polo san Mateu, vendima ti, vendimo eu.

Polo san Mateu, vindima arreo.

Polo San Mateu, vindima tí, vindimaréi eu .

Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel .

Polo san Miguel mete as uvas no tonel .

Polo san Nicolás, as uvas vendimarás .

Polo san Simón, apreta o baldón .

Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño .

Polo san Xenaro, vendimas pró carro .

Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima.

Polo san Xoán bébese viño e cómese pan.

Polo San Xoán tanto viño como pan .

Polo Santiago comenza na viña a pintar o bago .

Por agosto vale máis viño que mosto.

Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada .

Por ir á misa entrei na taberna, e quedeime nela .

Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda .

Por san Luca, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.

Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.

Por san Martiño, atesta o viño.

Por san Martiño cae máis auga do que o borracho bebe viño.

Por san Martiño cata o teu viño.

Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas .

Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto .

Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño.

Por san Martiño, nin fabas nin viño.

Por San Martiño, xa se conoce o bo viño .

Por san Mateu vindima ti, vindimo eu.

Por san Miguel, mete o viño no tonel.

Por san Simón, aperta o baldón.

Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas .

Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.

Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.

Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.

Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás.

Por Santa Mariña vai ve-la túa viña, como a terás, así vendimarás.

Por Santiago, xa pinta o bago.

Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado.

Pra beber con uvas, máis val beber en aúnas .

Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia .

Pra viña vella, amo novo .

Que chova, que neve, quen ten sede, bebe .

Quen bebe un pouco, bebe un pouco máis .

Quen cava co demo a viña, co demo a vindima .

Quen cava no mes de Santos, perde o tempo i o traballo .

Quen co demo cava a viña, co demo a vindima.

Quen é amigo do viño, de sí mismo é enemigo .

Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima.

Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño .

Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo.

Quen vai á adega e non bebe, boa vez de beber perde .

San Antonio de xaneiro, se fai sol, bota as pipas ó canteiro, e se chove, bótaas ó fumeiro .

San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote

San Mateu, vindima ti, vindimarei eu.

San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras.

San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras.

San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.

San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras. Se dúas veces ó año viñeras, moito ben nos deras.

San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras.

San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.

San Simón proba o viño e o porco san Martiño.

San Simón, apreta o baldón.

San Técola que vindima as uvas e os figos leva .

San Xoán daime o pan e san Martiño o viño.

San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño.

San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.

San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño.

San Xulián garda o viño e garda o pan .

San Xullán, garda viño e pan.

San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro .

Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.

Se bebes co caldo, non darás moita avinza ó ciruxano .

Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ó ciruxano .

Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán .

Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro.

Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto.

Se chove en febreiro, bota as pipas ó quinteiro.

Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro.

Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto.

Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro.

Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes .

Se corres como bebes, imos ás lebres .

Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar.

Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar.

Se non bebo na taberna, fólgome nela .

Se non chove en febreiro van as pipas ó canteiro.

Se queres ter bo viño, enxerta de boa cepa .

Se queres ter ó teu home gordiño dispois do caldo dalle un gotiño sempre que sea de viño .

Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra

Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán.

Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán.

Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán.

Se trona en xaneiro, sobe as cubas ó fumeiro.

Se Xaniño ten bo viño, xa virá quen o dirá.

Sen beber non se debe comer .

Sin pan nin viño non se anda ben o camiño .

Taberna sin xente, ben pouco vende .

Taberna vella non precisa na porta ramalleira .

Tallada de touciño quer gulapo de viño .

Todos me saben o viño que bebo, e non me saben a sede que teño .

Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai o home forte e valente .

Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!

Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla.

Vai a chiva pola viña, tal é a mai como a filla.

Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz .

Val máis que sobre pan, que non que falte viño .

Vinagre e mel, saben mal e fan ben .

Vindima enxoito, se queres coller viño mosto .

Vindima no regazo aquel que poda por marzo .

Viña entre viñas, e casa entre veciñas .

Viña que non se poda dispacio, dará poucos e ruís acios .

Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar .

Viñas, cantas bebas; terras, cantas vexas .

Viño, a pasar; auga, a fartar .

Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso .

Viño de cepa torta inda ben non te bebo non vexo a porta.

Viño de ricos e pan de pobres .

Viño de maio, pouco e malo .

Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.

Viño de peras nono bebas, nin o deas a quen ben queiras .

Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.

Viño en sopas non emborracha.

Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante .

Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro .

Viños e amores, os vellos son os millores .

Viño e vinagre irmaus son: un vai á misa e o outro non.

Viño por fóra, viño por dentro curan os males nun momento.

Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.

Viño quitado, bebelo ou tiralo .

Viño ruín, pra quen o queira, pero non pra mín .

Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro.

Viños e amores os vellos son os millores.

Zapa o viño polo San Martiño.

Rego do Batán, río Masma

O rego do Batán é un afluente do río Masma que discorre polo concello de Lourenzá, na comarca da Mariña Central.

Río Termes

O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do lugar de importancia comunitaria do Baixo Miño.

Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevense de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 800 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.

Río da Gouxa

O río da Gouxa, tamén coñecido como río da Mera, é un afluente pola esquerda do río Deza que transcorre por varias parroquias do concello pontevedrés de Silleda, na comarca do Deza.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.