A Raia

A Raia é unha forma coloquial para denominar a fronteira entre España e Portugal. Dunha forma máis ampla, a raia é igualmente o espazo xeográfico, dun e doutro lado da fronteira política, onde as aldeas dos dous lados da raia comparten os mesmos elementos históricos, lingüísticos, culturais e económicos.

Puente Internacional 416

Historia

Alfándega Chaves
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptarse o Acordo de Schengen.

Véxase tamén

Outros artigos

A Raia, Santa María de Lurdes, Curtis

A Raia é un lugar da parroquia de Santa María de Lurdes no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE, en 2011 tiña 56 habitantes (26 homes e 30 mulleres).

Alfándega

As alfándegas (do árabe al-fundaq, "hospedaría") ou aduanas (do árabe ad-dīwān, "rexistro", "escritorio") son oficinas situadas en portos, aeroportos e fronteiras para cobrar taxas das mercadorías que se importan e exportan. Na época moderna teñen a responsabilidade de vixiar as fronteiras, concretadas polos Estados mediante cadansúa organización. Réxense polas regras de cada Estado, mais teñen a función principal de controlar as importacións e exportacións, e a cobranza dos impostos pertinentes.

Bandeira de Uzbekistán

A bandeira de Uzbekistán (en uzbeko: Oʻzbekiston davlat bayrogʻi/Ўзбекистон давлат байроғи) foi aprobada na oitava sesión extraordinaria do concilio supremo da República de Uzbekistán o 18 de novembro de 1991.As 12 estrelas representan as 12 divisións administrativas (viloyat) do país. A raia azul representa o ceo, a raia branca representa a xustiza, e a raia verde representa a hospitalidade, as dúas raias vermellas representan a forza. A lúa crecente representa a renovación e o reaparecer do país, ademais da base islámica tradicional.

Barra diagonal

A barra diagonal, barra oblicua ou barra (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.

Beiravía

A beiravía é unha franxa lonxitudinal pavimentada ou non, contigua á calzada (non incluída nesta), non destinada ao uso de vehículos automóbiles máis que en circunstancias excepcionais. O conxunto da calzada e as beiravías forman unha plataforma.

Nas estradas, a seguir da beiravía acostuma ir a gabia para a condución das augas pluviais. A faixa estreita de terra entre o bordo da gabia ou canle e o pé dun noiro feita coas terras provenientes da súa escavación, recibe o nome de berma. A berma serve de protección contra os desprendementos de terras. Ter en conta que en lingua portuguesa berma é sinónimo de beiravía.

En Galicia e normalmente en toda Europa, a raia que o separa da calzada adoita ser continua e de cor branca e só poden transitar por el os peóns e os ciclomotores. Excepcionalmente poderán circular por el a velocidade anormalmente reducida, en caso de urxencia, os vehículos motorizados de ata 3500 quilogramos de masa máxima autorizada.

Nalgunhas autovías e autoestradas a liña branca ten relevo descontinuo, o que provoca que ao ser cruzada a gran velocidade se oia un ruído que serve de aviso ante un posible descoido do condutor. Nas autovías estadounidenses, en especial nas denominadas freeway, na beiravía hai unha superficie rugosa con ese obxectivo.

Ciencia ficción

A ciencia ficción (do inglés science fiction) é un xénero literario e cinematográfico baseado nos efectos de hipotéticos avances científicos e tecnolóxicos, presentes ou futuros, sobre a sociedade ou os individuos. Algúns autores consideran preferible a expresión ficción científica por consideraren que, como norma xeral, se debe buscar a adaptación das denominacións importadas ás pautas ortográficas, ortofónicas e morfosintácticas do galego.

A expresión science fiction utilizouna por primeira vez en 1851 un escritor inglés chamado William Wilson no seu libro A Little Earnest Book upon a Great Old Subject, pero o termo non se xeneralizou coa súa acepción actual ata que Hugo Gernsback o incorporou en 1926 á portada da revista estadounidense de narrativa especulativa Amazing Stories (logo de facer un intento previo co termo scientifiction, que non chegou a callar). Ata esa data as narracións que hoxe día non dubidamos en cualificar de ficción científica recibían diversos nomes: viaxes fantásticas, relatos de mundos perdidos, utopías, novelas científicas.

As fronteiras do xénero son difíciles de definir, e as liñas que delimitan os subxéneros son a miúdo fluídas. (en Strong Opinions, Vladimir Nabokov argüiu medio en broma que se fósemos rigorosos coas nosas definicións, A tempestade de Shakespeare debería considerarse ficción científica.)

Conventus bracarensis

O conventus bracarensis ou convento bracarense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Bracara Augusta (Braga), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso do río Douro polo sur -que marcaba a raia coa Lusitania-, polo norte o río Verdugo na parte meridional da actual provincia de Pontevedra, e o río Sil, ambos marcaban o linda norte co conventus lucensis, na cara oriental, o río Navea, afluente do Sil, sería de liña divisoria a respecto do convento asturicense, quedando as actuais comarcas de Trives (esta non completamente), Viana e o Valdeorras dentro dos dominios conventuais de Asturica Augusta.

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".

Goethita

A goethita é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.

É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e Reino Unido.

España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, ás veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.

Gran Premio de Francia de 1977

O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1977 celebrouse no Circuíto de Dijon-Prenois en Francia o 3 de xullo de 1977. Foi a novena proba da tempada de Fórmula Un de 1977, o 55º Gran Premio de Francia.

Gran Premio do Reino Unido de 1997

O Gran Premio do Reino Unido de 1997 foi unha carreira de motor de Formula 1 celebrada o 13 de xullo de 1997 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de 1997. Jacques Villeneuve gañou a carreira malia estar parado no pitlane por medio minuto durante o seu primeiro pitstop, tras un problema coas rodas.

Dous líderes previos retiráronse da carreira debido a fallos mecánicos. Michael Schumacher lideraba por máis de 40 segundos antes de que un fallo na roda causase a súa retirada. Mika Häkkinen parecía encamiñarse a súa primeira vitoria, pero o seu motor explotou mentres mantía a raia a Villeneuve.

Alexander Wurz logrou o seu primeiro podio no seu terceiro Gran Premio, tamén liderou a carreira durante os pitstops. David Coulthard correu 3º no inicio, pero desapareceu con problemas de freada. O compañeiro de equipo de Schumacher, Eddie Irvine, estaba preto de Villeneuve cando ambos fixeron o seu segundo pitstop, pero o seu coche fallou cando saíu dos pits. A carreira foi un desastre para Heinz-Harald Frentzen. Calou na grella coa carreira a piques de comezar, forzando a abortar o inicio da carreira para comezar na reanudación na parte traseira da grella. Entón, na primeira volta, Jos Verstappen bateu coa parte traseira do seu Williams na curva Becketts e a carreira do alemá rematou inmediatamente.

Damon Hill finalmente logrou os seus primeiros puntos para o equipo Arrows tras unha retirada tardía de Shinji Nakano.

Ictioloxía

A ictioloxía é unha rama da zooloxía dedicada ao estudo dos peixes. Esta inclúe os Osteichthyes (peixes óseos), os Chondrichthyes (peixes cartilaxinosos) tales como a quenlla e a raia e os Agnatha (peixes sen mandíbula). Estímase que hai ao redor de 25.000 especies descritas e que cada ano son descritas oficialmente 250 novas especies. A dificultade na clasificación radica na gran variedade que alcanzaron durante o proceso evolutivo e a accesibilidade dos humanos ao medio acuático. Por outra banda, a ictioloxía ademais ocúpase da bioloxía e do comportamento dos peixes. Así mesmo, está estreitamente ligada coa limnoloxía e a oceanografía.

Mineral

Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.

A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.

Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

Material inorgánico de orixe natural.

Material cristalino, ordenado en celas unidade.

Material sólido, salvo raras excepcións.Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Raia

O termo raia, derivado do baixo latín radia, e este do latín radiŭs, "raio", pode referirse a:

unha liña ou trazo longo e delgado;

a raia, unha forma coloquial para denominar a fronteira entre Galicia e Portugal.

a raia de puntuación, un signo gráfico máis longo ca o guión;

o método da raia, un método sinxelo para a identificación de minerais;

a raia de cocaína, unha liña desta droga en po (dun par de milímetros de grosor e varios centímetros de lonxitude), que se forma para aspirar polo nariz (esnifar).

a raia, cada un dos membros da orde dos Rajiformes, especialmente os pertencentes á familia dos Rajiidae, moi característicos polo seu corpo aplanado.

Así mesmo, coñécense como raias,

as raias eléctricas, os membros da orde dos torpediniformes (denominados popularmente tamén como estrugas ou ortigas (de mar).

as raias látego ou raias de aguillón, os membros da orde dos miliobatiformes.Como topónimo dá nome a:

A Raia, lugar da parroquia de Santa María de Lurdes, no concello de Curtis

Raia (puntuación)

A raia (—) ou trazo longo é un signo de puntuación consistente nun trazo horizontal máis longo có guión. Úsanse nalgúns casos dúas raias para encerrar algunha parte do discurso.

Santa María de Lurdes, Curtis

Santa María de Lurdes é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Curtis. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1420 habitantes (747 mulleres e 673 homes), 45 máis que en 1999. A poboación está distribuída en 6 entidades de poboación en 2,3 km².

Aínda que segundo o Nomenclátor de Galicia o nome da parroquia civil é Santa María de Lurdes, a parroquia eclesiástica denomínase Nosa Señora de Lourdes. Pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Trambolosríos

Trambolosríos é un espazo natural situado na parroquia de Castrelo de Abaixo, concello de Riós, na fronteira entre Galiza e Portugal (A Raia).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.