Acacia negra

A acacia negra[1] (Acacia melanoxylon), tamén chamada oliveira de Australia[2] ou simplemente acacia é unha especie nativa do leste de Australia. Coñecida coma "madeira negra de Tasmania", esta árbore medra axiña e acada alturas de 45 m. Ten ampla tolerancia a unha gran diversidade de ambientes, mais prospera mellor en climas fríos. Considerada especie invasora. En Galicia espallouse especialmente pola costa.

Acacia negra
Póla en flor de acacia negra

Póla en flor de acacia negra
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Mimosoideae
Tribo: Acacieae
Xénero: Acacia
Especie: A. melanoxylon
Nome binomial
'Acacia melanoxylon'
R.Br.
Sinonimia

Racosperma melanoxylon

Problemática

Como moitas outras acacias (por exemplo a mimosa), en moitos países pode transformarse nunha especie invasora. O seu control ocasiona altos custos. En Galicia aparece nas zonas máis temperadas, preto da costa, onde se estendeu con gran rapidez dando lugar a formacións escuras. Porén, o seu valor coma madeira deu bos resultados económicos.

Descrición

Árbore perennifolia de 8 a 15 (até 45) m de alto; fuste recto, copa densa de piramidal a cilíndrica, as veces con poucas pólas moi pesadas. Ten un sistema radicular extenso, mesto, con raíces fortes superficiales.

Folla

As follas son bipinnadas nos individuos e pólas máis novas. Os individuos adultos, en troques, substitúen as follas por filodios (coma ocorre nos eucaliptos). Os filodios teñen de 7 a 10 cm de longo, de cor cinsenta a verde escura, rectos a mainamente tortos, con 3 a 7 veas prominentes lonxitudinais e veas magras entre eles.

Flor

As flores son de cor amarela esbrancuxada. Fican en testas globosas.

Froito

Os froitos, como fabácea, son vaíñas de cor parda-avermellada, tortas, máis angostas ca os filodios.

Semente

As sementes son planas, arredondadas, negras, de 2 a 3 mm lonxitude.

Reprodución

Espallamento das sementes: Darredor das sementes hai uns fíos arroibados característicos que chama á atención dos paxaros, que espallan as sementes. Isto tamén ocorre onde a especie foi introducida, como en Galicia ou Suráfrica. Se non existir os fruxívoros as sementes caen no chan almacenándose, logo, no solo. Os bancos de sementes fican viábeis por moitos anos. As sementes xermolan de xeito doado se se mergullan unha noite en auga moi quente, cando o banco de sementes fica exposto ao sol, ou despois dos lumes forestais (Hill, 1982). Acacia melanoxylon reprodúcese prolificamente despois dos incendios. Pode ademais reporducirse vexetativamente.

Acacia melanoxylon (Flowers)

Flores

Acacia melanoxylon seeds 1

Vaíñas e sementes

Acacia melanoxylon branch

Follas

Starr 041221 1795 acacia melanoxylon-bark

Casca

Notas

  1. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18.
  2. Vocabulario Forestal (Galego,español,inglés), Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, 2012
100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo

100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo é unha listaxe elaborada polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI) da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), co fin de concienciar sobre a complexidade, importancia e consecuencia das especies exóticas invasoras. Foi citada en diversos traballos científicos.Os criterios seguidos para elaborar a listaxe foron:

Severidade do impacto da especie sobre a biodiversidade ou as actividades humanas.

Ser exemplos ilustrativos de importantes temas relacionados coas invasións biolóxicas.Para que os exemplos fosen o máis variados posíbel, só se incluíu unha especie por xénero; por iso, que unha especie non estea incluída nesta listaxe, non indica que o seu dano ao medio ambiente sexa menor.

A seguir inclúese a listaxe completa das especies que figuran na publicación elaborada pola UICN. A columna «Motivo» é unha ligazón coa ficha da Global Invasive Species Database onde se detalla a ecoloxía e maila distribución da especie, así como os motivos para a súa inclusión na listaxe.

A Madroa, Candeán, Vigo

A Madroa, ás veces coñecida como monte da Madroa, é un lugar da parroquia de San Cristovo de Candeán, no concello de Vigo.

Acacia

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero.

Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Arca da Alianza

Segundo a tradición xudía e cristiá, a Arca coñecida como Arca da Alianza, Arca do Pacto, ou Arca do Convenio (en hebreo: ארון הברית), nomeada tamén como a Arca de Yahveh ou Arca do Testemuño, era un obxecto sagrado que gardaba as táboas de pedra que contiñan os Dez Mandamentos. De acordo con algunhas interpretacións tradicionais do Libro do Éxodo, dos Números, e da Carta aos Hebreos a Arca tamén contiña a vara de Aharón, un frasco de maná e o primeiro rolo da Torah escrito por Moisés; porén, o primeiro dos Libros dos Reis di que nos tempos do rei Salomón, a Arca contiña só as dúas Táboas da Lei. Segundo o Libro do Éxodo, a Arca foi creada por orde de Deus, seguindo as instrucións dadas a Moisés no Monte Sinaí. A Arca simboliza a unión de Deus co seu pobo. Crese que desapareceu coa destrución do templo de Xerusalén polo rei Nabucodonosor II.

Carballeira

Unha carballeira ou touza é un lugar poboado de carballos (especies do xénero ‘’Quercus sp.’’).

Filodio

En Botánica, chámase filodio a un órgano laminar que semella unha folla, mais que pola súa orixe evolutiva, a súa ontoxénese (o seu proceso de desenvolvemento) e a súa anatomía interna resulta non selo. Polo xeral trátanse de talos ou pecíolos dilatados que cumpren nalgunhas plantas a función fotosintética que normalmente corresponde ás follas, ás que funcionalmente substitúen.

Exemplos de filodios aparecen nalgunhas das moitas especies do xénero Acacia. A meirande parte das acacias teñen follas compostas, mais algunhas presentan no seu lugar filodios. Nas plántulas dalgunhas destas especies, coma a acacia negra óllanse formas transicionais entre as follas normais e os filodios.

Algúns eucaliptos, como o eucalipto azul, tamén teñen filodios.

Flora invasora de Galicia

A flora invasora de Galicia é o conxunto de especies plantas que foi transportado e introducido polo ser humano en Galicia, fóra da súa área de distribución natural. Estas especies conseguiron establecerse e espallarse resultando as máis das veces daniñas ecolóxica e/ou paisaxisticamente. Que unha especie vexetal invasora resulta daniña significa que produce cambios importantes na composición, a estrutura ou os procesos dos ecosistemas naturais ou seminaturais, pondo en perigo a diversidade biolóxica nativa (en diversidade de especies, diversidade dentro das poboacións ou diversidade de ecosistemas).

Certas especies vexetais teñen un comportamento invasor nas localidades de introdución, sendo máis susceptíbeis os hábitats alterados ou degradados, como por exemplo en terreos despois dos lumes. O principal problema a nivel ecolóxico é a perda de diversidade autóctona. Os casos máis soados en Galicia son o do eucalipto na costa e o da mimosa no sur do país, especialmente na Comarca do Ribeiro en Ourense[Cómpre referencia].

O control e erradicación é custoso e non sempre posible. Identificar os invasores potenciais e evitar o seu establecemento é o mellor camiño para frear un problema que incrementa ao mesmo ritmo que a globalización. Considéranse medios mecánicos, biolóxicos e químicos.

A introdución das especies é polo xeral recente. Algunhas árbores coma o castiñeiro pénsase que foron introducidas polos romanos hai uns 2000 anos, porén non pode considerarse daniña nin invasora, malia terse naturalizado. O mesmo ocorre co piñeiro bravo, quizais introducido dende Portugal no século XVIII. A verdadeira flora invasora introdúcese a partir de finais do século XIX e especialmente coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo. Deste xeito entraron en Galicia, eucaliptos, robinias e acacias. A mimosa plantouse para fixar os noiros do camiño de ferro. Recentemente estanse a espallar outras especies como a árbore do ceo (plantada como ornamental), a carriza da Pampa (plantada como ornamental nas autoestradas galegas) ou a herba do coitelo ou uña de gato (plantada nas praias).

Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Leguminosas

As leguminosas (Leguminosae) ou fabáceas (Fabaceae) son unha familia de árbores, arbustos e herbas perennes ou anuais, recoñecibles de xeito doado polo seu froito de tipo legume e as súas follas compostas e estipuladas. É unha familia de distribución cosmopolita con aproximadamente 730 xéneros e unhas 19.400 especies, o que a converte na terceira familia con maior riqueza de especies logo das compostas (Asteraceae) e as orquídeas (Orchidaceae). Esta riqueza de especies áchase particularmente concentrada nas ramas das mimosóideas e as fabóideas, xa que conteñen cerca do 9,4% da totalidade das especies das eudicotiledóneas.

Estimouse que ao redor do 16% de todas as especies arbóreas nos bosques chuviosos neotropicais son membros desta familia. Así mesmo, as Fabáceas son a familia máis representada nos bosques tropicais chuviosos e nos bosques secos de América e África.Independentemente dos desacordos que até hai pouco tempo existiron ao redor de se as Fabáceas deberían ser tratadas como unha soa familia composta de tres subfamilias ou como tres familias afastadas, existe unha gran cantidade de información e evidencias tanto moleculares como morfolóxicas que sustentan que as leguminosas son unha soa familia monofilética.Este punto de vista reforzouse non só polo grao de interrelación que exhiben diferentes grupos dentro da familia comparados con aquel achado entre as leguminosas e os seus parentes máis próximos, senón tamén por tódalas recentes análises filoxenéticas baseadas en secuencias do ADN.

Tales estudos confirman que as leguminosas son un grupo monofilético e que está estreitamente relacionado coas familias Polygalaceae, Surianaceae, e Quillajaceae xunto ás que conforman a orde Fabales.Xunto cos cereais e con algunhas froitas e raíces tropicais, varias leguminosas foron a base da alimentación humana durante milenios, sendo o seu uso un compañeiro inseparable da evolución do home.

Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.