A viuvez na cultura popular galega

Refraneiro

  • A muller moza e viuda, soila pouco dura [1].
  • A muller que se queda viuda e volve casar, unha débeda colle co demo e ela ten que pagar.
  • A muller viuda non ten quen a sacuda [1].
  • A pena da muller morta, chega hastra a porta [2].
  • A viuva honrada ten a súa porta pechada.
  • Á viuda o diaño que a sacuda.
  • A viuda que moito chora ten gana doutra voda.
  • Como Xan de Outeiro, que estivo tres días viúdo e durmiu dúas noites coa criada.
  • De viuda tres veces casada non fíes nada.
  • En caso de duda, a muller á viuda.
  • Filla deshonrada, nin viuda nin casada [3].
  • Fillo de viuda, ou mal criado, ou mal vezado [3].
  • Home viúvo, cabalo picado.
  • Mentras a viuva chora outros cantan na voda.
  • Muller moza e viuda, pouco dura, porque se deixa comer de madura [1].
  • O pranto da muller morta, non pasa da porta [1].
  • O que ten moitas mulleres nunca enviuva.
  • Viuda que non dorme, casar quer.
  • Viuda rica, casada fica.
  • Viuda rica, cun ollo chora e co outro repinica.

Cantigueiro

  • A rula disque é viuda,/ nunca pensa ser casada,/ nin pousar en pola verde/ nin beber en auga clara.
  • Eu caseime por dúas veces,/ agora xa estou viudo; / cásate conmigo, nena,/ porque solo non aturo [4].
  • Eu caseime unha vez,/ agora volvo a casare/ e casarei a terceira/ se é que chego a enviudare [5].
  • Meniña, tu non te cases/ con home que enviudou,/ que xempre che está decendo:/ Muller que Dios me levou! [6].
  • Os solteiros valen ouro/ i os casados valen prata,/ os viudos calderilla/ i os vellos folla de lata [7].
  • Que contente estaba eu/ o día que me casei,/ mais aínda o estou máis/ desque viuda quedei [8].

Adiviñas

  • San Luís ten na frente,/san Miguel ten atrás,/as doncelas ten no medio,/as viúvas non ten máis [9].

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. pena.
  3. 3,0 3,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández, 80. No orixinal: duas.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 80.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 96.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 126.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 136. No orixinal: estóu, quedéi.
  9. Gárfer e Fernández; no orixinal: meio, mais. Solución: a letra L.

Véxase tamén

Bibliografía

Viuvez

A Viuvez é o estado de perder ao cónxuxe por falecemento. Viúvo/a é unha muller/home cuxo marido ou dona morreu.

A viuvez foi unha importante problemática social, particularmente no pasado. Nas familias nas que o marido era o único provedor, a viuvez podía afundir aos parentes na pobreza, e moitas obras benéficas tiñan como obxectivo axudar a viúvas e orfos. Isto empeoraba pola longa vida das mulleres, xa que os homes xeralmente contraían matrimonio con mulleres máis novas cá eles.

Con todo, nalgunhas sociedades patriarcais, as viúvas achábanse entre as mulleres máis independentes. Unha viúva ás veces continuaba os negocios do seu marido e consecuentemente concedíanselle certos dereitos, tales como a admisión a cooperativas.

Adicionalmente existían implicacións de liberdade sexual; malia que algúns testamentos incluían cláusulas de castidade (que requirían que as viúvas quedasen célibes para poder recibir a herdanza), en sociedades onde se vetaba o divorcio, a viuvez permitíalle ás mulleres volver casar. A "Dona de Baño" nos Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, refírese á que quedou viúva cinco veces, permitíndose grandiosas experiencias sexuais.

Noutras culturas, as viúvas eran tratadas de diferente xeito. Verbigracia, na India facíase unha elaborada cerimonia durante o funeral do marido da viuva, que incluía o romper os brazaletes, remoción das decoracións feitas con bindi, así como tamén calquera atavío colorido, facendo que a muller vestise de branco.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.