A Rúa

A Rúa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 4595 habitantes (5027 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «rués».

Coordenadas: 42°25′0″N 07°7′15″O / 42.41667, -7.12083

A Rúa
Escudo de A Rúa
A Rúa de Petín, Galiza
Situacion A Rúa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Valdeorras
Poboación4.359 hab. (2018)
Área35,9 km²
Densidade121,42 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeÁlvaro Fernandez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 2
Outros: R.U.A. 2
Eleccións municipais na Rúa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes41,53%
Na rede
http://www.arua.es/
concello.arua@eidolocal.es

Demografía

Censo total 4595 (2015)
Menores de 15 anos 475 (10,34 %)
Entre 15 e 64 anos 2785 (60,61 %)
Maiores de 65 anos 1335 (29,05 %)
Estranxeiros 204 (4,44 %)
Evolución da poboación da Rúa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2411 3224 4096 6060 5000 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Toponimia

O nome do concello vén do substantivo común rúa (camiño dentro dunha poboación), que vén do latín vulgar via ruga (camiño entre casas), xa que ruga significa no latín clásico engurra. O termo rúa é compartido noutras linguas próximas como no portugués rua, en albanés rrugë, en bretón ruioù ou en francés rue[5].

Xeografía

O concello limita ao norte con Vilamartín de Valdeorras e Quiroga (este último da provincia de Lugo), ao sur con Larouco, ao leste con Petín e Vilamartín de Valdeorras, e ao oeste con Quiroga.

Os cumios de maior altitude están cara ao norte, na serra dos Cabalos, os montes de Cereixido e a serra da Enciña da Lastra: Lagoa Grande (1242 m), Pincheira (1139 m) e A Torrenta (1134 m). Cara ao sur está o val do río Sil, ao que van dar varios ríos e regatos no encoro de San Martiño.

Ten un clima suboceánico con trazos continentais e mediterráneos, con escasas choivas.

Historia

Antes da romanización, segundo Plinio e Tolomeo, as terras estaban habitadas polos Gigurros, do convento xurídico asturicense. Na localidade da Rúa estaba situada a Forum Cigurrorum romana (Cigurria), a VIII mansión da Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga, cruzando o río Sil pola ponte da Cigarrosa. Preto desta ponte atopouse unha lápida de cuarzo cunha inscrición romana, conservada na igrexa de Santo Estevo.

Na Idade Antiga establecéronse na zona os suevos e os visigodos, que utilizaron a vila como ceca de cuñaxe de moeda durante os reinados de Viterico, Sisebuto e Suintila, entre os anos 603 e 631. Logo da invasión musulmá asentáronse os agarenos, expulsados por Afonso I de Asturias a mediados do século VIII.

Na Idade Media a zona estivo baixo dominio dos reis de Asturias, León e Galiza e baixo o señorío dos condes de Lemos e Ribadavia.

Ata a Idade Moderna o termo recibiu o nome de Santo Estevo.

No século XIX houbo enfrontamentos entre a guerrilla e as tropas francesas durante a guerra da Independencia. En 1811 faleceu na zona María Manuela de Lunas y Sancho, heroína na defensa de Zaragoza.

Escudo

Segundo o Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense), a organización do escudo do concello queda do seguinte xeito: "Escudo de prata cunha banda de azur; brocante escudón de azur cunha ponte de ouro, mazonado de sable posto sobre ondas de prata e azur, e sumado dun sotuer de ouro. Ó timbre coroa real.".[6] O concello representa o escudo cunha banda inferior coa lenda Forvm Egvrrorvm[7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Rúa.
Roblido

O río Sil visto desde Roblido.

Igrexa da Rúa de Valdeorras, A Rúa

Igrexa da Nosa Señora de Fátima de Fontei.

Casa do concello da Rúa, provincia de Ourense

Casa do concello.

Placa altimétrica, concello A Rúa

Placa altimétrica do concello.

Lugares da Rúa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Rúa vexa: Lugares da Rúa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 11 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Rúa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Etimoloxía da Rúa no Portal das Palabras da RAG.
  6. Decreto 281/1991,.do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello da Rúa (Ourense)
  7. Web do concello

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Broadway

Broadway, que significa 'vía ancha' en inglés, é unha avenida da cidade de Nova York, Estados Unidos. A avenida Broadway é, xunto coa Quinta Avenida, a rúa máis famosa de Manhattan.

É ademais a ruta máis antiga da cidade, podendo retrotraerse ó primeiro asentamento holandés de Nova Ámsterdan que atravesaba en diagonal, de norte a sur, a illa de Manhattan. O nome é unha tradución do neerlandés 'Breede weg'. A ruta holandesa, en todo caso, seguía o carreiro orixinal indio denominado 'Wickquasgeck', que serpeaba a illa seguindo o mesmo camiño. A primeira vez que se cita aparece nunha descrición do explorador David de Vries en 1642.

A avenida actual caracterízase por atravesar varias prazas importantes, entre elas Union Square, Madison Square, Herald Square e Times Square, e por ser punto de referencia para 43 teatros que conforman o "Circuíto Broadway". Destes corenta e tres, soamente seis deles están situados na avenida Broadway.

A maioría das obras de teatro que se presentan son musicais .

Os principais actores americanos e destacadas figuras do cine realizaron actuacións en Broadway, tal é o caso de Groucho Marx, Charlton Heston, Robert Redford, Orson Welles, Katharine Hepburn, Burt Lancaster, James Dean, Marlon Brando, Gene Hackman, Frank Ronald Reiss, Grace Kelly e Lauren Bacall, entre outros. Algúns deles incluso pasaron por Broadway antes que por Hollywood.

En Manhattan existen outros circuítos de teatro con menor prestixio, chamados Off-Broadway e Off-off-Broadway.

Calella

Este artigo trata sobre un municipio catalán, para a rúa ou camiño estreito véxase Rúa.Calella é un municipio español da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Para diferenciala de Calella de Palafrugell é denominada á veces Calella de la Costa.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

El Poblenou

El Poblenou é un dos dez barrios que forman o distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. O barrio está limitado entre as rúas Pere IV e a avenida Diagonal polo oeste, a rúa Bac de Roda ao norte, o Paseo Taulat, a rúa Taulat e a avenida Icària polo leste, e a rúa Àvila ao sur. O seu eixo cívico principal e máis popular é a Rambla del Poblenou.

A orixe está nun dos núcleos habitados de Sant Martí de Provençals, que creceu pronto en industria e habitantes. A finais do século XIX chegou a ser a área con máis concentración industrial de Cataluña.

Os límites actuais estableceunos en 2006 a división administrativa en barrios de Barcelona, que recortou a extensión tradicional e creou novos barrios, hoxe adxacentes, co topónimo "Poblenou" no nome: El Parc i la Llacuna del Poblenou, La Vila Olímpica del Poblenou, Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou, i Provençals del Poblenou.

Actualmente é unha zona en constante transformación, onde se sitúa o distrito tecnolóxico de Barcelona, o 22@, convivindo as fachadas de antigas fábricas e unha vida veciñal que intenta conservar o espírito familiar e popular tradicional.

El Raval

El Raval é un barrio de Barcelona, situado no distrito de Ciutat Vella, nacido da ampliación das murallas medievais da cidade, aínda que é probable que existisen asentamentos anteriores.

Atópase delimitado polo barrio do Poble-sec, a través da Avenida do Paral·lel; co Barrio de Sant Antoni, a través das Roldas de Sant Pau e Sant Antoni; e co Barrio Gótico, a través da rúa Pelai e La Rambla. Entre as súas principais arterias destacan a Rúa do Carme, a Rúa Nou de la Rambla e a Rambla do Raval.

No Raval conviven hoxe en día aldeáns e xente vinda de múltiples países e culturas. Nas súas rúas poden verse comercios de todas as nacionalidades e ata tendas de moda e novas tendencias, sobre todo na parte alta do barrio.

Tamén é coñecida a rúa da Cera, cunha gran e histórica comunidade de etnia xitana. O nome provén dos ríos de cera formados polas numerosas candeas colocadas ante a virxe desa rúa, para protexerse da peste. Desta comunidade xurdiu a rumba catalá.

Durante moitos anos foi popularmente coñecido como o Barrio Chinés de Barcelona.

Estación da Rúa-Petín

A Rúa-Petín é unha estación de Adif situada no concello da Rúa, na provincia de Ourense, moi preto do seu límite co concello de Petín. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é a estación de ferrocarril máis importante en número de trens da provincia de Lugo, situada na cidade de Monforte de Lemos, e unha das máis importantes e con maior número de pasaxeiros de Galicia debido a confluencia das liñas León-A Coruña e Monforte-Redondela.

Ten servizos de Media e Longa Distancia, ademais dunha imporante función loxística derivada da súa extensa praia de vías.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Redondela AV

A estación de Redondela AV é unha estación de Adif na cidade de Redondela, pertencente ao Eixe atlántico de alta velocidade. Está situada no leste do núcleo urbano de Redondela, na confluencia entre a rúa dos Eidos e a estrada de Pazos.

Estación de San Clodio-Quiroga

San Clodio-Quiroga é unha estación de tren de Adif situada en San Clodio, no concello de Ribas de Sil, a escasos quilómetros de Quiroga. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Estación do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é unha estación de Adif situada no concello do Barco de Valdeorras, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Navas

Navas é un dos sete barrios que forman o distrito barcelonés de Sant Andreu. Cunha superficie de 0,4 km² e cunha poboación de 21.258 habitantes (2008) é un dos barrios máis recentes de Sant Andreu.

Abarca parte dos antigos territorios do Clot e da Sagrera, a banda e banda da avenida Meridiana. A rúa Navas de Tolosa é a vía central e a que dá nome ao barrio e limítao; doutra banda, a rúa Felip II fai de linde natural con La Sagrera. O centro neurálxico do barrio é a praza Ferran Reyes, situada sobre a Meridiana. Preside a praza a igrexa parroquial de Sant Joan Bosco.

O barrio claramente dividido en dúas partes pola avenida Meridiana, conta coa Banda Muntanya, unha parte constituída por rúas que conservan a trama do ensanche de Ildefons Cerdà, mentres que outra parte forma un conxunto moi popular chamado "casas do gobernador". Situada na parte superior da Meridiana, chega ata o eixo da Praza Maragall.

Por debaixo da avenida Meridiana atopamos a chamada Banda Mar, coa Praza Islàndia, a rúa de Bofarull, que cruza o barrio de lado a lado, ata a rúa Mallorca e a Torre del Fang, casa de finais do século XI situada xa no adxacente barrio de La Sagrera.

Romariz, Abadín

San Xoán de Romariz é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 147 habitantes en 2015 (68 homes e 79 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 149 habitantes (67 homes e 82 mulleres), e 46 habitantes menos que en 2004.

Rúa

Para o concello ourensán, véxase A Rúa.

Unha rúa é un espazo urbano lineal habilitidado para a circulación de persoas ou vehículos e dá acceso aos edificios e soares que se atopan a ambos os dous lados. No subsolo da rúa dispóñense as redes das instalacións de servizos urbanos aos edificios tales como rede de sumidoiros, auga potable, gas, rede eléctrica e telefonía.

O espazo da rúa é de lonxitude indefinida, só interrompida polo cruzamento con outras rúas ou, en casos singulares, polo final da rúa, nunha praza, nun parque urbano etc.

Rúa Real (A Coruña)

A Rúa Real é unha rúa da Coruña situada no barrio da Peixería da cidade.

É unha rúa peonil situada entre a rúa Rego de Auga e o Cantón Grande.

Rúa Reconquista de Vigo

A rúa Reconquista é unha rúa da cidade olívica que debe o seu nome, dende maio de 1882, á conmemoración da expulsión do exército francés, o 28 de marzo de 1809, por parte dos vigueses. Liga a rúa Policarpo Sanz coa praza de Compostela.

Serra de Cereixedo

A serra de Cereixedo é un macizo localizado entre os termos municipais de Quiroga e A Rúa, que limita ao norte co río Barreiros, ao oeste polo río Soldón e ao sur co val do río Sil e máis a depresión de Valdeorras. Está conformada por lousas, granitos, guarcita e calcarias.

O cumio de maior altitude é o Lagoa Grande, con 1.246 metros sobre o nivel do mar.

Trenhotel

O Trenhotel é a marca comercial dos servizos de trens nocturnos de longa distancia e de gama media-alta operados por Renfe Operadora en España. O servizo realízase con trens Talgo e conecta gran parte de España e algunhas cidades de Portugal. No pasado tamén conectaba con cidades de Francia, Italia e Suíza.

Ten asentos en turista e preferente, cabinas de 4 camas en turista e de 1 ou 2 en preferente ou gran clase. O acceso está adaptado a minusválidos e posúe cafetería.

Dende o punto de vista físico, é un tren Talgo das series IV, V, VI ou VII con posible rodadura desprazable que foi reformado por dentro contendo moitos dos coches camas para viaxar de noite.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.