Abeleira

A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.

Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.

A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.

Abeleira
Abeleira no inverno

Abeleira no inverno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotiledóneas
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae ou Corylaceae[1]
Xénero: Corylus
Especie: C. avellana
Nome binomial
Corylus avellana
L.

Etimoloxía

Abeleira e abraira virían de abelá, termo que procede do latín nux abellana, que significa "noz de Abelá"[2]. Existe a variante dialectal abelaira. O nome científico avellana derivada vila de Avella en Italia,[3] e foi escollido por Linné de De historia stirpium commentarii insignes (1542), de Leonhart Fuchs, onde a especie se describía coma "Avellana nux sylvestris" ("noz brava de Avella").[4]

Distribución

É nativa de Europa e do oeste de Asia, dende as Illas británicas, chegando polo sur á Península Ibérica, Grecia, Turquía e Chipre; polo norte até Escandinavia, e polo leste até os montes Urais, o Cáucaso, e o noroeste do Irán.[5][6][7]

Descrición

Hazel Catkins aka
Candeas masculinas na abeleira común

É unha arboriña (ás veces considerada arbusto) que acada entre 3 e 8 metros de altura, aínda que algúns exemplares poden chegar até os 15 metros. As follas son caedizas, arredondadas, aveludadas polas dúas faces, co extremo rematado en punta, e os bordos dobremente serrados, de entre 6 e 12 cm. As flores masculinas aparecen no outono, volvéndose máis longas e de cor amarela na primavera, as femininas son moi pequenas e longas, cando se desenvolven dan lugar a acios de 1 a 4 abelás. As candeas masculinas son dun amarelo pálido, de 5–12 cm de longo, mentres que as femininas son miudiñas, avermelladas, de 1–3 cm de longo cos stilos visíbeis. O froito é botanicamente unha noz, producida en acios dun a cinco, cada noz metida nun invólucro, que cobre 3 cuartos da abelá. A abelá é practicamente esférica ou un chisco oval, de 15–20 mm de longo e 12–20 mm de ancho (pode chegar aos 25 mm de longo nalgunhas abelás cultivadas seleccionadas), de cor castaña amarelada, cunha cicatriz pálida na base. A propia abelá cae do invólucro cando está ben chegada, aos 7-8 meses logo da polinización[5][7][8].

Distínguese da especie moi achegada Corylus maxima ) polo invólucro curto; nesta abeleira, a abelá fica practicamente fechada.[5]

Ecoloxía e usos

Hazelnut in blossom
Corylus avellana 'Contorta'.

A abeleira brava é común en moitos bosques europeos. É importante coma compoñente nas sebes, que tradicionalmente choen as leiras da Europa atlántica, incluíndo Galiza e o sur de Inglaterra. As varas empregábanse en cestaría, na fabricación de canastros e para tecer valados.[5] Un cultivar coas pólas tortas, Corylus avellana 'Contorta', emprégase coma ornamental.

É unha especie de grande importancia ecolóxica.[Cómpre referencia] As follas forcecen alimento para moitas especies animais, incluíndo as bolboretas, avelaíñas e eirugas (Alabonia geoffrella).

Os froitos son importantes para a vida salvaxe, tanto para invertebrados adaptados para eludir a casca, coma vertebrados (como esquíos ou corvos).

Da abeleira obtéñense varas que se utilizan na elaboración de ferramentas, estas varas aparecen asociadas tradicionalmente coa maxia e a sabedoría e utilízanse en cestaría de xeito semellante ao vimbio. A abeleira é unha das árbores sagradas do calendario celta; tamén se relaciona coas meigas.[Cómpre referencia]

Nome común

Evellaneira, avellano, avellaneiro, avellaneira, avellanairo, avellán, abrano, abrana, abraira, abraeira, ablaira, abilleira, abelloteiro, abelera, abeleiro, abeleira, abelao, abelaneira, abelanceira, abelán e abelaira[9].

Galería de imaxes

Illustration Corylus avellana0

Ilustración das follas, flores e froito.

Corylus avellana. Abeleira

Corylus avellana.

Abelás en Celanova - Galiza

Froito da abeleira: abelás en Celanova

Notas

  1. Fitter, R. and Fitter A., The Wild Flowers of Britain and Northern Europe (1978) 3rd Eds. William Collins & Sons Ltd, Glasgow
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 206.
  3. Mitchell, A. F. (1982). The Trees of Britain and Northern Europe. Collins ISBN 0-00-219037-0
  4. Linnaeus, C. (1753). Species Plantarum p. 998.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Rushforth, K. (1999). Trees of Britain and Europe. Collins ISBN 0-00-220013-9.
  6. Den Virtuella Floran: map
  7. 7,0 7,1 Trees for Life Hazel species profile Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine.
  8. Flora of NW Europe: Corylus avellana Arquivado 02 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  9. "Abeleira (Coryllus avellana L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 17 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Abeleira, Losón, Lalín

A Abeleira é un lugar da parroquia de Losón, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza.

A Abeleira, O Buriz, Guitiriz

A Abeleira é un lugar da parroquia do Buriz no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2012 tiña 7 habitantes (4 homes e 3 mulleres).

A Abeleira, O Val de Xestoso, Monfero

A Abeleira é un lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 8 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 6 eran homes e 2 eran mulleres.

A Abeleira, Rodís, Cerceda

A Abeleira é un lugar da parroquia de Rodís no concello coruñés de Cerceda na comarca de Ordes. Tiña 36 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE, dos cales 14 eran homes e 22 eran mulleres.

A Abeleira, Sendelle, Boimorto

A Abeleira é un lugar da parroquia de Sendelle no concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Tiña 1 habitante no ano 2010 segundo datos do INE, que era 1 home.

A Abeleira, Trasanquelos, Oza-Cesuras

A Abeleira é un lugar da parroquia de Trasanquelos no concello coruñés de Oza-Cesuras, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 7 habitantes (3 homes e 4 mulleres).

A Abeleira de Bocixa, Soandres, A Laracha

A Abeleira de Bocixa é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 1 habitante no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, que era 1 muller.

Abelá

A abelá (da expresión latina abellana (nux) ‘noz de Abella’, lugar da Campania onde abundaban estes froitos) é o froito da abeleira (Coryllus avellana).

Arbusto

Un arbusto é un vexetal leñosos de mediano porte, entre as herbáceas e os árbores; é un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.

A diferenza das árbores, que só teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, tamén son chamados neste caso gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, sendo considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).

Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.

É frecuente que especies que se presentan normalmente coma arbustos crezan coma árbores, ou onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).

As plantas rubideiras considéranse por algúns coma arbustos gateadores.

O Abelar, Curtis, Curtis

O Abelar é un lugar da parroquia de Curtis no concello coruñés de Curtis da comarca de Betanzos. Segundo o INE en 2009 tiña 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres). Este lugar dista da capital do concello 1 quilometro.

O fitónimo O Abelar refírese á abelá, o froito da abeleira.

O Abeleiral, Seixas, As Somozas

O Abeleiral é un lugar da parroquia de Seixas no concello coruñés das Somozas, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

O fitónimo O Abeleiral fai referencia á abeleira.

O Buriz, Guitiriz

San Pedro do Buriz é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 380 habitantes (196 mulleres e 194 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 421 habitantes.

O Cal da Abeleira, O Val de Xestoso, Monfero

O Cal da Abeleira é un lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 9 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 5 eran homes e 4 eran mulleres.

O Val de Xestoso, Monfero

San Pedro do Val de Xestoso é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Monfero na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 417 habitantes (203 mulleres e 214 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 538 habitantes.

Ramón Abeleira Menéndez

Ramón Abeleira Menéndez foi un político de mediados do século XIX, alcalde presidente de Vigo.

Soandres, A Laracha

San Pedro de Soandres é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 860 habitantes (431 mulleres e 429 homes) distribuídos en 62 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.040 habitantes.

Trasanquelos, Oza-Cesuras

San Salvador de Trasanquelos é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 191 habitantes (96 mulleres e 95 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 272 habitantes.

Xoán Abeleira

Xoán Abeleira Álvarez, nado en Maracay (Venezuela) o 24 de xuño de 1963, é un escritor, tradutor e xornalista galego.

Árbore froiteira

Unha árbore froiteira é calquera árbore produtora de froitas; as estruturas formadas polo óvulo maduro dunha flor que contén unha ou máis sementes. Porén, xa que todas as plantas con flores producen froitos, o termo empregado na horticultura designa ás árbores que fornecen froitas coma alimento do ser humano. Esta designación inclúe tamén as árbores que producen núculas (noces), os chamados froitos secos. Aínda con ser botanicamente incorrecto, adóitase considerar árbore froiteira a que produce unhas envolturas exteriores carnosas en certas sementes; que son chamadas arilos (falsos froitos).

A disciplina científica e parte da agricultura que se ocupa do estudo dos froitos comestíbeis denomínase pomoloxía. Céntrase no desenvolvemento das técnicas de cultivo e os estudos fisiolóxicos das árbores froiteiras.

A horta onde hai diferentes árbores froiteiras recibe en Galicia o nome de pomar, especialmente cando son maceiras (de aí nome: pomo=mazá). En Galicia as froiteiras tradicionalmente cultivadas son a maceira, a ameixeira, a cerdeira e a pereira. No sur do país inclúense tamén a videira, a figueira, o pexegueiro e incluso o limoeiro e mais a oliveira (hoxe practicamente desaparecida). Recentemente entraron novas especies nas Rías Baixas coma o kiwi ou a feixoa. Nas fragas tamén aparecen árbores foriteiras bravas: a cerdeira brava, a pereira brava, a maceira brava, o abruñeiro, a sorbeira, o sabugueiro e nas zonas más cálidas o érbedo. Tamén son comúns bravos ou cultivados o castiñeiro, a abeleira e a nogueira, coma froitos secos.

Froiteiras de óso: xénero Prunus: pexego, ameixa...

Froiteiras de carabuña: pomos: maceira, pereira...

Cítricos: limeira, laranxeira, limoeiro, pomelo, mandarineira...

Árbores de froitos secos: abeleira, amendoeira, castiñeiro, nogueira...

Froiteiras tropicais: bananeira, mangueira, coco, anacardio etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.