Acibeche

O acibeche[1] é unha variedade de lignito, negra e brillante. É un material moi fráxil polo que a súa extracción sempre foi artesanal e a súa talla difícil ó tentar esculpir figuras moi detalladas, pero pola súa gran beleza, emprégase en xoiería na realización de aneis, colares xunto con madeiras nobres e pedras preciosas e está considerado como o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago, ademais empregábase contra o mal de ollo. Tamén se utiliza para o bordado de pezas de gala no traxe tradicional galego.

Small sample of jet
Acibeche.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acibeche.
Andesita

A andesita é unha rocha ígnea de composición intermedia. A súa composición mineral comprende xeralmente plaxioclasio, piroxeno e horneblenda. Frecuentemente están asociados biotita, cuarzo, magnetita e esfena. O álcali feldespato está ausente nesta rocha.

A clasificación de andesitas pode facerse segundo o fenocristal máis abundante. Así temos a andesita olivina, no que a olivina é o principal compoñente mineral.

Pode considerarse o equivalente extrusivo da diorita plutónica. Como as dioritas, a andesita é característica de áreas de subdución tectónica en marxes oceánicas mariñas, como a costa de América do Sur.

O seu nome deriva dos Andes, cordilleira montañosa que transcorre paralela ao litoral costeiro dende a Venezuela até a Patagonia.

A andesita pode tomar cores como o negro acibeche a verde escuro segundo a súa constitución.

Corvo grande

O corvo grande ou corvo carnazal (Corvus corax) é, con máis de 60 cm, a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos. É semellante ao corvo viaraz (Corvus corone) pero significativamente maior, cun peso de 1 250 g e unha envergadura de ás de 120 cm. A plumaxe é dun negro acibeche con irisacións azuis. Ten o pico negro moi robusto. Non existe un marcado dimorfismo sexual.

En voo chama a atención polo seu longo pescozo e pola súa cauda cuneiforme. O seu canto é característico e coñecido como corveo ou corvear. Non obstante é capaz de imitar sons doutros paxaros e mesmo doutros animais, chegando ata pronunciar palabras soltas.

Cova de El Soplao

El Soplao é unha cova situada nos concellos de Rionansa, Valdáliga e Herrerías en Cantabria (España). Considérase unha cavidade única a nivel mundial pola calidade e cantidade das formacións xeolóxicas (espeleotemas) que alberga nos seus 17 quilómetros de lonxitude total, aínda que só 6 están abertos ao público. Nela atópanse formacións pouco comúns como helíctitas (estatalactitas excéntricas que desafían a gravedade) e "draperies" (sábanas ou bandeiras traslúcidas colgando do teito). A súa formación data do Mesozoico, concretamente do período Cretáceo, fai 240 millóns de anos.

El Soplao forma parte das 6.500 covas do subsolo cántabro que, sen dúbida, son un paraíso para a espeleoloxía.

Eliseo Nicolás Alonso

Eliseo Nicolás Alonso, nado en Pravia o 15 de febreiro de 1955 e finado en Grau o 2 de xuño de 2012, foi un artesán do acibeche, escultor e tallista de madeira asturiano, coñecido como Lise.

Enrique Mayer

Enrique Mayer Castro, nado en Santiago de Compostela en abril de 1861 e morto na mesma cidade en novembro de 1931, foi un gravador e acibecheiro que colaborou en distintas revistas galegas de arte e arqueoloxía de primeiros de século XX.

Fachada da Acibecharía

A fachada da Acibecharía é a fachada norte da catedral de Santiago e foi construída por Lucas Ferro Caaveiro, substituíndo á anterior, románica, chamada do Paraíso, que fora construída polo Mestre Bernardo en 1122. É o acceso á catedral dos peregrinos que seguen os camiños Francés, Primitivo e Inglés a través da Porta Francíxena.

Debe o nome ó gremio dos artesáns do acibeche, que traballaban na rúa que accede á praza ante a que se abre a fachada, hoxe chamada praza da Inmaculada.

Festina lente

Festina lente é unha novela histórica do escritor Marcos S. Calveiro, publicada en maio de 2008 por Edicións Xerais. Recibiu o Premio da Crítica de narrativa galega dese mesmo ano, amais do Premio Fervenzas Literarias 2008 e o Premio Irmandade do Libro 2009.

A novela conta a vida de Ambrosio Cavaleiro, un encadernador nado en Nogueirosa (Pontedeume), que desenvolveu toda a súa vida profesional na Compostela que cruza do século XVI ao século XVII. A novela é tamén un retrato da vida cultural da cidade naquel tempo: artesáns de acibeche, impresores, a derrota da Armada Invencible, a Inquisición etc.

Gaivota escura

A gaivota escura, maroto ou papón (Larus fuscus) é unha das gaivotas máis espalladas por Europa

Gran Danés

O Gran Danés, Dogo Alemán ou Alano Alemán é unha raza canina coñecida polo seu gran tamaño e personalidade delicada, considerado como o «Apolo entre todas as razas» pola Federación Cinolóxica Internacional.

O Gran Danés, aínda sendo unha raza xigante, non debe de ser torpe no seu andar e movementos. O seu carácter debe ser amigábel e nunca tímido.

A súa constitución é forte e musculosa; non é nin lixeira nin dobre. Os machos deben ser de constitución máis forte cás femias.

A forma dos machos é cadrada; é tan alto coma longo. Ás femias "permiteselles" ser lixeiramente máis longas ca altas. A distancia da cruz a os ombreiros é igual ca o dos ombreiros ao chan.

Guaraná

Este artigo trata sobre unha planta/froito, se está a procurar pola bebida refrixerante véxase: Guaraná (bebida).

O guaraná Paullinia cupana Kunth tamén chamado guaranazeiro ou uaraná no Brasil, é unha rubideira orixinaria da Amazonía. Atópase no Brasil, Perú, Colombia e Venezuela, cultivándose principalmente no municipio de Maués, no estado do Amazonas e na Baía. Pertence á familia Sapindaceae.

O seu froito, o guaraná é rico en vitaminas e estimulantes como a cafeína polo que é utilizado para consumos, principalmente coma bebida.

Hipoxeos de Quinta do Anjo

Os hipoxeos de Quinta do Anjo son un conxunto de catro grutas artificiais realizadas cara fins do neolítico e principios do calcolítico situadas na freguesía de Quinta do Anjo no concello de Palmela en Portugal. Debido á súa importancia histórica foron declarados Monumento Nacional en 1934.

Lista de minerais

O que a continuación segue é unha lista de minerais, mineraloides e exemplares de orixe natural en orde alfabética.

Museo Catedralicio de Ourense

O Museo Catedralicio de Ourense, situado no interior da Catedral, contén unha completa mostra de arte sacra. A súa orixe hai que atrasala ata 1944 cando se decidiu acometer as obras necesarias que permitisen a exhibición das pezas que conservaba a Catedral. As obras foron levadas a cabo polos arquitectos Luis Menéndez Pidal e Francisco Pons Sorolla, sendo inaugurado en 1954.

O Museo está situado no ángulo formado pola nave maior e o brazo sur do transepto e ocupa as dependencias que se construíron do inacabado claustro gótico (a Claustra Nova). Accédese desde a nave da Epístola, a través dunha porta con arco conopial cara á nave e románica cara o interior; esta segunda mostra no seu tímpano un Agnus Dei con dous anxos turiferarios . Así, as dúas salas do Museo posúen unha serie moi interesante de capiteis e ménsulas con escenas de caza, animais mitolóxicos, figuras humanas e motivos vexetais. En 1992 foi reestruturado e ampliado, e existe o proxecto dunha nova ampliación que ocuparía a anexa capela de San Xoán, a antiga escola da Catedral e un patio para expoñer as obras epigráficas.

Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla

O Museo Etnográfico e Histórico de San Paio de Narla, situado na fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, é un museo que constitúe a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo.

A fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo en 1939 e permaneceu varias décadas sen uso. En 1983, o arqueólogo Felipe Arias Vilas montou esta sección de etnografía. Máis tarde ampliouse cunha sección histórica da comarca e completouse o seu acondicionamento. É un museo etnográfico porque se mostran os labores populares e histórico porque se conservan pertenzas da familia que habitou a fortaleza.

Pimpíns de Darwin

Os pimpíns de Darwin (tamén chamados pimpíns das Galápagos) son un grupo formado por unhas catorce especies de aves paseriformes. Clasifícanse xeralmente na subfamilia Geospizinae tribo Geospizini. Aínda que se coñecen como pimpíns, foron clasificados durante moito tempo na familia Emberizidae (escribentas), e máis modernamente algúns autores considéranos pertencentes á familia Thraupidae, polo que non serían "verdadeiros pimpíns" (frinxílidos) nin emberícidos (ver sección de taxonomía máis abaixo). Nun estudo xenético atopouse que a especie de ave estudada que está máis estreitamente emparentada cos pimpíns das Galápagos é Tiaris obscurus. Foron recollidos por prmeira vez por Charles Darwin nas Illas Galápagos durante a segunda viaxe do Beagle. Agás o pimpín da illa do Coco, que vive na illa do Coco, os outros pimpíns deste grupo (13 especies) só se encontran nas Illas Galápagos.

O termo "pimpíns de Darwin" foille aplicado por primeira vez a estas aves por Percy Lowe en 1936, e popularizado en 1947 por David Lack no seu libro Darwin's Finches. David Lack baseou a súa análise na gran colección dos exemplares de museo recollidos na expedición ás Galápagos de 1905–06 da Academia de Ciencias de California, á cal Lack lle dedicou o seu libro de 1947. Estes paxaros varían en tamaño desde os 10 aos 20 cm e pesan entre 8 e 38 g. Os menores son os Certhidea e os maiores os Platyspiza crassirostris (tamén chamados Camarhynchus crassirostris). As diferenzas máis importantes entre as especies son de tamaño e na forma dos peteiros, xa que os peteiros están adaptados ás súas diferentes formas de alimentación. As cores destes paxaros son apagadas.

Pitohui

Os pitohuis son aves inicialmente clasificadas no xénero Pitohui endémicas de Nova Guinea.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Wladimir Dragossán

Rafael Pintos Méndez, coñecido como Wladimir Dragossán, nado en Poio o 27 de novembro de 1964, é un escritor galego.

Ángel Cardín

Ángel Cardín Toraño, nado en Infiesto (Piloña, Asturias), é un escritor español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.