A Sariña, Chantada

San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2015 tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 [1] km², segundo datos do INE[2] e do IGE[3], deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.

Coordenadas: 42°34′13″N 7°44′25″O / 42.57016943, -7.74021873

A Sariña
A Sariña1
Igrexa parroquial de A Sariña
ConcelloChantada
Área1,14 km²
Poboación26 hab. (2015)
Densidade22,81 hab./km²
Entidades de poboación3

Economía

As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de tempada etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola proximidade da coñecida Ribeira Sacra lucense.

Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.

Patrimonio

A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como Igrexa de Santa María da Sariña. Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podium, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ben pouco a romaría do día 9 de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.

Galería de imaxes

A SariñaAltarMuroNort

Altar muro Norte.

A SariñaDetalle1

Talla sobre Pórtico.

A SariñaTallaCapelaExterior

Talla Capela exterior.

A SariñaVistas

A Sariña Vistas.

Lugares e parroquias

Parroquias de Chantada

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. www.concellodechantada.org
  2. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2016.
  3. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Consultado o 24.decembro.2012.
O Pousadoiro, A Sariña, Chantada

O Pousadoiro é un lugar da parroquia da Sariña, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 1 habitante segundo datos do INE e do IGE. era un home.

Pincelo, A Sariña, Chantada

Pincelo é un lugar na parroquia da Sariña, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 13 habitantes segundo datos do INE e do IGE. deles 8 eran homes e 5 eran mulleres.

Soutariz, A Sariña, Chantada

Soutariz é un lugar da parroquia da Sariña, no concello de Chantada, na comarca de Chantada, pertencente a provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 30 habitantes segundo datos do INE e do IGE. dos cales 13 eran homes e 17 mulleres.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.