Abezames

Abezames é un concello da comarca de Terra de Campos, ao seu paso pola provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España Ten unha superficie de 12,26 quilómetros cadrados, cunha poboación de 98 habitantes.

Destaca ao achegarse ao pobo, polo tono da súa pedra gris presidindo, no alto, toda a localidade, a igrexa de San Miguel, a actual parroquia. Ao outro lado, nas aforas, están as ruínas da que foi tamén parroqui até o primeiro terzo do século XX, a igrexa de San Salvador. A elevación máis destacada é o cerro ou teso Lutero, relativamente próximo ao núcleo de poboación. Ao lado, ao oeste, vello pombais, hoxe derruídos, poden verse nas terras circundantes, similares aos máis coñecidos da veciña Malva. O río, case todo o ano seco, que atravesa a localidade, é o Adalia (arroyo de Adalia), que desemboca no río Douro, entre Touro e Monte la Reina.

Abezames
Localización
PaísEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Xeografía
Superficie23,26 km² km²
Demografía
Poboación98 hab. (INE 2007)
Densidade4,21 hab./km²

Demografía

Evolución da poboación de: Abezames desde 1991 ata 2007
1991 1996 2001 2004 2007
124 118 104 95 98

Restos arqueolóxicos

No despoboado de Mompodre, acháronse cerámicas da primeira Idade de Ferro, e cerámicas celtíberas, así como un asentamento romano.

A igrexa de San Miguel

Nesta igrexa, o retablo maior, é obra de Pedro Roldán, deseñouse en 1734 e concluíuse ao ano seguinte. En 1742 dourárono mestres de Valladolid, e actualmente foi restaurado. Alberga varias pezas renacentista, como o medallón de talla con busto de San Simón, colocado nunha reixa de forxa do XVIII e unha talla de San Xoán Bautista.

Historia

En Abezames, nomeada como Avecames en documentos do Real Mosteiro de Sancti Spiritus de Touro, consta que en 1420 houbo un castelo erixido onde hoxe se atopan as ruínas da igrexa de San Salvador. Tiña dúas parroquias, outras tantas ermidas e un hospital para peregrinos pobres.

Festas

  • Primeiro domingo de agosto, o Corazón de María e Xesús.
  • O 28 de setembro, San Miguel Arcanxo.
  • O 15 de maio, San Isidro.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.