Acerbaixán

Acerbaixán[4][5][6][7][8] (en azarí: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, que limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente,[9] Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de Europa. Non obstante, a súa localización no Cáucaso meridional sitúaa nunha suposta fronteira imaxinaria entre Europa e Asia, tratándose realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Coordenadas: 40°18′N 47°42′L / 40.3, 47.7

República de Acerbaixán
Azərbaycan Respublikası
Bandeira de Acerbaixán
Emblema de Acerbaixán
BandeiraEmblema
Azerbaijan (orthographic projection)
Capital
 Poboación
Bakú
2 100 000 (2003)
Cidade máis poboadaBakú
Linguas oficiaisAzarí
Forma de gobernoRepública presidencialista
Ilham Aliyev
Ali Asadov
 • Declarada
 • Recoñecida
19 de novembro de 1990
30 de agosto de 1991
SuperficiePosto 111º
 • Total86 600 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras2 013 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 89º
 • Total (2013 est.)9 411 800[1] hab.
 • Densidade106 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 88º
 • Total (2011)94 318 millóns USD[2]
 • per cápita10 340 USD[2]
MoedaManat acerbaixano (AZM)
IDHn/d
Xentilicioacerbaixano/acerbaixana[3][4]
Fuso horario(UTC+4)
 • Horario de verán(UTC+5)
Dominio de Internet.az
Prefixo telefónico+994
Prefixo radiofónico4JA-4KZ
Código ISO031 / AZE / AZ
Membro de: ONU, OSCE, COE, CEI, OIC

Etimoloxía

Azerbaijan Republic map
Acerbaixán e as súas principais cidades

De acordo coa etimoloxía moderna, o nome de Acerbaixán deriva da de Atropates,[10][11] un Sátrapa Persa[12][13][14], baixo o Imperio aqueménida, quen máis tarde foi reinstalado como o sátrapa de Media baixo Alexandre o Grande.[15][16] Crese que a etimoloxía orixinal deste nome ten as súas raíces no Zoroastrismo (unha vez dominante). No Avesta, Frawardin Yasht ("Himno aos anxos da garda"), hai unha mención de âterepâtahe ashaonô fravashîm ýazamaide, que literalmente tradúcese do avéstico como "adoramos o fravashi do sagrado Atropatene."[17] O nome "Atropates" en se mesmo é a transliteración grega do antigo iraní, probablemente medo, nome composto co significado de "Protexido polo lume (sagrado)" ou "a terra do lume (sagrado)".[18] O nome grego foi mencionado por Diodoro Sículo e Estrabón ao longo dos milenios, o nome evolucionou a Āturpātākān (persa medio), logo Ādharbādhagān, Ādharbāyagān, Āzarbāydjān (persa novo) e actualmente Acerbaixán.

En 1918, o goberno de Musavat adoptou o nome "Acerbaixán" para a recentemente establecida República Democrática de Acerbaixán, que foi proclamada o 28 de maio de 1918,[19] por razóns políticas,[20][21] aínda que o nome de "Acerbaixán" sempre se utilizou para referirse á rexión adxacente da rexión contigua do noroeste de Irán.[22][23][23][24] Así, ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu nomear ao novo estado independente de Acerbaixán, esta designación utilizouse exclusivamente para identificar á provincia iraní de Azerbaiyán.[23][24][25]

Historia

Artigo principal: Historia de Acerbaixán.

Pertencente a Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado polo Imperio Ruso no século XVIII, estando dividido o territorio ata entón en tres provincias: Arran, Shirvan e Nakhchivan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX a explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

Goberno e política

Artigo principal: Política de Acerbaixán.

Acerbaixán é unha República presidencialista. O Presidente de Acerbaixán elíxese por un período de 5 anos.

O poder lexislativo está en mans da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente e que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todos os niveis.

Subdivisións

Azerbaijan districts numbered spanish
División de Acerbaixán.
Artigo principal: Subdivisións de Acerbaixán.

Azerbaiyán está dividido en:

Economía

Artigo principal: Economía de Acerbaixán.

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu ao derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, incluíndo construción de maquinaria, refinado de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), industria téxtil e química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, , tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil da seda. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería: vacas, ovellas e cabras. No mar Caspio practícase a pesca, entre a que hai que citar a do esturión.

Demografía

Artigo principal: Demografía de Acerbaixán.
Azerbaijan population
Evolución demográfica de Acerbaixán entre 1960 e 2010 (en miles).

A súa poboación estimábase en 9 411 800 habitantes o 10 de xullo de 2013.[1]

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azarí (de relixión musulmá e predominantemente de seita xiíta, e lingua pertencente á póla turca da familia altaica). Este pobo está presente en Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

Etnias minoritarias inclúen os lezguios o 1,35%, os rusos (a maioría dos rusos emigraron dende que Acerbaixán declarou a súa independencia) o 1,35% e os armenios o 1,35% (Case todos os armenios viven na rexión separatista de Nagorno-Karabakh). Hai tamén varios grupos étnicos máis pequenos no país, incluíndo os ávaros, tats, xudeus, tártaros, turcos, talysh e ucraínos.[26]

Segundo datos de 2009, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.[26]

Galería de imaxes

Azerbaigian-baku3

Bakú

View of Baku, 2004 (2)

Bakú

Hajji Gayyib bathhouse, 2005

Bakú

Momine

Nakhichevan

Notas

  1. 1,0 1,1 The International Population Day, The demographic situation in Azerbaijan, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan, 10 July 2013
  2. 2,0 2,1 "Azerbaijan:Report for Selected Countries and Subjects". International Monetary Fund. Consultado o 12 de abril de 2011.
  3. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.
  4. 4,0 4,1 Xosé G. Feixó Cid, X. Ramón Pena, Manuel Rosales (2004). Galego século XXI: nova guía da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 15. ISBN 9788482886947. acerbaixano, -a. Do Acerbaixán.
  5. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
  6. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524.
  7. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 02 de xuño de 2014.
  8. Ver entrada de «Sumqayit». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1984. ISBN 9788482893600.
  9. Rosenberg, Matt. The New York Times Company, ed. "Where is the border between Europe and Asia?" (en inglés). Consultado o 19 de maio de 2012.
  10. Houtsma, M. Th. (1993). First Encyclopaedia of Islam 1913–1936 (reprint ed.). BRILL. ISBN 978-90-04-09796-4.
  11. Schippmann, Klaus (1989). Azerbaijan: Pre-Islamic History. Encyclopædia Iranica. pp. 221–224. ISBN 978-0-933273-95-5.
  12. Minahan, James (1998). Miniature Empires: A Historical Dictionary of the Newly Independent States. Greenwood Publishing Group. p. 20. ISBN 978-0-313-30610-5.
  13. Chamoux, François (2003). Hellenistic Civilization. John Wiley and Sons. p. 26. ISBN 978-0-631-22241-5.
  14. Bosworth A.B., Baynham E.J. (2002). Alexander the Great in Fact and fiction. Oxford University Press. p. 92. ISBN 978-0-19-925275-6.
  15. Nevertheless, "despite being one of the chief vassals of Sasanian Shahanshah, the Albanian king had only a semblance of authority, and the Sassanid marzban (military governor) held most civil, religious, and military authority.
  16. Swietochowski, Tadeusz (1999). Historical Dictionary of Azerbaijan. Lanham, Maryland: The Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-3550-4.
  17. Darmesteter, James (2004). "Frawardin Yasht". Avesta Khorda Avesta: Book Of Common Prayer (reprint ed.). Kessinger Publishing. p. 93. ISBN 978-1-4191-0852-5.
  18. "Azerbaijan: Early History: Iranian and Greek Influences". U.S. Library of Congress. Consultado o 7 de xuño de 2006.
  19. Atabaki, Touraj (4 de setembro de 2006). Irán e a Primeira Guerra Mundial: o campo de batalla das grandes potencias. I.B.Tauris. p. 132. ISBN 978-1-86064-964-6.
  20. Yilmaz, Harun (2015). National Identities in Soviet Historiography: The Rise of Nations Under Stalin. Routledge. p. 21. ISBN 978-1317596646. O 27 de maio, declarouse a República Democrática de Acerbaixán (DRA) con apoio militar otomán. Os gobernantes da DRA negáronse a identificarse como Tátaros [transcaucásicos], que con razón consideraban unha definición colonial rusa. (...) O veciño Irán non deu a benvida á adopción da DRA do nome de "Acerbaixán" para o país, porque tamén podería referirse a Acerbaixán iraní e implicaba unha reclamación territorial.
  21. Barthold, Vasily (1963). Sochineniya, vol II/1. Moscova. p. 706. (...) sempre que sexa necesario elixir un nome que abarque todas as rexións da república de Acerbaixán, pode utilizarse o nome de Arran. Pero o término Acerbaixán foi elixido porque cando se creou a república de Acerbaixán, supúxose que este e o Acerbaixán iraniano serán unha única entidade, porque a poboación de ambos ten unha gran semellanza. Sobre esta base, foi elixida a palabra Acerbaixán. Por suposto agora cando se utiliza a palabra Acerbaixán, ten dous significados como o Acerbaixán persa e como a república, a confusión crece a medida que se fala de Acerbaixán.
  22. Atabaki, Touraj (2000). Azerbaijan: Ethnicity and the Struggle for Power in Iran. I.B.Tauris. p. 25. ISBN 9781860645549.
  23. 23,0 23,1 23,2 Dekmejian, R. Hrair; Simonian, Hovann H. (2003). Troubled Waters: The Geopolitics of the Caspian Region. I.B. Tauris. p. 60. ISBN 978-1860649226. Ata 1918, cando o réxime de Musavat decidiu o nome do novo estado independente de Acerbaixán, esta designación utilizouse exclusivamente para identificar á provincia iraní de Acerbaixán.
  24. 24,0 24,1 Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN 978-9048519286. The region to the north of the river Araxes was not called Azerbaijan prior to 1918, unlike the region in northwestern Iran that has been called since so long ago.
  25. Fragner, B.G. (2001). Soviet Nationalism: An Ideological Legacy to the Independant Republics of Central Asia. I.B. Tauris and Company. pp. 13–32. In the post Islamic sense, Arran and Shirvan are often distinguished, while in the pre-Islamic era, Arran or the western Caucasian Albania roughly corresponds to the modern territory of the republic of Azerbaijan. Na era Soviética, nunha impresionante manipulación, o histórico Acerbaixán (noroeste de Irán) foi reinterpretado como "Acerbaixán do sur" para que os soviéticos puidesen reclamar o Acerbaixán histórico propiamente dito localizado no noroeste do moderno Irán.
  26. 26,0 26,1 Population of Azerbaijan - Demographic indicators, The State Statistical Committee of the Republic of Azerbaijan
  27. Censo de 2013

Véxase tamén

Bibliografía

  • Olukbasi, Suha. Azerbaijan: A Political History. I.B. Tauris (2011). Focus on post-Soviet era.
  • de Waal, Thomas. Black Garden. NYU (2003). ISBN 0-8147-1945-7
  • Goltz, Thomas. Azerbaijan Diary : A Rogue Reporter's Adventures in an Oil-Rich, War-Torn, Post-Soviet Republic. M E Sharpe (1998). ISBN 0-7656-0244-X

Outros artigos

Ligazóns externas

.az

.az é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Acerbaixán. Está administrado por Azerbaijan Communications. Algúns dos dominios de segundo nivel baixo .az son com.az, net.az, int.az, gov.az, org.az, .edu.az, .info.az, .pp.az, .mil.az, .name.az, .pro.az, biz.az e co.az.

Acerbaixán no Festival de Eurovisión

A participación de Acerbaixán no Festival da Canción de Eurovisión corre a cargo da canle pública İctimai Televiziya, que ingresou na Unión Europea de Radiodifusión en 2007, aínda que isto non lle outorgaba o dereito de participar en Eurovisión por estar fose do Área de Radifusión, o motivo do seu ingreso ao Festival é por pertencer ao Consello de Europa. Na edición de 2011 o país proclamouse campión coa canción "Running Scared", interpretada por un dúo que formaron Eldar Gasimov e Nigar Jamal.En 2007 a empresa estatal AzTV presentou unha solicitude para ingresar como membro activo, pero foi rexeitada porque estaba moi vinculada ao Goberno acerí. Meses despois, a televisión pública İctimai Televiziya tratou de ocupar o seu lugar, e foi aceptada como membro activo.Desde o seu debut, Acerbaixán sempre logrou a clasificación á final. O país debutou na edición de 2008 con "Day After Day", defendido por Elnur Hüseynov e Samir Javadzadeh. Ese ano terminou en 6° lugar na semifinal e na final conseguiron o 8° con 132 puntos.

En 2009 obtiveron o terceiro posto con Aysel e o iraniano Arash Labaf interpretando "Always", unha das favoritas daquela edición. Dous días antes na súa semifinal conseguiron o segundo lugar con 180 puntos. Un ano despois asinaron a quinta praza con Safura, a primeira solista que representaba ao país, e "Drip drop", tema que pelexou os primeiros lugares nas casas de apostas con Alemaña pero que obtería 145 puntos para pechar no top-5.

En 2011 proclamáronse campións coa balada "Running scared" cun total de 221 puntos, rompendo o récord da puntuación máis baixa dun ganador e a cantidade de máximas puntuacións máis baixa, tamén dun ganador, ambas desde a implantación da semifinal. A vitoria permitiulles ser sede da edición de 2012, que finalmente celebrouse na capital Bakú, e onde a cantante Sabina Babayeva terminou en 4º lugar con 150 puntos, por detrás da ganadora Suecia, Rusia e Serbia.

En 2013 foi seleccionado o primeiro solista masculino: Farid Mammadov. Decidiuse que participase co tema "Hold Me" e malia que un principio non era favorito, logrou tralas semanas de ensaio e a realización da semifinal, meterse aos primeiros lugares nas casas de apostas. Finalmente conseguiría a primeira vitoria para o país nunha semifinal con 139 puntos. Na final conseguiu un 2º posto, con 234 puntos e 10 máximas puntuacións, a cantidade máis grande para un país non-ganador. Finalmente na edición de 2014, tras 5 anos consecutivos no top-5, obteñen os seus peores resultados tanto na semifinal como na final, ao quedar 9° e 22° respectivamente, coa cantante Dilara Kazimova coa balada "Start a fire!", sendo ademais a primeira vez que quedan fóra do top-10.

Desde 2009, o país contratou produtores escandinavos e investiu moito diñeiro para facerse coa vitoria. Só na edición de 2010, a delegación acerí investiu máis de 1,6 millóns de euros.O Festival de Eurovisión 2018 foi a primeira ocasión na que Acerbaixán non logrou clasificarse para a final do concurso.

Azərbaycan marşı

Azərbaycan marşı (en galego: Marcha de Acerbaixán) é o himno nacional de Acerbaixán. A letra foi escrita polo poeta Ahmed Javad, e a música foi composta polo compositor azerí Uzeyir Hajibeyov.

O himno foi antes adoptada en 1919 pola República Democrática de Acerbaixán ata 1921, cando a República foi invadido pola Unión Soviética, e foi substituído por un novo himno nacional composto por Uzeyir Hajibeyov para o Estado sucesor, o República Socialista Soviética de Acerbaixán.

Baku Crystal Hall

O Baku Crystal Hall (en azarí:Bakı Kristal Zalı) é un pavillón multifuncional que está situado na cidade de Bacú, Acerbaixán.

Bakú

Bakú ou Bacú (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.

Bandeira de Acerbaixán

A bandeira de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan bayrağı) é a bandeira nacional de Acerbaixán. Consiste en tres franxas horizontais de igual tamaño, sendo azul a superior, vermella a central e verde a inferior. No centro da faixa vermella, aparecen unha lúa crecente branca e unha estrela de oito puntas tamém de cor branca.

A cor azul representa a herdanza túrquica, a vermella a modernización da sociedade e o progreso, e a verde ao islam.

As cores oficiais e o tamaño foron adoptados oficialmente o 5 de febreiro de 1991. Dende entón a bandeira é mencionada na Constitución e dúas veces no himno nacional. A bandeira é usada en terra, como civil, estatal e de guerra; no mar, como civil, estatal, naval e de guerra. O 17 de novembro de 2009, por decreto presidencial, o 9 de novembro foi declarado Día da Bandeira Nacional.

Bandeira de Artsakh

A bandeira de Artsakh, un estado independente de facto localizado na rexión do Alto Karabakh en Acerbaixán no Sur do Cáucaso, deriva da bandeira de Armenia cun patrón branco. A bandeira foi adoptada o 2 de xuño de 1992.

Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso

A rexión do Cáucaso atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Alania (Osetia do Norte)

Osetia do Sur

Calmuquia

Carachai-Circasia

Cabardino-Balcaria

Alto Karabakh (Nagorno Karabakh)

Ingushetia

Chechenia

DaguestánAsí mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

Emblema de Acerbaixán

O emblema de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan gerbi), é unha mestura de símbolos tradicionais e modernos. O punto central do emblema está ocupado polo lume, un símbolo antigo da terra azarí.

As cores empregadas na composición do emblema son tomadas da bandeira de Acerbaixán. Estas cores atópanse no fondo detrás da estrela de oito puntas onde está o lume. A estrela simboliza as oito ramas do pobo turco, e entre cada punta da estrela hai outra estrela de oito puntas máis pequena.

Na parte inferior do emblema hai unha presa de trigo, o principal produto agrícola do país. A outra planta representada na parte inferior é o carballo.

Irán

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo, que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Lev Landau

Lev Davidovich Landau (en ruso Лев Давидович Ландау), nado en Bakú o 22 de xaneiro de 1908 e finado en Moscova o 1 de abril de 1968, foi un físico e matemático soviético galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1962.

Lingua armenia

O armenio (clásico: հայերէն; reformado: հայերեն, hayeren) é unha lingua indoeuropea falada polo pobo armenio. Ó igual que o grego, é o único representante do grupo homónimo das linguas indoeuropeas. É a lingua oficial de Armenia e da República de Artsakh. Historicamente, foi falada no Planalto Armenio pero no presente tamén é falada pola diáspora armenia. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C., escrita nun alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

O armenio é unha póla independente das linguas indoeuropeas. É suxeito de moito interese para os lingüistas polo seu distintivo desenvolvemento fonolóxico dentro da familia. O armenio amosa máis satemización que centumización, malia que non está clasificado dentro de ningún dos dous grupos. Algúns estudosos concluíron de xeito provisional que o armenio, o grego (Frixio), o albanés e as linguas indoiranias estaban dialectamente relacionadas unhas coas outras; dentro desta hipótese de grupo dialectal, o protoarmenio atópase entre o protogrego (subgrupo centum) e o protoindoiranio (subgrupo satem).Armenia foi un país monolingüe entre o século II até o presente. A súa lingua ten unha longa e rica historia literaria, cunha tradución da Biblia datada do século V como o seu texto supervivente máis antigo. O seu vocabulario foi influído polas linguas iranias occidentais, particularmente o parto, e en menor grao polo grego, o persa e o árabe ó longo da súa historia. Existen dúas formas literarias estandarizadas da lingua, a oriental e a occidental, que son mutuamente intelixiles.

Lingua azarí

O azerí, azarí ou acerbaixano é a lingua oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycan. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azarí. É unha lingua altaica, da rama Oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.

Lingua persa

O persa ou parsi (فارسی, fārsī) é unha lingua indoirania da familia das linguas indoeuropeas, fálase principalmente en Irán, Afganistán (oficialmente coñecida como dari) e Taxiquistán (coñecida como taxico). Goza de status de lingua oficial en Irán, en Afganistán so o nome de dari segundo garante a nova Constitución de Afganistán, e no Taxiquistán como taxico.

A súa orixe está na fala das tribos asentadas no suroeste da planicie iraniana que deron orixe ao imperio aqueménida, coñecido como persa antigo converteuse na lingua das clases gobernantes do imperio pero non substituíu ao arameo como lingua franca, consérvanse só unhas poucas inscricións desta época, pero o feito de ser utilizado por outros pobos contribuíu á súa simplificación e a intrudución de léxico foráneo, a partir do século III a.C é o época do persa medio, falado no período sasánida ata o século IX , e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas persa moderno, dari e o taxico. Na India o persa foi desde o século XVI a lingua da corte, da elite e da administración do Imperio mogol pese a estar rexido por unha dinastía de orixe turcófona.

É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán.

En canto ao persa falado en Irán é coñecido como iraniano ou fārsī (sempre persa, en galego), a variedade do persa medio falada en Afganistán é denominado dari. Actualmente, o persa e o dari son escritos nunha variante do alfabeto árabe. E a variedade do persa medio falada Taxiquistán, é o taxico, e é escrito en alfabeto cirílico.

A pesar de utilizar unha forma do alfabeto árabe, o persa é unha lingua completamente diferente do árabe, con gramática e fonoloxía completamente diversas. O persa é unha lingua do tipo "suxeito-obxecto-verbo". O persa é unha lingua indoeuropea e o árabe é unha lingua camito-semita.

Lingua rusa

O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Lingua turca

O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa , estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

Lingua ucraína

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o bielorruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Lingua xeorxiana

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Pobo ruso

Os rusos (en ruso: русские, russkiye) son un grupo étnico eslavo oriental nativo de Europa Oriental. A maioría dos rusos habitan no estado nación de Rusia, tendo notables minorías noutros estados veciños como Ucraína, Casaquistán e Belarús. Unha grande diáspora rusa está presente en todo o mundo, con poboacións importantes nos Estados Unidos, Alemaña, Israel e o Canadá. Os rusos son o meirande grupo étnico de Europa.

Os rusos comparten moitos trazos culturais con outros pobos eslabos orientais, como os belarusos e os ucraínos así como con certos eslavos do sur como os búlgaros, os macedonios, os montenegrinos e os serbios. Son maioritariamente de relixión ortodoxa. A lingua rusa é lingua oficial en Rusia, Belarús, Casaquistán, Kirguizistán e Taxiquistán, e tamén é falada como segunda lingua en moitos dos antigos estados soviéticos.

Países
Países con parte asiática

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.