A romaría de Xelmírez

A romaría de Xelmírez, orixinalmente A romeiría de Xelmírez,[1] é unha novela histórica en lingua galega de Ramón Otero Pedrayo, publicada en 1934 pola Editorial Nós.

A romaría de Xelmírez
A romeiría de Xelmírez
Título orixinalA romeiría de Xelmírez
Autor/aRamón Otero Pedrayo
Ilustrador/aCastelao
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Xénero(s)Narrativa histórica
EditorialEditorial Nós
Data de pub.25 de xullo de 1934
ISBN978-84-7154-786-6
Precedido porArredor de si
Seguido porFra Vernero

Trama

A comezos do século XII, o bispo compostelán Diego Xelmírez diríxese a Roma para entrevistarse co Papa Pascual II co fin de lle solicitar a dignidade de poder portar palio. De camiño, pasando por Melide, Palas de Rei, Portomarín, Sarria, Samos, Pedrafita do Cebreiro, Vilafranca do Bierzo, Astorga, León, Arévalo, Ávila, Toledo, Pamplona, Roncesvalles, Saint-Jean-Pied-de-Port, Tolosa, Cahors, Rocamadour, Limoges, Cluny, Milán, Abbiategrasso, Piacenza, Florencia, Arezzo e finalmente Roma. Na romaxe é acompañado por Xohán da Isorna, un trobador de Padrón.

Narración

A obra está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente. Nesta obra Otero Pedrayo combina o relato da ficción histórica coa descrición de paisaxes e lugares arquitectónicos.

O tempo da narración abrangue desde finais de agosto até comezos de novembro de 1104. Utilízase algunha analepse, para falar non só de momentos da viaxe, senón da mocidade do bispo. Os espazos aparecen descritos con ampla profusión.

Amais dos personaxes reais como Diego Xelmírez, o papa Pascual II e outros bispos e membros das curias das vilas polas que vai pasando, aparecen personaxes de ficción.

Edicións

A obra, rematada en decembro de 1933, foi editada en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934 co título de A romeiría de Xelmírez.[1] Foi reeditada por Editorial Galaxia en xuño de 1991, cun estudo introdutorio de Henrique Monteagudo.

Notas

  1. 1,0 1,1 Na edición orixinal, na cuberta leva o título de A romeiría de Xelmírez (Xelmírez con "X") e no interior A romeiría de Gelmírez (Gelmírez con "G").

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Batalla de Roncesvales

A batalla de Roncesvales tivo lugar o 15 de agosto de 778 (segundo outros autores, nalgunha data non identificada de 808), posiblemente en Luzaide, preto do desfiladeiro de Roncesvales dos Pireneos de Navarra, na que a retaguarda do exército de Carlomagno mandada por Roldán foi decimada nunha emboscada efectuada por vascóns, como tese máis probable. Ocorreu no contexto dos intentos de realizar na zona unha Marca Hispánica carolinxia, que no territorio pamplonés se logrou só durante 10 anos, do 806 ó 816.

Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Isorna

O topónimo Isorna pode referirse a:

Isorna, parroquia do concello de Rianxo;

Isorna, lugar de dita parroquia;Como apelido pode referirse a:

Xohán da Isorna, personaxe da novela A romaría de Xelmírez;

José Isorna, relixioso galego (1921-2016);

Fausto Castiñeira Isorna, ilustrador e deseñador gráfico galego (n. 1961).

Novela histórica

A novela histórica é un xénero literario que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa Walter Scott ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Roncesvales

Roncesvales (en éuscaro: Orreaga, en castelán: Roncesvalles, oficialmente Orreaga/Roncesvalles) é un concello na comunidade de Navarra. Esténdese por unha área de 15,1 km² onde no ano 2009 vivían 30 habitantes, 6 máis ca no ano 2007 cando eran 24. Encóntrase a 923 metros sobre o nivel do mar.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.