Abanca

Abanca é a marca comercial coa que opera o banco galego NCG Banco dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.[1]

ABANCA Corporación Bancaria S.A.
Abanca logo
TipoSociedade anónima
MatrizABANCA Corporación Bancaria S.A.
Localizaciónr/ Cantón Claudino Pita nº 2. Betanzos, A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveJuan Carlos Escotet
IndustriaBanca
ProdutosServizos financeiros
Beneficio50 784 millóns de euros (activos en 2017)
Páxina webabanca.com

Historia

Cartel ABANCA Coruña
Anuncio de Abanca na Coruña.
Anuncio ABANCA e Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia A Coruña
Anuncio de Abanca ó lado da Sede Afundación na Coruña.

En abril de 2014, Banesco, vencedor da poxa de NCG Banco a través de Banco Etcheverría, anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco cando se materializara a adquisición de NCG Banco e se substituiría por unha nova.[2]

O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela.[3] O 27 de xuño de 2014, a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca Abanca.[1]

Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén baixo a marca Abanca. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano.[4]

Características

Abanca é «un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir ós galegos»[5], en palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego vai acompañada dun lema, "Sentir Común", «que aglutina tódolos valores do novo banco que nace con esta marca: a responsabilidade, a confianza, a calidade, a sinxeleza, a innovación».[3][5]

Galería de imaxes

Sucursal de ABANCA en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa

Sucursal de Abanca en Santa Cristina de Cobres.

Oficina Abanca Coruña-praza Obelisco

Oficina de Abanca na Coruña.

Abanca Ribadeo

Oficina de Ribadeo

Notas

  1. 1,0 1,1 "Abanca culmina el cambio de imagen corporativa" La Región, 27/6/2014 (en castelán).
  2. "Banesco suprimirá la marca Novagalicia" finanzasdigital.com 9/4/2014
  3. 3,0 3,1 "Nace Abanca, «un banco para Galicia»" ABC, 26/6/2014 (en castelán).
  4. "Banco Etcheverría y Novagalicia Banco serán 'Abanca'" ileon.com (en castelán).
  5. 5,0 5,1 Cita orixinal en castelán, tradución da Galipedia.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura

100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura foi unha exposición temporal itinerante do Consello da Cultura Galega. Inaugurada en maio de 2016 en Santiago de Compostela, en outubro pasou á Coruña e en xaneiro de 2017 a Vigo, onde rematou no mes de abril.

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

A Carballa, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Carballa é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 80 habitantes (42 homes e 38 mulleres).

Neste lugar atópase o a casa consistorial, o centro de saúde, o CPI As Revoltas, a piscina municipal climatizada, o pavillón de deportes con ximnasio e unha sucursal de Abanca.

Afundación

Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.

Banco Etcheverría

O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria española fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España.

O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).O 14 de novembro de 2014 produciuse a súa fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.

Caixa Galicia

Caixa Galicia foi unha entidade financeira de Galiza, activa entre 1978 e 2010. Foi a maior de Galiza e unha das dez maiores de España nos anos finais do século XX. Cunha rede superior ás 800 oficinas en todas as comunidades autónomas españolas, a entidade estaba tamén presente en dez países de Europa e América, incluíndo as súas últimas aberturas en Miami, Panamá, e Brasil. Logo dunha importante crise económica e financeira, en 2010 anunciouse a súa fusión con Caixanova, dando lugar a Novacaixagalicia e posteriormente a Abanca.

Caixanova

A Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra máis coñecida pola súa marca comercial Caixanova, foi unha entidade financeira privada, activa entre 2000 e 2010.

Club Rápido de Bouzas

O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol español da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo, fundado en 1914. En 2017 ascendeu a Segunda División B. No ano 2014 foi galardoado co premio Vigués distinguido.

Colección Afundación

A Colección Afundación, anteriormente Colección Novacaixagalicia e antes Colección Caixanova, é unha colección artística de Afundación, obra social de Abanca, a mellor colección privada de arte galega.

Deportivo da Coruña Feminino

O Real Club Deportivo da Coruña Feminino é un equipo de fútbol feminino español da cidade da Coruña que milita na Primeira División, logo de ascender na tempada 2018–19. Actualmente tamén recibe o nome de Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio.

Foi refundado en 2016 grazas a un convenio de colaboración entre o Orzán S.D. e o Real Club Deportivo da Coruña. A entidade branquiazul adquiriu as prazas de Segunda división e Primeira autonómica (para o filial) para os seus dous novos equipos, aos que engadiu o seu nome, marca e distintivos identitarios; a cambio, firmáronse diferentes acordos deportivos, estruturais e económicos cos clubs de referencia da cidade co obxectivo de favorecer o crecemento do fútbol feminino.

Este novo proxecto continúa os pasos do pioneiro, exitoso e histórico Karbo Deportivo, equipo coruñés da década dos 80 campión ata en tres ocasións da Copa da Raíña.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Estadio Municipal de Riazor

O Estadio Municipal de Riazor (Abanca-Riazor por motivos de patrocinio) é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña.

Cunha capacidade para 32.660 espectadores sentados tras a reforma de 1995 a 1998 e un terreo de xogo cunhas medidas de 105×68 metros tras ser remodelado en 1982, é o estadio con maior capacidade de Galicia. O seu enderezo é Rúa de Manuel Murguía, s/n 15011 - A Coruña.

Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

NCG Banco

NCG Banco, S.A. é a primeira entidade financeira de orixe galega xurdida o 14 de setembro de 2011 como resultado do proceso de segregación do negocio bancario de Novacaixagalicia.

Cuns activos por un valor de 70.269 millóns de euros, 5.946 profesionais, 2,7 millóns de clientes e unha estrutura composta por 919 oficinas en todo o territorio español e once países de Europa e América, NCG Banco, S.A. é matriz dun dos principais grupos financeiros do mercado español.

En Galicia, Asturias e León operou baixo a denominación comercial Novagalicia Banco ata o cambio por ABANCA, e no resto de España como EVO Banco.

Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), responsable da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca maiorista para operacións en mercados financeiros.NCG Banco, S.A. participa ademais no accionariado de máis de 220 sociedades, a través do seu brazo industrial NCG Corporación.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Pazo de San Roque

Non confundir co pazo de San Roque de Santiago de Compostela.O pazo de San Roque é unha casa señorial de finais do século XVII que se atopa no outeiro de San Roque, en Vigo. O edificio é propiedade de Abanca, porén a leira da antiga mansión é hoxe en día un parque municipal aberto ao público, o Parque de San Roque. Cada 16 de agosto celébranse, dende o século XVIII, na carballeira e capela de San Roque as festas de San Roque, de gran devoción en Vigo.

Pazo dos Condes de Ximonde

Non confundir co Pazo de Ximonde en Vedra, propiedade tamén da familia Ximonde.O pazo dos Condes de Ximonde ou Pazo de Ramirás en Santiago de Compostela é unha residencia urbana palaciana, situada no número 23 da rúa do Preguntoiro, na cidade vella.

Foi a residencia señorial dos Condes de Ximonde nesa cidade. Hoxe é un edificio dedicado a actividades culturais, sede do Auditorio Abanca de Afundación.

Premio Arcebispo Xoán de San Clemente

O Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, que na edición de 2019 pasou a chamarse comercialmente Premio San Clemente Rosalía-Abanca, é un galardón con dotación económica que se falla anualmente en Santiago de Compostela e distingue obras de narrativa en lingua galega, castelá e outras de literatura estranxeira.

Primeira división española 2019/20

A tempada 2019–20 da Primeira División (por motivos de patrocinio LaLiga Santander) será a 89ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezará o 16 de agosto de 2019 e rematará o 24 de maio de 2020.

A máxima categoría contará con tan só un representante galego, o Celta de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.