Abstención

En política, a abstención[1] é unha das opcións ou posicións posíbeis na que se encadrar perante un escenario de toma de decisións, coma pode ser un referendo ou unha votación. Quen practica a abstención non emite a súa opinión en forma de voto. Ten certos paralelismos co voto en branco, aínda que non son o mesmo. Ás veces o carácter político a abstención aparece reforzado se é precisa unha determinada porcentaxe de votantes sobre o total do corpo electoral para validar o resultado.[2]

Nunhas eleccións considéranse "abstencionistas" aqueles electores que non acoden ás urnas. Este tipo de abstención denomínase abstención pasiva. Considérase, en troques, abstención activa á suma de votantes que emiten votos en branco e nulos, aínda que en ocasións se propugna a non participación nunha consulta popular como unha postura política de protesta, cuxos partidarios considerarán polo tanto activa toda a abstención que se produza. Dependendo das lexislacións de cada estado, o abstencionismo pode ser legal -como no Estado español- ou ben unha falta puníbel.

Para os membros dun Parlamento (deputados ou senadores) a abstención e o voto en branco son equivalentes, mentres que a non comparecencia ten distintos efectos, posto que, dependendo do regulamento, pode alterar o quórum e o cálculo das maiorías.

Abstencion
Logotipo abstencionista.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Abstención.
  2. Italia: resultados de referéndum ponen en aprietos a Berlusconi Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., nova en El Comercio de Perú o 13 de xuño de 2011 (en castelán).
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Alianza Popular

Alianza Popular, coñecida tamén polas siglas AP, foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na súa maioría por ex ministros franquistas.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Eleccións Xerais 1873 en España

A eleccións xerais de 1873 en España celebráronse o 10 de maio de 1873 baixo sufraxio universal masculino. Foron convocadas polo presidente da Primeira República Española, Estanislao Figueras, coa intención de elaborar unha nova constitución. En total foron escollidos uns 383 deputados, ademais dos 15 de Porto Rico e 18 de Cuba.

As eleccións, con todo, desenvolvéronse en condicións moi pouco ortodoxas, e a súa representatividad resultou ridícula ata para a época, pois non se presentaron ás eleccións nin os monárquicos carlistas, que estaban en guerra desde 1872, nin os monárquicos alfonsinos de Cánovas del Castillo, nin os republicanos unitarios, nin tan sequera as incipientes organizacións obreiras adscritas á Internacional, que se pronunciaron pola abstención. Foron posiblemente os comicios coa participación máis baixa da Historia de España.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 celebráronse o 20 de outubro. Cun censo de 2 174 246 electores, os votantes foron 1 006 222 (46,3%) e 1 168 024 as abstencións (57,3%). Foi a porcentaxe de abstención máis alta nunhas eleccións autonómicas. Alianza Popular foi a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD. Grazas a un compromiso entre as dúas forzas máis votadas Gerardo Fernández Albor (AP) foi nomeado primeiro presidente da Xunta de Galicia. As forzas galeguistas e de esquerda lograron unha representación moi exigua. Pola súa banda, os deputados do BNPG decidiron non acatar a constitución, polo que foron expulsados do Parlamento.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.

En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.

Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.

En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas

A finalidade da Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas é poñer fin ao conflito do Líbano e Israel e foi aprobada por unanimidade polos membros do consello o 11 de agosto do 2006. O goberno libanés, que incluía dous membros de Hezbollah, aprobou a resolución ao día seguinte, tamén por unanimidade. O mesmo día, o líder de Hezbollah Hassan Nasrallah, dixo que a súa milicia cumpriría coa demanda dun cesamento do fogo. Tamén afirmou que cando acabase a ofensiva israelí, Hezbollah acabaría cos ataques contra Israel. O 13 de agosto, o gabinete israelí votou 24-0 en favor da resolución, cunha abstención. O cesamento do fogo iniciouse o 14 de agosto do 2006 ás 8 am do horario local, despoís dun aumento de número de ofensivas polos dous bandos.

Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

A resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou a admisión de Palestina como Estado observador non membro da Organización. Sen prexuízo dos dereitos xa adquiridos pola Organización para a Liberación de Palestina (OLP), o status de Palestina nas Nacións Unidas pasou de ser entidade non membro da Organización a Estado non membro, semellante á situación da Santa Sé. A resolución aprobouse o 29 de novembro de 2012 na 67.ª sesión da Asemblea Xeral, coincidindo co Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino. A resolución aprobouse por unha ampla maioría da Aeamblea, aínda que contou con rexeitamento frontal do Estado de Israel, parte implicada no conflito árabe-israelí.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Socialdemocracia

A socialdemocracia é unha ideoloxía política que xurdíu a finais do século XIX e principios do XX do seo do marxismo, crían que a transición a unha sociedade socialista podería lograrse mellor mediante unha evolución dentro da democracia representativa que mitigara os efectos do capitalismo antes que por algún outro método. Os socialdemócratas pretenden reformar o capitalismo democráticamente mediante a regulación estatal e a creación de programas e organizacións patrocinados polo Estado para aliviar ou quitar as inxustizas que eles pensan son inflixidas polo sistema capitalista de mercado.

Con anterioridade, describirase aos socialdemócratas como socialistas reformistas (dado que avogaban polo desenvolvemento do socialismo a través de reformas parlamentarias graduais) en contraste cos socialistas revolucionarios, que pretendían acadar o socialismo mediante unha revolución obreira ou caso contrario por medio dunha evolución extraparlamentaria non estatal. A socialdemocracia tamén aborda os temas valóricos desde un prisma progresista. É o sector da esquerda partidista máis importante do mundo contemporáneo.

Con frecuencia, utilízanse os termos "socialismo" ou "socialista" en referencia á socialdemocracia e aos socialdemócratas, aínda que o concepto "socialismo" é máis amplo, xa que en diferentes países poden incluír a socialistas democráticos, marxistas, comunistas e anarquistas. Mentres algúns consideran á socialdemocracia unha forma moderada do socialismo, outros, definindo o socialismo no significado tradicional ou marxista, rexeitan esta designación

Vexetarianismo

O vexetarianismo e ó réxime alimentario que ten como principio a abstención de carne e peixe e que se basea no consumo de cereais, legumes, froitas e vexetais. A persoa que practica este tipo de dieta é coñecida como vexetariana.

Dentro da práctica vexetariana hai distintos tipos e graos. As persoas que non admiten ningunha inxesta de produtos derivados dos animais (coma o ovo ou os lácteos) son denominadas vexetarianas estritas ou, en moitos casos, veganas. Aquelas que consomen ovos e leite coñécense como ovolactovexetarianas.

Neste tipo de dieta acéptase a cocción dos alimentos e o consumo de produtos refinados (os máis comúns son o azucre e a fariña) ademais de pastas brancas, frituras e alimentos en conserva ou aqueles ós que se lles engadiron colorantes e/ou conservantes. Isto diferénciaa doutros tipos de dietas, coma a macrobiótica e naturista.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.