A Virxe do Camiño, Rebordáns, Tui

A Virxe do Camiño [1] é un lugar da parroquia de Rebordáns no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 83 habitantes (43 homes e 40 mulleres), dez menos ca en 2010 e nove menos ca en 2004.

O lugar está situado a carón do Camiño Portugués. Recibe o seu nome pola capela da Virxe do Camiño, construída no século XVIII sobre os restos doutra anterior. No museo da Catedral de Tui consérvase unha imaxe pétrea policromada procedente desta capela. É unha peza do século XII ou XIII adicada á Virxe do O, dándolle o peito ao neno. Segundo a tradición, a talla foi agochada pola veciñanza ante o avance dos mouros, e ao ser atopada de novo decidiuse construír un templo para custodiala[2].

Coordenadas: 42°03′57″N 8°38′27″O / 42.065872, -8.6407162

A Virxe do Camiño
ParroquiaRebordáns
ConcelloTui
Poboación143 hab. (2013)

Notas

  1. Nótese que no Nomenclátor figura como O Virxe do Camiño.
  2. Capela da Virxe do Camiño na páxina web colaborativa Patrimoniogalego.net.

Lugares e parroquias

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.