A Veiga de Espiñareda

A Veiga de Espiñareda (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as parroquias que fican á esquerda do río Cúa son galegofalantes, mentres os demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa. Á única excepción nesa marxe do río é a Val de Finolledo que é galegofalante [3].

A Veiga de Espiñareda
Bandeira de A Veiga de Espiñareda Escudo de A Veiga de Espiñareda
Monasterio de San Andrés de Vega de Espinareda (422509303)
Mosteiro de Santo André.
Xentilicio[1] veigués
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 2 419 hab. (2012)
Área 132,01 km²
Densidade 18,32 hab./km²
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Santiago Rodríguez García (PSOE)
Concelleiros PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %

Historia

O actual concello é o herdeiro do señorío da abadía de Santo André de Espiñareda; este mosteiro, moi reformado, aínda se conserva. Os habitantes do lugar da Veiga da Espiñareda van xurdindo segundo evoluciona a vida monástica, fornecendo vasalos e criados para a súa manutención. O 3 de setembro de 1336, o Abade Fernando dá carta de poboación a 25 veciños, e aos que veñan morar á vila da Veiga, concedéndolles as súas propiedades dende Finolledo ata Sésamo, os montes de Oceiru e outros termos, a cambio de obrigas, pagamentos e impostos. O Abade comprométese a avogar ante o rei de todos os privilexios concedidos[4].

A vila de Veiga de Espiñareda está situada no norte da bisbarra do Bierzo (León - España), a 25 quilómetros de Ponferrada, capital e centro administrativo, xudicial e económico da bisbarra antes citada.

Trala agregación dos concellos de Burbia (no século XIX) e máis recentemente (en 1974), do Val de Finolledo, A Veiga de Espiñareda converteuse no concello máis extenso da zona, pois o seu termo se estende por 132,6 km² con 2 538 habitantes.

A capital e cabeceira do concello é A Veiga de Espiñareda que ten 1 577 habitantes. E tras ela: Sésamo, con 328; Val de Finolledo con 217; San Pedro de Oleiros, con 128; El Espín, con 89; Burbia, con 68; San Martín de Moreda, con 53; Moreda, con 43; Espinareda de Veiga, con 19; Vilar de Outeiro, con 7; Penoselo, con 5; A Bustarga, con 4; e As Salgueiras, (despoboado). Todos eles conforman este amplo concello e a gran maioría destes lugares son ideais para o descanso, a práctica de deportes e a contemplación da beleza das súas paraxes.

Parroquias

  • Burbia
  • A Bustarga
  • El Espín
  • Espinareda de Veiga
  • Moreda
  • Penoselo
  • As Salgueiras
  • San Pedro de Oleiros
  • San Martín de Moredas
  • Sésamo
  • Val de Finolledo
  • A Veiga de Espiñareda
  • Vilar de Outeiro

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2013.
  4. Fuente: Alvarez Garnelo, Serafín (2002)Genealogía de EspinaredaPonferrada, Serafín Alvarez Garnelo.
Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Borrés

Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 436 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 11,98 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Camponaraia

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.230 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 145,21 h/km². Está composto de cinco aldeas: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma. Por este concello pasa o río Naraia, o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución ven avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carucedo

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Congosto

Congosto é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.692 habitantes (INE 2011).

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Fabeiro, León

Fabeiro (en leonés El Fabeiru e en castelán e oficialmente: Fabero) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, Castela e León que cobre unha superficie de 54,47 km², na que vivían 5106 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 93,74 h/km².

O núcleo de Fontoira é o único do concello de fala galega, o resto do concello é de fala tradicional leonesa.

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

Priaranza

Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².

Sancedo

Sancedo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 560 habitantes (INE 2011).

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Toural dos Vaos

Toural dos Vaos (en castelán e oficialmente Toral de los Vados), anteriormente chamado Viladecais-Toural dos Vaos, é un concello da comarca do Bierzo, na provincia de León. Ten unha superficie de 24,27 km², e en 2013 tiña 2108 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Trabadelo

Trabadelo é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 64,73 km², na que vivían 430 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 6,64 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadelés» .

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.