Abade

Un abade[1] (do arameo abba 'pai', a través do grego abbás e o latín abbăte)[2] é o superior dunha comunidade de monxes. Na Igrexa ortodoxa recibe o nome de hegumenos ou arquimandrita. En galego a superiora dunha comunidade de freiras denomínase abadesa (do latín tardío abbătissa)[2].

O título ten a súa orixe nos mosteiros de Siria, axiña esparexidos no Oriente Medio e Europa. Ao primeiro era un título de respecto dado a todos os monxes, pero axiña quedou restrinxido ao superior. O título de abade é de uso xeral nas ordes monásticas occidentais, aínda que en ordes como os dominicanos, carmelitas e agostiños recibían o nome de Praepositus, Provost e Prior, e entre os franciscanos Custos.

En Exipto o abade non tiña definida a súa xurisdición; ás veces rexía unha comunidade, outras varias. A partir da Regra de San Bieito o abade só ten a xurisdición sobre unha soa comunidade. Isto cambiou coa creación da Orde cluniacense, cando se recoñeceu a existencia dun abade supremo que exerce xurisdición sobre todas as casas dunha orde.

Template-Abbot - Provost
Insignias abaciais para brasón de armas dun abade

Notas

  1. Tamén recibe ese nome o sacerdote titular dunha parroquia, fonte: Dicionario da Real Academia Galega
  2. 2,0 2,1 Meixide Figueiras, Cándido (coord.) (2016). Dicionario de Secundaria e Bacharelato Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-519-2.

Véxase tamén

A Veiga de Espiñareda

A Veiga de Espiñareda (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as parroquias que fican á esquerda do río Cúa son galegofalantes, mentres os demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa. Á única excepción nesa marxe do río é a Val de Finolledo que é galegofalante .

A Vila de Abade, Tordoia

San Cibrán da Vila de Abade é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Tordoia. Segundo o IGE en 2014 tiña 464 habitantes (246 mulleres e 218 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 669 habitantes.

Abade, Moeche

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Abadía

Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameo abba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.

Abadín

Abadín ( pronunciación ) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.646 habitantes. (2.896 no 2009, 3.141 no 2006, 3.201 no 2005, 3.256 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «abadinés» ou «abadinense» .

Anastasio IV, papa

Anastasio IV (nome de bautizo Conrado di Suburra), nado en Roma, sobre 1073 e finado o 3 de decembro de 1154, foi Papa do Igrexa católica do 1153 ao 1154.

Arquitectura románica

A arquitectura románica, o estilo arquitectónico da arte románica, está ligada ás grandes reformas monacais, ás peregrinacións e ás cruzadas, tamén coincidiu co renacemento da cidade como núcleo urbano e de produción artesanal e que urbanisticamente xiraba arredor do edificio da igrexa-catedral.

O mosteiro de Cluny coa elección do abade polos propios monxes como reacción ó poder dos señores feudais no seo das abadías, converteuse no centro espiritual da Europa Occidental e como organizador de cruzadas estableceu o contacto entre os diferentes pobos e como consecuencia un tipo de arquitectura común, renovando os conceptos da herdanza clásica romana, incluíndo tamén a tradición prerrománica e a oriental a través de Bizancio e o mundo árabe. O material de construción utilizado foi o perpiaño e como novidade as igrexas e mosteiros divídense en varios tramos, a cuberta componse na maioría dos casos por unha bóveda de canón que se divide en varios tramos independentes o que posibilita o abaratamento da construción ao permitir a utilización dunha mesma cimbra varias veces, a técnica requiría o reforzo da bóveda con arcos de perpiaño, o que obrigaba a levantar piares compostos como sistemas de apoio para transmitiren os empurramentos ás naves laterais que se absorben grazas a grosos muros de peche reforzados mediante contrafortes. Outros elementos arquitectónicos utilizados foron o arco de medio punto, a bóveda de aresta, a bóveda de cuarto de esfera.

Característico da arquitectura románica foron as igrexas de peregrinación que tiñan como función acoller peregrinos, nestas igrexas modifícanse e amplíase a planta basilical da igrexa-catedral, desenvólvese o transepto e multiplícanse as naves prolongándoas arredor do presbiterio dando lugar á deambulatorio.

Bieito XII, papa

Bieito XII (nado en Saverdun cara 1280 e falecido en Avignon o 25 de abril de 1342), foi o Papa nº 197 da Igrexa católica.

De nome Jacques Fournier, era fillo da modesta familia dun panadeiro. Ingresou como monxe cisterciense no mosteiro de Boulbonne, desde onde se trasladou á abadía de Fontfride, onde seu tío era o abade. Este enviouno a estudar teoloxía a París.

Tras finalizar en 1310 os seus estudos, sucedeu ó seu tío como abade en Fontfride. En 1317 foi nomeado bispo de Pamiers, cargo no que destacou como perseguidor dos herexes cátaros.

En 1326 pasou a ser bispo de Mirepoix, é ó ano seguinte foi nomeado cardeal, recibindo o alcume de "cardeal branco", ó conservar o hábito da orde cisterciense.

Foi elixido Papa o 4 de decembro de 1334. Dise que ó coñecer o resultado gritou ós cardeais "Elixiron un asno". Foi consagrado o 8 de xaneiro de 1335.

Nun principio quixo volver a fixar a sé pontificia en Roma, pero ante a conflitiva situación da península itálica, mantivo a sé en Avignon, onde comezou a construción do pazo dos Papas.

Promulgou en 1336 a bula Benedictus Deus, na que fixou oficialmente a doutrina católica sobre a visión beatífica, segundo a cal os falecidos en graza de Deus gozan da súa visión ata o xuízo Final.

Durante o seu pontificado combateu a simonía e o nepotismo, e tratou de reverter o Cisma de Oriente e Occidente.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Abbas frigidus (O abade frío), facendo referencia a que antes de ser elixido pontífice foi sacerdote do Mosteiro de Fontfride (Fonte Fría).

Campo, O Irixo

Santa María de Campo é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 544 habitantes (277 homes e 267 mulleres), 52 menos ca en 1999.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Mauro de Anjou

Non confundir con Santo Amaro.

Mauro de Anjou, nado en Roma no ano 511 e finado o 15 de xaneiro de 584, abade de Glanfevil, chamado despois san Mauro do Loira ou de Anjou, foi un relixioso cristián do século VI.

Orde de Cluny

A Orde de Cluny é unha orde bieita da Igrexa católica que se creou o 11 de setembro de 909, despois de que Guillerme I de Aquitania doase a vila de Cluny ao papado para fundar un mosteiro de doce freires; segundo a carta de fundación eran eles os que debían elixir o abade.

En Cluny adoptouse a regra de San Bieito, reformada por Bieito de Aniane, que buscaba a observancia dunha vida espiritual intensa de cada monxe individual e que daba moita importancia á liturxia. Berno foi o primeiro abade, e á súa morte no ano 927 substituíuno Odón e o prestixio da abadía estendeuse por outros mosteiros franceses que adoptaron a súa regra.

Na Alta Idade Media tivo lugar o punto máis álxido do seu desenvolvemento. No século XII entre 1400 e 2000 mosteiros, dende Polonia ata Inglaterra, rexíanse pola regra cluniacense e aceptaban a autoridade e xurisdición do abade de Cluny. Entre 1088 e 1124 os papas pertenceron á Orde.

A orde entrou na Península Ibérica no século XI por medio de doazóns de Sancho III O Maior de mosteiros no trazado do Camiño de Santiago, política que continuaron outros reis e señores peninsulares. En Galicia o nobre Iñigo Vermúdez doou o mosteiro de San Salvador de Vilafrío á orde no ano 1075.

Orde de San Bieito

A Orde de San Bieito (O.S.B.) é unha orde relixiosa fundada por Bieito de Nursia, que segue a Regra ditada por este para a abadía de Montecasino. Bieito de Nursia contribuíu decididamente na evanxelización cristiá da Europa polo que foi declarado Patrón de Europa.

Actualmente a Orde está estendida por todo o mundo, con mosteiros masculinos e femininos.

Seguindo o seu exemplo e inspiración, diversos fundadores de ordes relixiosas basearon a normativa dos seus mosteiros na Regra deixada por Bieito, cuxo principio fundamental é Ora et labora, é dicir, reza e traballa.

Os mosteiro beneditinos están sempre dirixidos por un superior que, dependendo da categoría do mosteiro, pode chamarse prior ou abade; este é escollido polo resto da comunidade.

O ritmo de vida beneditino ten como eixe principal o Oficio Divino, tamén chamado Liturxia das Horas, que se reza sete veces ao día, tal como San Bieito ordenara. Xunto coa intensa vida de oración en cada mosteiro, trabállase en diversas actividades manuais, agrícolas etc, para o sustento e o autoabastecemento da comunidade.

Orde do Císter

A orde do Císter (en latín: Ordo cisterciensis, o.Cist.) é unha orde relixiosa fundada en Citeaux por Roberto de Molesmes no ano 1098. Foron coñecidos na idade media como os monxes brancos, pola cor do seu hábito, en oposición aos monxes negros, que eran os beneditinos.

Ó perde-la orde de Cluny o seu fervor á causa das riquezas acumuladas, xorde a reforma cisterciense, saída do mosteiro do Císter en Borgoña.

O Císter chega ó seu maior esplendor no século XII, en tempos de Bernardo de Claraval, abade do mosteiro de Claraval.

No ano 1427, en Santa María de Sión, na periferia de Toledo, frei Martín de Vargas fundou a Congregación Cisterciense Reformada, tamén coñecida como Congregación de Castela. No caso das comunidades cistercienses galegas os efectos deste feito tardaron en chegar, nalgúns casos incluso un século, pero cando o fixeron supúxolles a moitas delas trocos moi importantes na súa organización.

Os cregos na cultura popular galega

Os cregos, curas ou abades, na cultura popular galega, deron pé a abundante fraseoloxía impregnada, en boa parte dos casos, de certa retranca crítica e burlona en relación co seu comportamento sexual e a súa afección á boa mesa. En moitos casos, esa literatura popular nace dun mal disimulado anticlericalismo.

Así, Risco conta que a xente da aldea lles critica moito o seu suposto apego ó diñeiro, do que xorden comentarios como estes: "De que achegan o bico ó cáliz, xa non teñen quebradeiros de cabeza", ou que "o purgatorio fixérono os curas, para sacaren cartos con misas e responsos". Por esta causa foron un obxectivo preferente para as cuadrillas de ladróns que daban por suposto que agochaban unha fortuna nas súas casas.

Entre os mariñeiros era de mal agoiro falar a bordo de curas ou de raposas. Críase que con só mencionalos se aseguraba a falta de pesca ou mesmo un accidente; Eliseo Alonso aumenta a lista de temas vedados a cobras, zapateiros ou xastres. Asegúrase que ningún armador ou patrón levaría nunca un cura a bordo da súa barca, incluso cando non fosen a pescar .

Sacerdote

O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade.

Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.

O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En Galicia recibe popularmente os nomes de crego, cura, párroco ou, debido á influencia dos frades bieitos, abade.

San Martín de Arroxo, A Fonsagrada

San Martín de Arroxo é unha parroquia do concello da Fonsagrada. A súa superficie é de 12,5 km². Tiña 87 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 46 homes e 41 mulleres. O que supón unha diminución de 67 habitantes respecto ao ano 2001 cando tiña 154 habitantes e 98 menos que en 1991. Os 87 veciños están repartidos en 12 lugares: Abade, Brancio, O Caleiro, Candelos, Castro de Martul, Ervellais, Novío, Río de Bangos, Río de Toxos, San Martín, Veiga de Donas e Vilamaior. Limita ao norte con Cereixido, ao sur con Navia de Suarna, ao leste con Vilabol de Suarna e ao oeste con Lamas de Moreira.

Soberanía

Enténdese como soberanía ao exercicio da autoridade que, na maioría de sistemas políticos da actualidade, reside no pobo e é exercida a través dos poderes públicos de acordo coa súa propia vontade e sen a influencia de elementos estraños.

Tamén a palabra "soberanía" se conceptualiza como o dereito dunha institución política de exercer o seu poder. Tradicionalmente considerouse que son tres os elementos da soberanía: Territorio, pobo e poder.

No Dereito internacional, a soberanía é un concepto clave, referido ao dereito dun estado para exercer os seus poderes.

Ventosa, Agolada

San Xulián de Ventosa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 305 habitantes (149 homes e 146 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 483 habitantes.

Nesta parroquia existiu unha banda de música: a Banda de música de Ventosa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.