A gran historia de Galicia

A gran historia de Galicia é unha colección de libros sobre a historia de Galicia, en lingua galega (32 tomos), obra de varios historiadores galegos.

A gran historia de Galicia
A gran historia de Galicia, lombos
lombos
Título orixinalA gran historia de Galicia
Autor/avéxase sección "Autores"
OrixeGalicia
Linguagalego
Tema(s)historia de Galicia
Xénero(s)historiografía
EditorialArrecife Edicións Galegas
La Voz de Galicia
Data de pub.2007-2008
Formato32 t. de 27x19cm; en cor
Páxinas7 200 (32 x 225)
ISBN978-84-96931-00-8

Descrición

Publicouse nos anos 2007 e 2008, co patrocino da Fundación Caixagalicia, e foi distribuída polo xornal La Voz de Galicia co gallo do seu 125 aniversario.[1]

Está considerada como bibliografía básica nas facultades de historia de Galicia.[2]

Autores

Participaron na elaboración dos contidos: Xosé Ramón Barreiro Fernández, Justo Beramendi González, José Manuel Caamaño Gesto, Pilar Cagiao Vila, Lourenzo Fernández Prieto, María del Carmen Pallares Méndez, Ermelindo Portela Silva, Pegerto Saavedra Fernández, Hortensio Sobrado Correa, María Luisa Pazos Pazos, Xosé Manuel Núñez Seixas, Aurora Artiaga Rego e Ramón Villares Paz.

Contido

# Tomo, volume e título Autor/es
1 T. 1, vol. 1 Prehistoria de Galicia: o Paleolítico e o Epipaleolítico, o Neolítico e o megalitismo José Manuel Caamaño Gesto
2 T. 1, vol. 2 Prehistoria de Galicia: o Calcolítico e a Idade de Bronce José Manuel Caamaño Gesto
3 T. 2, vol. 1 A cultura castrexa: ocupación do territorio e cultura material José Manuel Caamaño Gesto
4 T. 2, vol. 2 A cultura castrexa: economía, sociedade, relixión e arte José Manuel Caamaño Gesto
5 T. 3, vol. 1 A Galicia romana: a conquista romana: ocupación do territorio e cultura material José Manuel Caamaño Gesto
6 T. 3, vol. 2 A Galicia romana: economía, sociedade, relixión e arte, o mundo suévico José Manuel Caamaño Gesto
7 T. 4, vol. 1 Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): mulleres, homes e paisaxes M.ª del Carmen Pallares e E. Portela
8 T. 4, vol. 2 Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): poder e mentalidade M.ª del Carmen Pallares e E. Portela
9 T. 5, vol. 1 De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): campos e cidades num espazo redefinido M.ª del Carmen Pallares e E. Portela
10 T. 5, vol. 2 De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): o encadramento social e a loita polo poder M.ª del Carmen Pallares e E. Portela
11 T. 6, vol. 1 Do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): poboación e economía: un reino moi poboado Hortensio Sobrado Correa
12 T. 6, vol. 2 Do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): poboación e economía: unha economía diversificada Hortensio Sobrado Correa
13 T. 7, vol. 1 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): a sociedade: frades, cregos e fidalgos Pegerto Saavedra Fernández
14 T. 7, vol. 2 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): a sociedade: os campesiños, os conflictos sociais e os pobres Pegerto Saavedra Fernández
15 T. 8, vol. 1 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: a política: os diversos poderes e o seu equilibrio cambiante Pegerto Saavedra Fernández
16 T. 8, vol. 2 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: o ensino: desde as escolas de ferrado a universidade Pegerto Saavedra Fernández
17 T. 8, vol. 3 A Galicia do Antigo Réxime (c. 1480-c. 1835): política e cultura: a cultura popular, os libros e a ilustración Pegerto Saavedra Fernández
18 T. 9, vol. 1 Galicia e o mundo colonial americano: galegos en Indias (séculos XVI-XVII) Pilar Cagiao Vila e M.ª Luisa Pazos
19 T. 9, vol. 2 Galicia e o mundo colonial americano: galegos en América (1700-1850) Pilar Cagiao Vila e M.ª Luisa Pazos
20 T. 10, vol. 1 Galegos de ultramar: de emigrados a emigrantes Pilar Cagiao Vila
21 T. 10, vol. 2 Os galegos de ultramar: Galicia e o Río de la Plata Pilar Cagiao Vila e Xosé M. Núñez
22 T. 11, vol. 1 Historia política da Galicia contemporánea: a transición política (1789-1833) Xosé Ramón Barreiro Fernández
23 T. 11, vol. 2 Historia política da Galicia contemporánea: de Isabel II á Restauración (1833-1874) Xosé Ramón Barreiro Fernández
24 T. 11, vol. 3 Historia política da Galicia contemporánea: a Restauración no século XX Xosé Ramón Barreiro Fernández
25 T. 11, vol. 4 Historia política da Galicia contemporánea: o devalar da Restauración, a ditadura e o tránsito á República Xosé Ramón Barreiro Fernández
26 T. 11, vol. 5 Historia política da Galicia contemporánea: República, guerra civil e franquismo Xosé Ramón Barreiro Fernández
27 T. 12, vol. 1 Galicia no século XIX: estancamento económico e mudanzas sociais Aurora Artiaga e Ramón Villares
28 T. 12, vol. 2 Galicia no século XIX: a industria no século XIX Aurora Artiaga e Ramón Villares
29 T. 13, vol. 1 Século XX: unha economía: dúas sociedades: dinamismo social e desenvolvemento económico Lourenzo Fernández Prieto
30 T. 13, vol. 2 Século XX: unha economía: dúas sociedades: atraso económico nunha sociedade destruída Lourenzo Fernández Prieto
31 T. 14, vol. 1 A Galicia autónoma (dende a transición): a transición en Galicia Justo Beramendi
32 T. 14, vol. 2 A Galicia autónoma (dende a transición): os primeiros pasos da autonomía Justo Beramendi

Notas

  1. "«A Gran Historia de Galicia» analiza a relación con América". La Voz de Galicia. 24/1/2008.
  2. G5021423 - Historia de Galicia III (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2012/2013. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. USC.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Carmen Pallares Méndez

María del Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada o 7 de febreiro de 1948, é unha historiadora galega.

Centristas de Galicia

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos . En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso .

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

Coalición Progresista Galega

Coalición Progresista Galega, foi unha coalición de partidos galeguistas e de centro que nas eleccións municipais de 10 de xuño de 1987, foi a terceira forza política de Galicia.

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais da Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só na Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, nado o 16 de setembro de 1934 en Taboada, é un político galego.

Xosé Cuíña

Xosé Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) o 25 de febreiro de 1950 e finado en Santiago de Compostela o 28 de decembro de 2007, foi un empresario e político galego.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.