Academia de Farmacia de Galicia

A Academia de Farmacia de Galicia (AFG) é unha institución creada pola Xunta de Galicia o 1 de xullo de 2004, coa finalidade primordial de acadar mellores resultados no desenvolvemento e na difusión das ciencias farmacéuticas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.[1]

A Academia ten a súa sede no Antigo Hospital de San Roque, na rúa de San Roque, nº 2, de Santiago de Compostela.[2]

Antecedentes

Ten a súa orixe na transformación da "Sección Galicia" da Real Academia Nacional de Farmacia de España, que fora creada o 4 de novembro de 1992.[1][3]

Finalidade

Os fins da Academia de Farmacia de Galicia son:[4][5]

  • O fomento da investigación e estudo das ciencias farmacéuticas e das ciencias relacionadas coa farmacia.
  • Asesoramento aos órganos públicos oficiais en aqueles campos que lle son propios.
  • Asesoramento ás institucións privadas que llo soliciten, baixo as condicións que a propia Academia estime convenientes.
  • Elaboración de estados e informes sobre materias relacionadas coa profesión farmacéutica e as súas actividades.
  • Fomento das relacións con outras institucións análogas.
  • Creación e conservación de fondos materiais e documentales relacionados coa docencia, a investigación e a profesión farmacéutica.
  • Divulgación científica e formación permanente dos profesionais da farmacia.
  • Recoñecemento mediante premios, diplomas ou distincións das actividades que redunden en beneficio da farmacia e da propia Academia

Académicos

Académicos de número, por orde de elección.[6]

Académicos de honra

  • Juan Manuel Reol Tejada
  • Francisco Jose Ayala Pereda.[7]

Galería de académicos

María José Alonso Fernández

María Josefa Alonso Fernández

Ángel Carracedo Álvarez

Ángel Carracedo Álvarez

Francisco Díaz-Fierros asina o Libro de Ouro

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Alicia Carolina Estevez Toranzo

Alicia Estévez Toranzo

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia.
  2. Contacto Web da AGF.
  3. Antecedentes fundacionales. Discurso pronunciado o 22 de febreiro de 2006 por Jesús Izco Sevillano, primeiro presidente, con motivo da presentación pública da Academia de Farmacia de Galicia (en castelán).
  4. Artigo 4º do Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia. "Estatutos da Academia de Farmacia".
  5. Fines Web da AGF.
  6. Académicos de número Web da AGF.
  7. Académicos de honor Web da AGF.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AFG (homónimos)

AFG pode referirse a:

AFG, código ISO 3166-1 de Afganistán.

Academia de Farmacia de Galicia.

Asociación de Fútbol do Guayas, da provincia do Guayas (Ecuador).

Alicia Estévez

Alicia Carolina Estévez Toranzo, nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955, é unha científica galega, especializada en ictiopatoloxía, ou patoloxías que afectan os peixes.

Antigo Hospital de San Roque

O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.

Na actualidade, e tras da súa compra pola Xunta de Galicia e a súa rehabilitación a finais do século XX, o edifcio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.

Benito Regueiro Varela

Benito Regueiro Varela, nado na Coruña o 23 de outubro de 1917, e finado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 2001, foi un farmacéutico, investigador especializado en Microbioloxía e catedrático de Universidade galego.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Jesús Simal Lozano

Jesús Simal Lozano, nado o 2 de xuño de 1938 en Daimiel (Ciudad Real), é un científico galego, catedrático universitario especializado en química analítica e nos estudos sobre a contaminación dos alimentos,Pese súa nacenza manchega pode considerarse como galego, porque desde que chegou a Santiago de Compostela a cursar a carreira de Farmacia quedou a vivir nesta cidade até o día de hoxe, xa xubilado da súa cátedra.

Mabel Loza García

María Isabel Loza García, nada en Tapia o 7 de xullo de 1961 é unha científica asturiana, coñecida como Mabel Loza.

María José Alonso

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Pazo de Lóngora

O Pazo de Lóngora é un pazo situado no lugar de Lóngora, da parroquia de Liáns do concello de Oleiros. Este pazo foi a residencia do matrimonio composto polo músico e compositor Marcial del Adalid e a escritora Francisca González Garrido (máis coñecida como Fanny Garrido).Desde o 25 de agosto de 1997 o pazo de Lóngora acolle o Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

Soledad Muniategui Lorenzo

Soledad Muniategui Lorenzo, nada en Caracas o 24 de xullo de 1962, é unha científica galega, catedrática universitaria especializada en química analítica e en estudos medioambientais.

Tarsy Carballas

María Tarsy Carballas Fernández, nada en Taboada o 2 de xuño de 1934, é unha científica galega, pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona temperada–húmida de España. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi Vocal da Comisión da Área de Ciencias Agrarias e da Xunta de Goberno. Desenvolve actividades académicas no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, en Santiago de Compostela.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.