Adarve

Un adarve[1] ou camiño de rolda (do árabe: «ad-darb» ou, segundo outras fontes, «adz-dzir-we» como «muro de fortaleza»), é un corredor estreito situado sobre unha muralla, protexido ao exterior por un parapeto ameado, que permitía tanto facer a rolda aos sentinelas, como a distribución de defensores.

Comunica os diferentes elementos de defensa vertical, como postos de vixilancia ou outros. Pode ser cuberto ou voado entre dúas torres que defenden a porta principal do Castelo. Foi moi utilizado nas fortificacións da Idade Media.

Tamén se denomina adarve nas cidades islámicas medievais, aos canellóns que conducen a casas privadas que dispoñen dunha porta ao comezo.

Muralla de Lugo Adarve 2
Adarve da muralla de Lugo, moi frecuentado polos lucenses

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adarve.
Agrupación Deportiva Unión Adarve

A Agrupación Deportiva Unión Adarve é un equipo de fútbol español do barrio do Pilar da cidade de Madrid. Fundouse en 1992 e compite na Segunda División B. Ademais, a nivel formativo conta con máis de 30 equipos en diferentes categorías masculinas e femininas do fútbol base da Comunidade de Madrid.

Arsenal de Ferrol

O Arsenal Militar de Ferrol é un estaleiro e base naval para o mar Cantábrico, construído no século XVIII, após a designación da vila de Ferrol como capital do Departamento Marítimo do Norte de España en 1726, coa intención de desenvolver a política naval de Felipe V e o seu secretario o Marqués da Ensenada.

Castelo (fortificación)

Un castelo (diminutivo de castro) é un tipo de fortificación permanente medieval, xeralmente erguido en posición dominante no terreo, próximo das vías de comunicación, o que facilitaba o avistamento das tropas inimigas a gran distancia.

Pódese afirmar que un castelo é a estrutura máis emblemática da Idade Media, pois coa localización das estruturas castelares ao longo da súa propia evolución, posuímos datos para estabelecer toda unha perspectiva administrativa e habitacional dun territorio.

Na Idade Media dicíase facer vila para o acto de cercar de murallas unha poboación; aínda hoxe, en Castelo de Vide, distínguense a vila da aldea polo sitio da antiga muralla. Hai en Portugal un castelo no centro da poboación, o Castelo de Évora Monte, mais a súa construción efectuouse en tempo de paz, e dous séculos despois da muralla. A organización defensiva do castelo era semellante á da vila e tiña poder sobre ela debido á posición máis alta e ás murallas máis fortes.

Castelo da Peroxa

O castelo da Peroxa, tamén coñecido como castelo de San Xes da Peroxa é unha fortaleza situada na parroquia de San Xes da Peroxa, no concello da Peroxa.

É un castelo medieval construído nun outeiro escarpado sobre o val do rego Rial, afluente do río Miño, que só suaviza a súa pendente na vertente cara á poboación. Está situado ao sueste da mesma, no lugar ocupado previamente por un poboado castrexo. Desde este lugar domínanse visualmente amplas zonas do val do Miño.

Castelo de Cornatelo

O Castelo de Cornatelo é unha fortificación situada no concello de Priaranza do Bierzo, na bisbarra do Bierzo, provincia de León. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.

O castelo aséntase sobre un promontorio rochoso cortado cara ao leste e o norte por un cavorco de máis de 180 m de desnivel, polo que transcorre o regueiro de Rioferreiros. Polos seus outros dous flancos, que son de doado acceso, está protexido por unha soa muralla percorrido por un adarve defensivo ameado.

Castelo de Guimarães

O Castelo de Guimarães está situado na cidade do mesmo nome, que se acha na freguesía de Oliveira do Castelo no Concello de Guimarães, no Distrito de Braga, no Norte de Portugal. O castelo orixinal, construído aínda en solos do antigo Reino de Galiza en madeira e terra, foi fundado pola condesa Mumadona Díaz a mediados do século X para protexer o mosteiro de San Mamede que fundara e aos poboadores das invasións dos viquingos e musulmás.[2] Xa para finais do século XI, o castelo achábase bastante deteriorado e foi o conde Henrique de Borgoña quen decidiu reedificalo.[3]

Estando en posición dominante sobre o Campo de San Mamede, este monumento atópase ligado á fundación do Condado Portucalense coma escisión sur do Reino de Galiza e ás loitas de independencia de Portugal, sendo designado popularmente como o berce da nacionalidade. En 1127 o castelo foi cercado por tropas do rei galego-leonés Afonso VII que veu esixir preito de vasalaxe a seu curmán, o futuro rei Afonso Henriques.[3]

Clasificado como Monumento Nacional, o 7 de xullo do 2007 foi elixido como unha do Sete Marabillas de Portugal.

Castelo de Maceda

O castelo de Maceda é unha fortificación de orixe medieval situada no concello de Maceda. O actual conxunto arquitectónico presenta un predominio de elementos palacianos sobre os elementos defensivos, froito da extensa remodelación promovida na Idade Moderna para adecualo ás funcións residenciais.

Castelo do Príncipe

O Castelo do Príncipe é unha fortaleza construída no século XVIII, sita na parroquia da Ameixenda, no concello de Cee. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994. Dá nome á aldea de Castelo do Príncipe.

Copa do Rei de fútbol 2017/18

A Copa do Rei de fútbol 2017–18 foi a 115.ª edición do torneo de copa da Real Federación Española de Fútbol. O campión obtén unha praza para a fase de grupos da UEFA Europa League 2018–19. Na final xogada no Estadio Wanda Metropolitano de Madrid, o FC Barcelona proclamouse campión tras derrotar ó Sevilla FC por 0-5.

Galería de imaxes da Galicia romana

Galería de imaxes da Galicia romana.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Matacán

Un matacán é unha plataforma sobresaínte dos muros das torres ou portas dos castelos antigos, sustentada por ménsulas, destinada a observar e fustrigar o inimigo ou os ladróns.

É unha obra sólida que se sitúa na parte alta da muralla ou torre con orificios, a través dos cales, pedras, materiais ardentes e outros tipos de proxectís poden ser guindados sobre o inimigo que se atope debaixo, ao pé da fortificación defendida.

Muralla de Lugo

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12[Cómpre referencia] ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

Muralla de Pontevedra

A muralla de Pontevedra foi unha fortificación da cidade de Pontevedra, que desapareceu na súa maior parte cara a finais do século XIX, aínda que no século XXI consérvanse algúns restos, sendo o maior o pano con ameas na rúa Arcebispo Malvar. Este pano completo ten aproximadamente 40 metros de lonxitude e pódese acceder a el desde os xardíns dos dous edificios do lado oeste da avenida de Santa María.

Existen, así mesmo, algunhas partes que forman parte de edificacións posteriores e que saíron á luz no decurso de traballos de rehabilitación dos inmobles, como o pano á beira da antiga porta de Trabancas, incorporado na rehabilitación do café Savoy.

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Promoción de ascenso a Segunda División B 2013

A promoción de ascenso a Segunda División B é a eliminatoria de promoción de equipos de Terceira División a Segunda División B. Está formada polos campións dos 18 grupos da Terceira División 2012–13, así como os 3 seguintes clasificados, formando un total de 72 equipos. O sorteo realizouse o 20 de maio de 2013 na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da Real Federación Española de Fútbol.

Pruna

Pruna é un concello español da provincia de Sevilla, Andalucía. No ano 2016 contaba cunha poboación de 2 664 habitantes. A súa extensión superficial é de 100 km² e ten unha densidade de 27,23 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 58' N, 5º 13' O. Atópase situado a unha altitude de 663 metros e a 106 quilómetros da capital de provincia, Sevilla. Nel atópase situado o cume máis alto da provincia de Sevilla, o Pico del Terril, cunha altura de 1 129 metros.

Torre de Milmanda

A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.

Torre do Bolo

A Torre do Bolo sitúase no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixo, en Galiza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.