Acebedo

Acebedo (en leonés: Acebéu) é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 256 habitantes (2012).

Coordenadas: 43°2′20″N 5°7′0″O / 43.03889, -5.11667

Acebedo
Bandera de Acebedo
Escudo de Acebedo
Localización
Provincia de eon - Acebedo
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1148 msnm
Superficie50,18 km²
Demografía
Poboación256 hab. (2012)
Densidade5,1 hab./km²
XentilicioAcebedo/da
Outros datos
Código postal24996
AlcaldePedro del Blanco Piñán (PSOE)
www.aytoacebedo.es/

Localidades

  • Acebedo
  • La Uña
  • Liegos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Campo de concentración de Arnao

O campo de concentración de Arnao foi un dos campos de concentración do Franquismo, e funcionou entre 1938 e 1943 en Arnao (As Figueiras, Castropol), xunto á ría de Ribadeo. Tiña tres barracóns e chegou a albergar a 300 prisioneiros, incluídas mulleres e nenos.

Comité Técnico de Árbitros

O Comité Técnico de Árbitros (CTA) é un órgano técnico subordinado á Real Federación Española de Fútbol (RFEF), máis concretamente, directamente subordinado ao presidente da RFEF. Encárgase do funcionamento e organización do mundo arbitral español. É tamén o órgano encargado da designación de partidos ou ascensos de categoría dos árbitros, árbitros asistentes, delegados de partido e informadores de fútbol e fútbol sala en categorías nacionais. Así mesmo, é o órgano encargado de comunicar á FIFA a selección dos árbitros e asistentes internacionais en cada tempada.

Concello de Acevedo do Río

Acevedo do Río foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1968.

Entrambasaguas

Entrambasaguas é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca de Trasmiera. Tiña unha poboación de 4.931 habitantes en 2015.

Limita ao norte cos municipios de Marina de Cudeyo e Ribamontán al Monte, ao sur con Ruesga, ao leste con Solórzano e ao oeste con Medio Cudeyo e Riotuerto. Ademais da localidade de Entrambasaguas, hai no concello outras seis: El Bosque, Hornedo, Hoznayo, Navajeda, Puente Agüero e Santa Marina.

Entre o seu patrimonio destacan o Palacio dos Acebedo, o Palacio dos Fernández de Velasco e a fonte do Francés.

Gaubea

Gaubea (en castelán: Valdegovía e oficialmente Valdegovía/Gaubea) é un concello de Áraba, no País Vasco. Pertence á cuadrilla de Añana e tiña en 2015 unha poboación de 1.013 habitantes.

Está formado por 30 localidades: Acebedo, Astúlez, Bachicabo, Barrio, Basabe, Bóveda, Caranca, Corro, Espejo, Fresneda, Guinea, Gurendes, Karkamu, Lahoz, Lalastra, Mioma, Nograro, Osma, Quejo, Pinedo, Quintanilla, Ribera, Tobillas, Tuesta, Valluerca, Villamaderne, Villamardones, Villanañe e

Villanueva de Valdegovía, capital do concello.

Juan Antonio Posse

Juan Antonio Posse Varela, nado en Soesto (Laxe) en 1766 e finado en San Andrés del Rabanedo (León) o 13 de maio de 1854, foi un relixioso galego. Exerceu o seu ministerio relixioso en León dende 1794 ata o seu pasamento.

Como relixioso afastouse das características xerais dos seus colegas da época, pois, aínda que algúns destes cualificativos son discutidos polos estudosos da súa vida e obra, pasa por ser un sacerdote ilustrado e liberal, constitucionalista español e tamén pregaleguista; republicano nunha época en que poucos o eran; colectivista cando todo o liberalismo defendía a propiedade privada; anticlerical –e loitador contra a Inquisición- e, á vez, profundamente crente e relixioso ata case o integrismo, debido á influencia que exerceran nel as lecturas xansenistas.

Deixou escritas dúas obras políticas de carácter constitucionalista: un sermón do 28 de novembro de 1812 defendendo a Constitución de Cádiz -publicado ese mesmo ano en León e reeditado ó ano seguinte na Coruña- e unha crítica á Constitución de 1837 –publicada en 1838-. Tamén son del varios artigos publicados coas iniciais do seu nome en El Ciudadano por la Constitución, da Coruña (en 1813). Non obstante, o máis interesante foron as súas memorias, redactadas en 1834, que permaneceron inéditas ata que Gumersindo de Azcárate conseguiu publicalas entre 1916 e 1918 na revista La Lectura; en 1984 o hispanista estadounidense Richard Herr, profesor emérito da Universidade de Berkeley, volveunas publicar na editorial Siglo XXI. Destas memorias, das que desapareceu o manuscrito orixinal, quedou sen publicar o período final, de 1820 a 1834.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos

Esta listaxe de pseudónimos, sobrenomes e alcuños comprende personalidades galegas e algunhas non galegas pero que dalgún xeito tiveron ou teñen vencellos con Galicia.

Mercedes Cabello de Carbonera

Juana Mercedes Cabelo Llosa de Carboeira, nada en Moquegua o 7 de febreiro de 1842 e finada en Lima o 12 de outubro de 1909, foi unha escritora peruana. Influenciada pola corrente do positivismo e do naturalismo, foi a iniciadora da novela realista peruana. Escribiu seis novelas de contido social e intención crítica, sendo as máis exitosas Blanca Sol (1888), Las consecuencias (1890) e El conspirador (1892). Escribiu tamén numerosos artigos e ensaios publicados na prensa peruana, sobre temas literarios e sociais; en especial avogou pola emancipación da muller, polo que se conta entre as primeiras feministas do seu país.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Unió Esportiva Santboiana

A Unió Esportiva Santboiana (tamén coñecida como UES ou Santboiana) é un club deportivo de rugby catalán da cidade de Sant Boi de Llobregat, na provincia de Barcelona. Fundado en 1921, ten a honra de ser o club decano do rugby español. O primeiro equipo compite na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby, na que saíu campión en 7 ocasións, ocupando o terceiro posto no palmarés histórico do torneo só por detrás do CD Arquitectura madrileño, que gañou 9 ligas, e do CR El Salvador pucelano, que gañou 8. O equipo xoga os seus encontros como local no Estadi Baldiri Aleu, así chamado como homenaxe ó fundador do club. As súas bancadas contan con 1.350 asentos.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.