A Torre do Castro

A Torre do Castro foi unha revista cultural publicada entre 2007 e 2014 polo Concello de Sandiás[1]. Tivo unha periodicidade anual, e publicáronse oito números.

A Torre do Castro
PaísEspaña

Características

Tiña por obxectivo difundir o patrimonio cultural do concello de Sandiás e da comarca da Limia. Amais de artigos de actualidade, incluía textos de persoeiros como Domingo Fontán, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xesús Taboada Chivite ou Álvaro Cunqueiro.

Notas

  1. A Torre do Castro Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. na web do concello de Sandiás.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Soutelo de Montes, A Madanela de Montes, Forcarei

Soutelo de Montes é unha vila da parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei, sendo a maior entidade deste concello. Segundo o IGE en 2008 tiña 454 habitantes, 37 máis que no ano 2000.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.