A Teixeira

A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 332 habitantes (167 homes e 165 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teixeirés».

Coordenadas: 42°23′30″N 7°28′27″O / 42.39167, -7.47417

A Teixeira
Escudo de A Teixeira
Concello da Teixeira
Casa do concello.
Situacion A Teixeira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación332 hab. (2018)
Área27,6 km²
Densidade12,03 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeMiguel Antonio Cid Álvarez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5

Eleccións municipais na Teixeira
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes80,24%
Na rede
www.concelloateixeira.org
info@concelloateixeira.org

Demografía

Censo total 332 (2018)
Menores de 15 anos 17 (5.12 %)
Entre 15 e 64 anos 150 (45.18 %)
Maiores de 65 anos 165 (49.7 %)
Evolución da poboación da Teixeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.271 2.110 2.104 2.030 547 479 428 415 406 391 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Paisaxe

É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.

Economía

A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.

Lugares da Teixeira

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Teixeira vexa: Lugares da Teixeira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Teixeira". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
A Capela, A Capela

Santiago da Capela é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Capela. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 919 habitantes (459 homes e 460 mulleres), distribuídos en 52 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 026 habitantes.

Os principais atractivos da parroquia son o parque natural das Fragas do Eume e o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, localizado no corazón das fragas.

A Teixeira, A Capela, A Capela

A Teixeira é un lugar da parroquia da Capela, no concello da Capela, na comarca do Eume. No ano 2010 tiña 41 habitantes segundo datos do INE, deles 17 eran homes e 24 eran mulleres.

A Teixeira, Anfeoz, Cartelle

A Teixeira é un lugar da parroquia de Anfeoz no concello ourensán de Cartelle na comarca da Terra de Celanova. Tiña 19 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 13 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010, cando tiña 19 habitantes (6 homes e 13 mulleres).

A Teixeira, Brués, Boborás

A Teixeira é un lugar da parroquia de Brués no concello ourensán de Boborás na comarca do Carballiño. Estraba deshabitado no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE. No ano 2010 tamén estaba deshabitado.

A Teixeira, Castro de Escuadro, Maceda

A Teixeira é un lugar da parroquia de Castro de Escuadro no concello ourensán de Maceda na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 12 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 6 mulleres.

Abeleda, A Teixeira

Santa María de Abeleda é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 102 habitantes (48 homes e 54 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 14 habitantes en relación ao ano 2000.

Boazo, A Teixeira

Santa María de Boazo é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 46 habitantes (20 homes e 26 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano 2000.

Brués, Boborás

San Fiz de Brués é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 250 habitantes, deles 107 eran homes e 143 eran mulleres, o que supón un incremento de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

No lugar de Conchouso, o edificio dunha antiga escola emprégase actualmente coma local social.

Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Cristosende, A Teixeira

Santa María de Cristosende é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira, situada na Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 54 habitantes (26 homes e 28 mulleres), 4 menos que o ano anterior.

O lugar máis poboado, con 46 habitantes, é Cristosende.

Eleccións municipais na Teixeira

Corporacións democráticas na Teixeira desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Alejandro Álvarez Vázquez — UCD

1983 Alcalde: Alejandro Álvarez Vázquez — CG

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: Pendente.

1995 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPdeG

1999 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPdeG

2003 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPdeGModelo:A Teixeira 2003

2007 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPdeG

2011 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPdeG

2015 Alcalde: Miguel Antonio Cid Álvarez — PPCandidatos: Miguel Antonio Cid Álvarez (PP), Tamara Álvarez Vázquez (BNG) e Miguel Solla Pereira (PSdeG-PSOE).

Fontao, A Teixeira

San Bartolomeu de Fontao é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

A aldea de Fontao, deshabitada, foi mercada en 1964 pola compañía hidroeléctrica Saltos del Sil (na actualidade pertencente a Iberdrola). No ano 2009, esta empresa demoliu a capela de San Martiño, do século XIX, malia estar protexida por patrimonio e pola normativa municipal.

Hermisende

Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «hermisendeiro» .

A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640,tal como as aldeas veciñas de San Ciprián e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.. A súa situación xeográfica, entre Portugal e Galicia, xerou aquí unha fala cuxa procedencia xera dúbidas aos propios habitantes do municipio e sorpresa aos visitantes que observan a súa notable singularidade, con claras influencias galegas e portuguesas. Algúns estudosos trataron de encadrar esta fala coa doutros outros pobos das mesmas características xeográficas, especialmente das Portelas.Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.

Juan Rodríguez Cabrero

Juan Rodríguez Cabrero, nado en Cristosende, A Teixeira, Provincia de Ourense, o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.

Lumeares, A Teixeira

San Salvador de Lumeares é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 147 habitantes (70 homes e 77 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Montoedo, A Teixeira

Santa Mariña de Montoedo é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 34 habitantes (14 homes e 20 mulleres), un máis ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Pedrafita, A Teixeira

San Martiño de Pedrafita é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 70 habitantes (35 homes e 35 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Sistín, A Teixeira

Santa María de Sistín é unha parroquia do concello ourensán da Teixeira na comarca da Terra de Caldelas. No ano 2007 tiña 61 habitantes (36 homes e 25 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.