A Veiga

A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 907 habitantes (459 homes e 448 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».

Coordenadas: 42°14′59″N 07°1′33″O / 42.24972, -7.02583

A Veiga
Escudo de A Veiga
Concello da Veiga
Casa do Concello.
Situacion A Veiga
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación904 hab. (2018)
Área290,5 km²
Densidade3,11 hab./km²
Entidades de poboaciónLugares da Veiga
Capital do concelloA Veiga
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Anta Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais na Veiga
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,98%
Na rede
http://www.aveiga.gal/
Igrexa A Veiga
Igrexa parroquial.
Casa cuartel A Veiga
Casa cuartel da garda civil.
Vista da Veiga
Vista da vila, co río Xares ao fondo.

Demografía

Censo total 907 (2017)
Menores de 15 anos 44 (4.85 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (50.61 %)
Maiores de 65 anos 404 (44.54 %)
Evolución da poboación da Veiga   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6977 6742 6357 3513 1318 1106 1048 1036 1000 965 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello pertence ó partido xudicial do Barco, e á diocese de Astorga, arciprestado da Veiga. Limita ao norte co Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras e Petín, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste co Bolo.

É o concello máis amplo da provincia, con 291 km², e unha altitude media de 1024 metros. No concello atópase a maior altitude de Galicia: o pico de Pena Trevinca, de 2127 metros.

A súa xeografía pode dividirse en tres zonas diferenciadas:

As terras altas, de orixe cámbrica e precámbrica, son as situadas a máis de 1200 metros de altitude. Abarcan a serra do Eixo (A Chaira, As Minas e Pena Cabrón), as serras do sueste (serra Calva, alto do Torno, alto do Turrideiro e alto da Corraliza) e os Montes de Ramilo.

As terras intermedias están compostas por rochas graníticas hercianas, de 1000 a 1200 metros de altitude. Nelas aséntanse a maior parte dos núcleos habitados, ademais da serra de San Lourenzo.

As terras baixas, con altitudes inferiores aos 1000 metros, coinciden co leito do río Xares e a liña de falla que vai dende O Barco até Quintela de Edroso (Viana do Bolo). A rede hidrográfica é abundante, debido á copiosa pluviometría do municipio. Os principais cursos son os dos ríos Corzos, Xares e Requeixo, e os restantes son regatos con moita pendente, moi rápidos e de gran poder erosivo, dando lugar a estreitos e profundos vales e fervenzas.

A temperatura media anual é fresca, sen superar o conxunto os 8 °C. A oscilación térmica é elevada, sobre todo nas terras situadas a máis de 1300 metros. Os invernos son duros a causa das baixas temperaturas e da presenza da neve. As estacións intermedias son curtas e os veráns mornos con noites claras e frescas, sendo meses máis cálidos xullo e agosto, que alcanzan unha media de 15 °C.

A lagoa da Serpe sitúase a 1697 metros de altitude, no macizo de Pena Trevinca. Ten orixe glacial, e cóntase sobre ela a lenda de que todas as noites de San Xoán aparece sobre unha rocha á beira da lagoa unha fermosa princesa de cabelos negros, que durante o resto do ano permanece convertida en serpe.

Flora e fauna

Entre a flora existente no concello hai extensas formacións de prados silíceos con Festuca indigesta e manchas en pendentes rochosas de vexetación casmofítica. Xusto en rochais silíceos existe vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion e do Sedo albi-Veronicion dillenii, e tamén exemplos de mato mediterráneo. Entre os bosques, sobresaen o Teixedal de Casaio (Taxus baccata) e os de castiñeiros e rebolos, incluíndo carballeiras de Quercus orocantabrica.

Entre a fauna destacan entre os invertebrados o escornabois Lucanus cervus e a lesma (Geomalacus maculosus). Entre os vertebrados hai réptiles de grande interese como a lagarta leonesa ou o lagarto das silvas. Entre os peixes están a troita ou as bogas. Entre as aves acharrela ou rapaces como o miñato abelleiro, a aguia cobreira, o gatafornela etc.

Historia

No concello hai restos castrexos (testemuña dos cales son topónimos como Castromao, Castromarigo ou O Castro de Xares), e inscricións prerromanas na Casa dos Baqueiros en Ponte. Hai tamén constancia de asentamentos defensivos da época romana no Lombo e As Silviñas, preto de Vilaboa, onde se atoparon abundantes anacos de cerámica común romana e algún resto de tégulas.

A Veiga tivo unha intensa actividade política e económica durante os séculos XVI, XVII, XVIII e principios do XIX, ao ser un pobo de reguengo, pagando impostos e dependendo directamente da coroa. Isto implicaba unha división administrativa moi diferente á das localidades valdeorresas, que eran terras de señorío. Os veciños da Veiga, ao igual ca os residentes no limítrofe concello do Bolo, pertencían á xurisdición do Bolo.

Até 1835 as terras da Veiga pertencían aos concellos de Castromarigo e Espiño, no partido xudicial de Valdeorras. A comezos do século XX posuía unha cuantiosa cabana gandeira (10 000 cabezas de vacún, 60 000 ovino-caprino, 500 cabalar) que acreditou a categoría que posuían as súas feiras e constituía a principal riqueza do país.

O 27 de setembro de 2001 o concello da Veiga foi declarado Municipio Turístico Galego polo Consello da Xunta de Galicia. En 2003 foille concedido o premio Agader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao embelecemento do medio rural pola súa rede etnográfica.

Patrimonio

A Cántara da Moura é un espazo natural ó pé do río Corzos, onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación, conforman un dos recunchos máis especiais deste concello. As marmitas de xigante dan lugar a covas que forman un labirinto natural, e na cántara o río Corzos vai soterrado, formando unha piscina natural, sempre fresca, saíndo de novo ó exterior a través dunha porta, segundo contan, esculpida na rocha polos "mouros", en forma de cascada branca e ruidosa.

A cántara da Moura está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada "Cova dos escapados". Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes ó bando republicano, que foron moi perseguidos. A ela só se pode acceder por un pequeno burato, unicamente coñecido polos veciños da zona, ó que lle puñan unha escaleira para baixar, que quitaban unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír, grazas a que aquí o río vai soterrado e podían pescar as famosas troitas negras do río Corzos.

Rutas

A Veiga conta con varias rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 198 "Ruta do Maluro e Pena Trevinca", PR-G 199 "Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto", PR-G 200 "Ruta das Lagoas Glaciares da Serpe e de Ocelo", PR-G 201 "Ruta Integral Serra Calva", e o PR-G 211 "Senda Verde do Xares".[5][Cómpre referencia]

As rutas PR-G 198, 199, 200 e 201 son sendeiros de montaña, segundo a definición da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).[6][Cómpre referencia]

A ruta PR-G 211 é unha ruta de sendeirismo normal arredor do encoro de Prada cun perfil suave que permite o tránsito para bicicletas BTT, sinalizada con sinais propios de BTT.[7]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Veiga.
El Embalse de Prada - panoramio

Encoro de Prada.

Requeixo, A Veiga, Galicia

Vista de Requeixo.

Lugares da Veiga

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Veiga vexa: Lugares da Veiga.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "AVeiga". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "FGM <> Rutas de Pequeno Percorrido – OURENSE". fgmontanismo.es. Consultado o 15/12/2017.
  6. FEDME, VVAA. (2015). Manual de Señalización de Senderos GR, PR y SL. FEDME. p. 24.
  7. LA REGION (ed.). "CICLISMO Los bikers subieron la temperatura de la BTT de A Veiga". Periódico. Consultado o 16/12/2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Veiga, Asturias

A Veiga (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel ca o castelán.

A Veiga, Celanova

San Paio da Veiga é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 104 habitantes (48 homes e 56 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

A Veiga, Lalín

San Ramón da Veiga é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 95 habitantes (51 homes e 44 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes.

A Veiga de Espiñareda

A Veiga de Espiñareda (en castelán e oficialmente: Vega de Espinareda) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 132,01 km², na que vivían 2 419 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 18,32 h/km². Este concello é bilingüe, as parroquias que fican á esquerda do río Cúa son galegofalantes, mentres os demais falan unha fala de transición entre o leonés e o galego, pero con maior influencia leonesa. Á única excepción nesa marxe do río é a Val de Finolledo que é galegofalante .

A Veiga de Logares, A Fonsagrada

Santa María da Veiga de Logares é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 161 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 85 homes e 76 mulleres. O que supón unha diminución de 28 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 189 habitantes (107 homes e 82 mulleres).

A Veiga de Valcarce

A Veiga do Valcarce (en español e oficialmente Vega de Valcarce) é un concello da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León que cobre unha superficie de 69,38 km², na que vivían 732 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 10,85 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.

A alcaldesa, como medida de presión, ameazou en 2000 con iniciar os trámites para pasar a pertencer a Galicia xunto con outros municipios limítrofes.[Cómpre referencia]

Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Borrés

Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 436 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 11,98 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

San Simón da Costa, Vilalba

San Simón da Costa é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2011 tiña 448 habitantes (229 homes e 219 mulleres) repartidos en 82 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 651 habitantes.

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.