Accidente de Angrois

O accidente ferroviario de Angrois de 2013 foi un descarrilamento ferroviario sucedido o 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, en Santiago de Compostela. Foi o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e de España, se ben hai hipóteses que sinalan que o máis grave da historia de España foi o accidente de Torre del Bierzo, que tamén facía ruta dende a meseta ata Galicia. Ademais, tamén foi o primeiro accidente de tren mortal producido nunha liña de alta velocidade en España[1]. Das 224 persoas que viaxaban no tren, 144 resultaron feridas e 80 morreron.

Coordenadas: 42°51′34.2″N 8°31′39.9″O / 42.859500, -8.527750

Accidente ferroviario de Angrois cerca de Santiago de Compostela - 24-07-2013
Imaxe do accidente tomada desde a AP-9.

Datos

Traxecto Madrid-Ferrol[1]
Estacións Hora (CEST)
Madrid - Chamartín 15:00
Segovia 15:28
Medina del Campo 16:07
Zamora 16:59
Pobra de Seabra 18:08
A Gudiña 18:45
Ourense - Empalme 19:51
Accidente 20:41
Santiago de Compostela 20:41
A Coruña 21:14
Elviña - Universidade 21:30
Betanzos - Infesta 21:49
Betanzos - Cidade 22:00
Pontedeume 22:15
Ferrol 22:36
Horarios de Renfe[2]

O accidente produciuse a tres quilómetros da entrada da estación de Santiago de Compostela, ao final da recta da liña de alta velocidade que cruza o barrio do Eixo. Nese punto a vía traza unha curva pechada, chamada a curva da Grandeira, limitada a 80 km/h, xusto ao pasar por baixo do viaduto da AP-9.

O descarrilamento tivo lugar ás 20:41 do serán (hora local, CEST)[3] e afectou un tren Alvia serie 730 (con número de tren 04155) que facía o servizo de Renfe Operadora unindo as cidades de Madrid e Ferrol. O Alvia 730 é un tren híbrido eléctrico e diésel con ancho de vía variable: internacional e ibérico. No tren viaxaban 218 pasaxeiros e 4 tripulantes[4]. O tren circulaba con tres minutos de atraso sobre o horario previsto.

Disposición do tren

A disposición do tren Alvia involucrado no accidente é a seguinte[5]:

Vagón Número Número de serie Asentos Lugar e danos Ocupantes
Locomotora Cabeza 2 730 046 2 Fóra da vía 2 maquinistas, 1 ferido
Xerador 2 (vagón técnico) 11 0 Sobre o costado dereito 0
Clase turista (corpo) 10 702 041 36 Sobre o costado dereito ?
Clase turista (corpo) 09 702 042 36 Sobre o costado dereito ?
Clase turista (corpo) 08 702 043 36 Sobre o costado dereito ?
Clase turista (corpo) 07 702 044 36 De costado contra o viaduto ?
Clase turista (corpo) 06 702 131 36 Soltouse do tren e caeu sobre un campo de festa ?
Clase turista (corpo) 05 702 132 36 Atravesado na vía contra o viaduto ?
Vagón de hostalaría 04 706 012 4 (persoal do tren) Xirado 180° e sobre outro vagón 4 traballadores
1ª clase e minusválidos 03 713 011 23 Atravesado na vía sobre costado dereito ?
1ª clase (preferente) 02 701 011 26 Sobre o costado e ardeu ?
Xerador 1 (vagón técnico) 01 0 Desfeito, sobre locomotora 1 e ardeu 0
Locomotora Cabeza 1 730 045 2 Sobre o costado dereito contra o viaduto 0

Liña de AVE Ourense-Santiago de Compostela-A Coruña

A vía foi construída con ancho ibérico para ser empregada no transporte de viaxeiros e mercadorías. Foi inaugurada en decembro de 2011 e ten unha lonxitude de 148,8 km. Custou 3.300 millóns de euros[6]. A velocidade máxima nesta liña para os trens Alvia e Avant é de 220 quilómetros por hora, aínda que na vía podería chegarse aos 300 km/h xa que está equipada con ERTMS[7] aínda que non se emprega[8]. O tren Talgo híbrido da serie 730 empregábase como transición ao AVE xa que permitía operar na parte do traxecto Madrid-Ferrol en ancho de vía internacional e o ibérico xa fose electrificado ou con tracción diésel para chegar á estación de Ferrol. Os trens da serie 730 comezaron a operar en Galiza o 17 de xuño de 2012 no traxecto Madrid-Galiza.

O director de Seguridade na Circulación de Adif, asinou e transmitiu a orde de anular o sistema de frenado automático ETCS (ERTMS do tren) nos trens Alvia S730 con data 25 de xuño de 2012 que circulaban pola vía[9].

O 5 de xullo de 2012 o tren sufriu unha avaría en Zamora cando levaba a 501 viaxeiros que ían cara a Galiza. Entón Talgo calificou o acontecido como «enfermidades de infancia [do tren]» e comprometeuse a asumir «as indemnizacións que correspondan»[10]. Talgo tamén declarou que tiña aos seus mellores enxeñeiros traballando a tempo completo para tentar atopar a orixe dos fallos que estaban a provocar continuos atrasos nos trens entre Galiza e Madrid. Segundo Talgo, o S-730 é «un bo tren, que pasado o tempo e unha vez estea todo axustado, vai demostrar que funcionará de marabilla»[10]. 13 días antes do accidente en Angrois un tren Alvia que facía a mesma rota Madrid-Ferrol quedou 20 minutos parado na saída da estación de Ourense por problemas técnicos[11].

Consecuencias

Logo das primeiras horas a Xunta de Galicia anunciou que faleceran 35 persoas. Ao fío da media noite o presidente Núñez Feijóo elevara a cifra de falecidos a 40. Á mañá seguinte a cifra chegaba aos 78[12]; pero aumentou ata os 80 falecidos e 35 feridos críticos pola tarde[13]. Finalmente, a Policía Científica reduciu o número de vítimas mortais a 78, logo de realizar a meirande parte das autopsias[14]. Na xornada do sábado faleceu unha nova persoa, ferida, co que se chegou a 79 mortos.

Unha das primeiras consecuencias foi o peche do camiño de ferro entre Ourense e Santiago de Compostela. Tamén se suspenderon os actos festivos e políticos programados na cidade para o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia. O Goberno galego decretou sete días de loito oficial, o maior loito da autonomía ata a data[15].

O maquinista do tren foi detido na mesma noite, primeiro custodiado nun centro hospitalario, e posteriormente posto a disposición xudicial. Despois de prestar declaración nos xulgados de Santiago o 28 de xullo, foi posto en liberdade con cargos logo de admitir que cometera unha imprudencia[16].

A plataforma de afectados polo accidente e vítimas xuntou 50 mil euros vía crowdfunding para gravar un documental dirixido por Aitor Rei sobre o accidente. En 2015 na 60 edición da Seminci emitiuse baixo o nome de Frankenstein-04155. Frankenstein é o nome co que se coñece o tren no sector e 04155 o seu número de serie[17].

Galería de imaxes

Tragedia en Santiago de Compostela (b)
 
Tragedia en Santiago de Compostela (c)
 
Tragedia en Santiago de Compostela (d)
 
Tragedia en Santiago de Compostela (g)
 
Tragedia en Santiago de Compostela (o)
 

Notas

  1. 1,0 1,1 Rodrigo Silva; Antonio Alonso; Mariano Zafra; Yolanda Clemente; Tomás Ondarra (25 de xullo de 2013). "Primer accidente mortal en España en una línea de alta velocidad". El País (en castelán). Consultado o 26 de xullo de 2013.
  2. Os horarios son os estimados por Renfe para a chegada á estación, de aí que a chegada á estación de Santiago sexa a mesma cá do accidente.
  3. RENFE (ed.). "Descarrilo del tren Alvia Madrid-Ferrol" (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2013.
  4. David Reinero; Sonia Vizoso (24 de xullo de 2013). "Trágico accidente ferroviario en Santiago de Compostela". El País (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2013.
  5. Galán Eruste, Manuel (2010). Revistas Profesionales, S.L., ed. Talgo (1942-2010). De un sueño a la alta velocidad (en castelán). Madrid. p. 252. ISBN 9788493286187.
  6. Taboada, Pablo (11 de decembro de 2011). "Blanco y Feijóo aparcan sus diferencias en la apertura del AVE gallego". El País (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2013.
  7. González, Pablo (27 de xullo de 2013). "Accidente en Santiago: Golpe nunha rede en transición". La Voz de Galicia. Consultado o 28 de xullo de 2013.
  8. Ruiz del Árbol, Antonio (29 de xullo de 2013). "O sistema de seguridade Ertms entre Ourense e Santiago custou 164 millóns e non se utiliza". Praza Pública. Consultado o 30 de xullo de 2013.
  9. Díez, Luis. cuartopoder, ed. "Un jefe de Adif eliminó el sistema de frenado automático de los Alvia a Galicia". Consultado o 12 de setembro de 2013.
  10. 10,0 10,1 Gil, Carlos. "Talgo asume «toda la responsabilidad» de la avería del tren a Galicia en Zamora". La Opinión (Zamora) (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2013. son enfermedades de infancia"; "las indemnizaciones que correspondan"; "un buen tren, que pasado el tiempo, y una vez esté todo ajustado se va a demostrar que funcionará de maravilla
  11. Redacción Ourense. Galicia Confidencial, ed. "O Alvia Madrid-Ferrol tivo problemas 13 días antes do accidente de Santiago". Consultado o 13 de agosto de 2013.
  12. María Cedrón; Alberto Mahía (25 de xullo de 2013). "O tren ía a máis de 150 quilómetros por hora nunha zona de 80". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de xullo de 2013.
  13. "Identificados 67 de los 80 muertos en el accidente de Santiago de Compostela". El País (en castelán). 25 de xullo de 2013. Consultado o 25 de xullo de 2013.
  14. "La policía reduce a 78 las víctimas mortales del accidente de tren" (en castelán). 26 de xullo de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2013.
  15. M. Cheda (25 de xullo de 2013). "Descarrilamento en Santiago: Sete días de loito oficial". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de xullo de 2013.
  16. José Precedo; Belén Domínguez (29 de xullo de 2013). "El maquinista admite su “despiste”". El País (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2013.
  17. Frankestein-04155' del director Aitor Rei

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

061

O 061 é o número de teléfono e, por extensión, a denominación do propio Servizo de Urxencias Sanitarias en Galicia e tamén en varias comunidades autónomas de España. En Galicia o 061 é un organismo dependente do SERGAS.

Calquera usuario poderá chamar cando estiver ante unha situación de urxencia sanitaria ou para realizar unha consulta sobre algunha doenza non urxente.[Cómpre referencia] O 061 de Galicia coordina a demanda sanitaria urxente extrahospitalaria que se produce na comunidade autónoma galega.

2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

24 de xullo

O 24 de xullo é o 205º día do ano do calendario gregoriano e o 206º nos anos bisestos. Quedan 160 días para finalizar o ano.

Accidente ferroviario de Chinchilla de 2003

O Accidente ferroviario de Chinchilla de 2003 produciuse o día 3 de xuño de 2003 no municipio albaceteño de Chinchilla de Monte-Aragón, cando tivo lugar unha colisión de trens que acabou coa vida de 19 persoas e deixou uns 50 feridos.Constituíu un dos accidentes ferroviarios máis graves de España, comparable ao accidente de Castelldefels de 2010, superado polo accidente de Angrois, Santiago de Compostela, en 2013, e a Catástrofe de Torre del Bierzo (León), ocorrida en 1944.

Andrés Lago

Andrés Lago Louro é un xuíz galego. Ingresou na carreira xudicial no ano 2004, e desde entón ocupou diversos xulgados coma o Xulgado de Intrución número 2 de Corcubión, o número 1 de Cistierna (León), e o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.Entre outros, foi o xuíz intrutor dos xuízos polo caso Orquesta, o accidente de Angrois ou a denuncia dos doentes afectos pola hepatite C contra o SERGAS.

Angrois, Sar, Santiago de Compostela

Angrois é un barrio de Sar, situada ao leste do concello de Santiago de Compostela.

Belén Artesanal de Valga

O Belén Artesanal de Valga é a maior representación belenística de Galicia, construída polos veciños do concello e recoñecida como Festa de Galicia de interese turístico. Móntase desde 1995 e o número de visitantes nos últimos anos calcúlase nuns 40.000 cada ano.

Con máis de 3.000 figuras, das que máis de 300 están animadas, repartidas sobre uns 250 m2, o Belén de Valga representa non só o clásico nacemento senón a vida tradicional dunha aldea galega típica, incluíndo escenas populares e cotiás, e diversos elementos actuais que tiveran sona en Galicia ou no resto de España. A iluminación remeda ritmicamente o paso do día e a noite.

É visitable -de balde- desde o primeiro domingo de decembro ata o segundo domingo de xaneiro.

Caso da hepatite C en Galicia

O caso da hepatite C en Galicia foi un procedemento xudicial aberto polo xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela contra o Servizo Galego de Saúde e dous cargos sanitarios do goberno de Alberto Núñez Feijóo, os cales foron imputados por prevaricación e homicidio imprudente pola negativa a receitar o fármaco Sofosbuvir (cuxos nomes comerciais son Sovaldi e Virunon) a doentes con hepatite C en estado avanzado. Os directivos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), terían atrasado ou denegado deliberadamente, e por razóns orzamentarias, a concesión da receita deste novo fármaco para a hepatite C, moito máis eficaz e o indicado nas últimas guías clínicas para o tratamento desta doenza, pero cun custo económico substancialmente maior. Algúns dos doentes afectados por este caso faleceron durante o tempo de espera á concesión da receita. O xefe da Unidade de Trasplantes do Hospital de Santiago, Evaristo Varo Pérez, vinculou o atraso das prescricións a, a lo menos, a morte de tres pacientes.O procedemento xudicial aberto pola fiscalía contra o SERGAS foi o primeiro destas características no Estado Español, e estivo xestionado polo Xulgado de Intrución número 3 de Santiago de Compostela a cargo do maxistrado Andrés Lago Louro, o mesmo xuíz que levou o caso do accidente de Angrois.

Década de 2010

A década de 2010 é a década actual, que abrangue o período entre o 1 de xaneiro de 2010 até o 31 de decembro de 2019.

É unha década que na súa primeira metade segue fortemente marcada pola crise económica mundial que comezou en 2008. A día de hoxe, fálase dela como a «Segunda Gran Recesión». A crise de débeda soberana puxo en xaque á Unión Europea, xa que catro estados membros da Zona Euro (Grecia, Irlanda, Portugal e Chipre) tiveron que ser rescatados. O Reino Unido no 2016 tras un referendo converteuse no primeiro estado membro da UE que decidiu abandonaa a Unión.

A Primavera árabe marcou os primeiros meses do ano 2011. Unhas revolucións sen precedentes en varios países árabes serviron para acabar con réximes ditatoriais que os gobernaron por varias décadas en países como Túnez, Exipto ou Libia. Porén, a gran inestabilidade dos países árabes provocou que grupos fundamentalistas islámicos como o Estado Islámico apareceran e tomaran extensas zonas en Siria, Iraq, Exipto e Libia. Aínda que se formou unha coalición contra o EI non se evitou que este cometera numerosos atentados en Europa, en lugares como Francia (Atentado na sede de Charlie Hebdo e Atentados de París de novembro de 2015, ambos no 2015 e o Atentado de Niza de 2016 no 2016), ou Bélxica (Atentados de Bruxelas de 2016). Ademais, os terroristas islámicos cometeron numerosos atentados en países musulmáns como Turquía, Túnez, Exipto ou Iraq.

Fernanda Tabarés

María Fernanda Tabarés Domínguez, nada en Ourense o 27 de febreiro de 1968, é unha xornalista galega.[Cómpre referencia]

Festival Sinsal Audio

O Festival Sin Sal Audio, coñecido popularmente coma Sinsal, é un festival de música celebrado na Illa de San Simón, na parroquia de Cesantes, en Redondela. A súa característica máis peculiar é que non ten programación coñecida de antemán, pois as bandas que actúan no festival non se coñecen por adiantado, senón unha vez os asistentes estean no lugar.

Dende a súa primeira edición reuniu a bandas da talle de Alt-J, Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Maïa Vidal, Jane Joyd, Alela Diane, Christian Kjellvander, Nite Jewel, Múm ou Das Kapital, entre outros.

Gerard Lopez

Gerard Lopez (ás veces tamén escrito Gérard ou López) nado en Esch-sur-Alzette o 27 de decembro de 1971, é un empresario e home de negocios luxemburgués de orixe galega. Xunto con Eric Lux é un dos socios fundadores de The Genii Group; así como co-fundador e socio director de Mangrove Capital Partners, unha firma de capital risco especializada en tecnoloxía e un dos primeiros investidores de Skype. A nivel deportivo é presidente e director do equipo Lotus de Formula 1, do cal é propietario a través de Genii Capital.

Gran Premio de Hungría de 2013

O Gran Premio de Hungría de 2013, oficialmente o Magyar Nagydij 2013 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 28 de xullo de 2013, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a décima carreira da tempada de 2013.

Julián Barrio

Julián Barrio Barrio, nado en Manganeses de la Polvorosa (Zamora, Castela e León) o 15 de agosto de 1946, é un crego católico vinculado a Galicia, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Medios Audiovisuales Gallegos

Medios Audiovisuales Gallegos, hoxe denominada Medios Audiovisuales de Galicia, é unha sociedade limitada constituída pola Corporación Voz de Galicia o día 28 de decembro de 2007, que aglutina a Radio Voz de Galicia, Voz Audiovisual e Medios Digitales de Galicia, compañía titular dunha licenza para desenvolver unha televisión dixital terrestre (TDT) de ámbito autonómico, a cadea V Televisión.A súa sede está na rúa Gambrinus, nº 97, no Polígono industrial A Grela - Bens, A Coruña.

V Televisión

V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.

Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.