A oliveira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da oliveira na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

Refraneiro

  • Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real.
  • Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo.
  • Aceitona e fertuna, ás veces moitas e ás veces ningunha.
  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Aceitona, unha abonda.
  • Aceitona, unha é ouro; dúas, prata; a terceira, mata.
  • Aceitona, unha; e se é boa, unha ducia.
  • Aceitona, unha por San Xoan, e un cento por Navidá.
  • Aceitona, unha soila, dúas millor, e tres pior.
  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Bota ben aceite á sartén, e fritirás ben.
  • Co aceite non se pode andar sin se lixar.
  • Comida a aceitona, bota o óso fóra.
  • Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente.
  • Moito aceite na sartén, se queres fritir ben.
  • Non bebas na lagoa, nin cuspas máis dunha aceitona [1].
  • O aceite da oliveira, curas as doenzas [2].
  • O aceite é armeiro, reloxeiro, cociñeiro e curandeiro.
  • O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
  • O día de san Pedro vai ver o teu olivedo, e se ves un gran, espera un cento.
  • Polo san Pedro, vai ver o teu olivedo, e se ves un grau, espera un cento.
  • Pouco aceite dan por un carto.
  • Quen aceite mestura, as mans se unta.
  • Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.

Cantigueiro

  • Á oliveira da serra/ o vento lévalle a flor;/ só a min niguén me leva/ da beira do meu amor [3].
  • Á oliveira do adro/ non lle bóte-lo machado,/ que alumea toda a noite/ a Cristo crucificado [4].
  • A oliveira na serra/ ó lonxe mete terror;/ xa te vingaches de min,/ xa non te-lo meu amor [5].
  • Como sei que che gustan/ as aceitunas/ por baixo da porta/ boteiche algunhas [6].
  • Debaixo da oliveira/ non vai frío nin orballo./ Meniña, se has de ser miña/ non me deas máis traballo [7].
  • Debaixo dunha oliveira/ ten a miña moza a cama/ e cando se vai deitar/ colga o candil dunha rama [8].
  • Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá castañas e noces/ i aceitunas no xaneiro [9].
  • En Valencia me perdín/ no medio dos olivares/ procurando unha morena,/ Rosiña de los rosales [10].
  • Eu fun onte de ramboia/ cun pau de oliveira brava;/o que che gasto nas solas/ tamén cho forro nas mantas [11].
  • Eu subín á oliveira/ e corrín de nó en nó/ que tu falas con quen queres/ i eu falo contigo só [12].
  • Miña roquiña de cana,/ meu fusiño de oliveira,/ tendes que fia-lo liño/ que me vén mañá da feira [13].
  • Miña Virxiña do Viso/ sete anos foi muiñeira,/ tiña a palanquiña de ouro/ i a vasoira de oliveira [14].
  • Non quero verzas con unto/ nin nabizas con aceite./ ¡Para min non hai cousa boa!/ ¡Tamén me fai mal o leite!
  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio [15].
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [16].
  • O loureiro é florido,/ bota flores ó tellado;/ non te gabes que me deixas,/ que nunca fuches rogado [17].
  • O loureiro é unnha pena/ i a penitencia é a rama;/ déronme por penitencia/ amar a quen non me ama [17].
  • O muíño da oliveira/ heino de mandar pechare/ con caravixas de prata/ heino de acaravixare [18].
  • Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir á túa casa/ non necesito navío [19].
  • Oliveira decotada/ atravesada no río;/ para ir cara a túa casa/ xa non preciso navío [19].
  • Oliveira decotada/ pouco fruto pode dar;/ a mociña mal casada/ pouco pode namorar [19].
  • Oliveira decotada/ xempre parez oliveira;/ a meniña ben casada/ xempre parece solteira [19].
  • Oliveiriña doada,/ bota raíces ó lodo;/ eu non falo de ninguén,/ de min fala o mundo todo [19].
  • O río cando vai louro/ leva un ramiño de oliva;/ dámelle moitas mamorias/ á miña prima María [20].
  • Pica, pica, picadeira,/ na folliña da oliveira;/ tres no cu e tres no rabo/ á porta do meu cuñado [21].
  • Por baixo da oliveira/ dá gusto parrafear,/ ten a folliña miúda/ e non a fura o luar [22].
  • Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira,/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [23][24].
  • Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [25].
  • Se tiveras olivares/ como tes de fantasía,/ o río de Carbajales/ por tu puerta pasaría [26].
  • Teño unha rosa encarnada,/ tamén un ramo de oliva;/ hei de casar con túa nai/ e tu serás miña filla [27].

Notas

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. beber.
  2. Pero tamén O aceite das cepas, cura moitas doenzas.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández, 42.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández, 42. Porque o aceite que se quita da oliveira ardía nas lámpadas que alumeaban o Sagrario, os cruceiros e moitas imaxes.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 42. No orixinal: telo.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 64.
  7. Fermín Bouza-Brey, en Nós. No orixinal: mais.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 67. No orixinal: de unha.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 72.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 75.
  11. Ir de ramboia significa andar de contrabando na raia de Portugal, pero tamén saír de troula pola noite, que é o que parece entenderse na cantiga. Xaquín Lorenzo Fernández, 81.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 84.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 101. No orixinal: fialo, ven.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 104. No orixinal: basoira.
  15. Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.
  16. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
  17. 17,0 17,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 119.
  18. Da Muiñeira da Oliveira.
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Xaquín Lorenzo Fernández, 118.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 123.
  21. Este recitado emprégase para recoller o gando cara as cortes. Xaquín Lorenzo Fernández, 133. No orixinal: .
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 134.
  23. Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña (Pontevedra). Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  24. Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
  25. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
  26. Tradución incompleta dunha copla castelá. Xaquín Lorenzo Fernández, 147.
  27. Xaquín Lorenzo Fernández, 153. No orixinal: encarnarda [sic], tua.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • BOUZA BREY, Fermín (colector): "Novas cántigas e triadas da parroquia de Paradela, na terra da Ulla", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Oliveira

A oliveira (Olea europaea) é unha das 35 especies do xénero Olea. A oliveira silvestre está considerada dentro da subespecie sylvestris e as oliveiras cultivadas dentro da subespecie sativa. É unha árbore perennifolia, de tamaño mediano e con tronco nodoso. Encóntrase presente en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo, mais foi estendida a outros países ou zonas con clima semellante como Perú, Chile, Arxentina, California, Suráfrica ou Australia. É un dos cultivos tradicionais máis antigos. É unha planta orixinaria do Oriente Próximo, que desde ha máis de 5.000 anos foi introducida no oeste da conca mediterránea.

En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares illados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.