A nogueira na cultura popular galega

A seguir, recóllese a pegada da nogueira e da noz na cultura popular galega a través de crenzas, refráns e cantigas.

A nogueira é unha árbore rica en substancias agres e taninos. As súas follas e a súa casca empregábanse nas menciñas populares coma purgante ou en doenzas da cute; ofrece ademais un efecto curandeiro de furunchos e tallos. A casca tingue dun amarelo pardo os tecidos e a madeira é moi estimada en ebanistaría pola súa fibra magra, pola dureza e polo veado característico.

Refraneiro

  • Ano de noces, ano de voces [1][2].
  • En marzo abrigo, noces e pan de millo.
  • En marzo, abrigo, noces e pan trigo [3].
  • En marzo, abrigo, noces, pan e trigo.
  • En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo.
  • No marzo, abrigo, noces e pantrigo.
  • Pan e noces saben a amores [4].
  • Polo San Martiño andan as noces a roliño [5].
  • Polo san Xil nogueiras a espelir [6]
  • Por santa Tecla abala a nogueira [7]

Cantigueiro

  • Anque vos son pequeniña/ como o rabo dunha noz,/ anque vos son pequeniña/ quédome rindo de vós [8].
  • Do outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá castañas e noces/ i aceitunas no xaneiro [9].
  • Eres alta coma un ovo,/ redonda coma unha noz,/ blanca coma o chiculate,/ buenas noches nos dé Dios! [10].
  • O carballo ten a folla/ i a nogueira non a ten;/ agora xa eu coñezo/ a muller de “Val quen ten” [11].

Notas

  1. Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
  2. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  3. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  4. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  5. Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
  6. San Xil, 1 de setembro; é patrón de Bóveda, onde se celebra o día seguinte.
  7. Santa Tegra (Tecla, Tecra, Trega, Técola), 23 de setembro.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 41. No orixinal: de unha.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 72.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 75.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 116.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Nogueira

As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.

As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'.

As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.

A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura.

A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.

Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.