Acueduto

Un acueduto[1] é un conduto feito polo ser humano coa fin de transportar auga dun lugar para outro salvando os desniveis do terreo. Poden ser subterráneos ou ir pola superficie, ou estaren edificados sobre arcadas ou sobre plataformas. Un dos acuedutos máis famosos é o acueduto de Segovia, da época romana.

Aqueduto das Águas Livres (1)
Acueduto das Águas Livres, Lisboa.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acueduto.
Acueduto de Segovia

O acueduto de Segovia é un acueduto construído a cabalo dos séculos I e II, entre o reinado dos emperadores romanos Vespasiano e Traxano na actual localidade de Segovia, España e é o símbolo máis importante de Segovia, como o demostra a súa presenza en escudo de armas da cidade.

Na súa construción empregáronse grosso modo uns 35.000 bloques de granito.

Al Monún de Toledo derrubou parte del no 1072; os Reis Católicos no século XV dispuxeron a restauración da obra. O acueduto que queda ten 29 metros de alto e 728 de lonxitude total, 167 arcos (79 sinxelos e 88 dobres).

Acueduto de les Ferreres

O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.

Acueduto do Paseo das Pontes

O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".

Claudio

Esta páxina está referida ao emperador Claudio I; para ver otras persoalidades co nome "Claudio" ver Claudio (homónimos).

Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico (en latín Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus), nado en Lugdunum (actual Lión, en Francia) o 1 de agosto do ano 10 e finado o 13 de outubro do 54, foi un emperador e historiador romano.

Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi preparado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cre que era debida a polio). Tralo asasinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueduto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Ao parecer a súa morte débese a que foi envelenado pola súa muller, Agripina a menor.

Cranio

O cranio é o conxunto de ósos que forman a cabeza e rodean o encéfalo.

Grannus

No politeísmo celta, Grannus (tamén Granus Mogounus Amarcolitanus) foi unha deidade asociada coas augas termais, as fontes e o sol. Foi identificado frecuentemente con Apolo como Apollo Grannus. A súa devoción era frecuente en conxunto con outras deidades como Sirona ou Marte.

Igrexa de San Francisco da Coruña

A igrexa de San Francisco é un templo relixioso situado no Paseo das Pontes, da Coruña, área cruzada diagonalmente por un antigo acueduto. Orixinalmente estaba na Cidade Vella e formaba parte do primitivo convento franciscano, situado fóra das antigas murallas, nun outeiro elevado sobre as rochas, fronte ao mar. Esta localización fóra das murallas foi precisamente o motivo da súa ruína, xa que durante o cerco inglés da Coruña, no século XVI, foi incendiada para evitar que o inimigo se fortificase no antigo convento.

As súas ruínas, cando inda estaban no seu antigo emprazamento, foron declaradas Monumento Nacional por Orde do 16 de marzo de 1939.

Líquido cefalorraquídeo

O líquido cefalorraquídeo ou cerebroespiñal, coñecido como LCR, é un líquido que se dispón ao redor do cerebro e da medula espiñal. Circula polo espazo subaracnoide, os ventrículos cerebrais e a canle medular central. É de cor transparente e non coagulable.

O líquido cefalorraquídeo pode enturbarse pola presenza de leucocitos ou a presenza de pigmentos biliares. Numerosas enfermidades alteran a súa composición e o seu estudo é importante. Con frecuencia é determinante nas infeccións menínxeas, carcinomatoses e hemorraxias. Tamén é útil no estudo das enfermidades desmielinizantes do sistema nervioso central ou periférico. É unha proba diagnóstica no Creutzfeld-Jacob.

Mesencéfalo

O mesencéfalo ou encéfalo medio é unha porción do encéfalo situada entre a rexión talámica (diencéfalo) e a rexión da ponte de Varolio e cerebelo (metencéfalo), que está asociada con certos aspectos da visión, audición, control motor, sono e vixilia, excitación (estado de alerta), e regulación da temperatura.Anatomicamente, comprende o téctum (ou tubérculos cuadrixéminos), o tegmentum, o acueduto de Silvio, e os pedúnculos cerebrais, xunto con diversos núcleos e fascículos. O mesencéfalo está situado debaixo do córtex cerebral, e sobre o rombencéfalo, polo que está preto do centro do encéfalo. Considérase parte do tronco cerebral.

Noáin (Valle de Elorz)

Noáin (Valle de Elorz) ou Noain (Elortzibar) é un municipio da Comunidade Foral de Navarra situado a 5 km ao sur de Pamplona, na comarca da Cuenca de Pamplona e que pertence ó Meiriñado de Sangüesa. Está situado a uns 450 msnm . O termo municipal ten unha extensión de 48,24 km² . A súa poboación -no 2006- era de 4.789 habitantes. Limita ao norte con Aranguren, ao sur con Valdorba e Valdizarbe, ao leste co Val de Unciti e Monreal e ao oeste con Cendea de Galar e Beriáin. No seu termo municipal discorre o río Elorz.

En Noain atópase o aeroporto de Pamplona-Noain.

Parc del Clot

O Parc del Clot é un parque público situado no barrio do Clot, no distrito de Sant Martí de Barcelona. Encóntrase na situación dun antigo taller de RENFE, algunhas de cuxas paredes foron aproveitadas como elementos ornamentais. O proxecto do parque foi realizado en 1986 por Daniel Freixes i Melero e Vicente Miranda.

Ponte

Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).

Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).

O seu proxecto e o seu cálculo pertencen á enxeñaría, sendo numerosos os tipos de deseño que se aplicaron ao longo da historia, influídos polos materiais dispoñíbeis, as técnicas desenvolvidas e as consideracións económicas, entre outros factores.

Cando é construída sobre un curso de auga, o taboleiro é frecuentemente situado á altura calculada de xeito que posibilite o paso de embarcacións con seguridade baixo a súa estrutura. Cando é construída sobre un medio seco acostúmase chamar viaduto.

Provincia de Segovia

A provincia de Segovia está situada en Castela e León, a capital da mesma é a cidade homónima. Conta con 155.015 habitantes. Linda con seis provincias de Castela e León (de Este a Oeste, a saber: Soria, Burgos, Valladolid, e máis Ávila); polo sueste limita coa Comunidade de Madrid.

Os seus principais núcleos de poboación son: Segovia, Cuéllar, San Ildefonso, San Rafael, El Espinar, Sepúlveda e Ayllón. É unha provincia moi deshabitada, cunha densidade demográfica moi baixa. A súa economía na actualidade baséase nos sectores de servizos e primario (gandaría porcina).

O seu clima é continental, con longos invernos, secos e fríos, e veráns calorosos, pero curtos. Conta con importantes recursos culturais. As súas comunicacións son aceitábeles, estando en construción actualmente a liña do AVE que unirá Madrid con Valladolid a través de Segovia.

Riba-roja de Túria

Riba-roja de Túria é un concello da provincia de Valencia, situado na Comunidade Valenciana. Pertence á comarca do Camp de Túria e ten unha poboación de 21.520 habitantes (INE 2013).

Limita cos concellos de Benaguasil, l'Eliana, Loriguilla, la Pobla de Vallbona e Vilamarxant (na mesma comarca do Camp de Túria), ademais de Quart de Poblet, Manises e Paterna (na Horta Oest) e Cheste e Chiva (na comarca da Foia de Bunyol).

Entre os lugares de interese de Riba-roja destacan os restos romanos, como un campamento militar e un acueduto, e visigodos atopados na zona. Ademais, pódese visitar o castelo da localidade, a igrexa parroquial ou a Capela da Virxe dos Desamparados.

Sant Jaume dels Domenys

Sant Jaume dels Domenys é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Penedès.

Segovia

Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

Setúbal

Setúbal é unha cidade de Portugal, capital do distrito de Setúbal, na rexión de Lisboa. Posúe unha superficie de 172,0 km² e a poboación alcanza un total de 122.554 habitantes (2006).

Aínda que se atoparon restos paleolíticos e neolíticos, a cidade foi fundada polos fenicios cara ao ano 1000 aC. A caída do Imperio Romano e a subseguinte crise do comercio marítimo levou á extinción da poboación, que non rexurdiu ata o século XIII. Conquistada polo duque de Alba (1580), a oposición antiespañola foi sempre potente (tumultos de 1588, 1594, 1603, 1628 e 1630) e en 1640 proclamou como rei de Portugal a Xoán IV.

Destaca o seu centro histórico, comprendido entre dúas murallas: unha medieval e outra do século XVI. Neste espazo agrúpanse a maior parte dos monumentos e edificios de interese histórico e artístico, como o Acueduto dos Arcos ou a Catedral de Setúbal.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.