A Portuguesa

A Portuguesa é o himno nacional de Portugal. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. Regra xeral apenas a primeira parte do himno é transmitida polo ensino oficial. Na súa maioría, os portugueses descoñecen por tanto a existencia das segunda e terceira partes da letra do himno.

A Portuguesa
En galego: A Portuguesa
A Portuguesa music sheet (1957 official)
Himno dePortugal Portugal
LetraHenrique Lopes de Mendonça
1890
MúsicaAlfredo Keil
1890
Adoptado5 de outubro de 1910 (de facto)
19 de xullo de 1911 (de iure)
Mostra da música
A Portuguesa (Instrumental)

A portuguesa

Data: 1890 (con alteracións de 1957)
Letra: Henrique Lopes de Mendonça
Música: Alfredo Keil

I
Heróis do mar, nobre povo,
Nação valente e imortal
Levantai hoje de novo
O esplendor de Portugal!
Entre as brumas da memória,
Ó Pátria, sente-se a voz
Dos teus egrégios avós
Que há-de guiar-te à vitória!
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela Pátria lutar
Contra os canhões marchar, marchar!
II
Desfralda a invicta Bandeira,
À luz viva do teu céu!
Brade a Europa à terra inteira:
Portugal não pereceu
Beija o solo teu, jucundo,
O oceano, a rugir de amor,
E o teu Braço vencedor
Deu mundos novos ao mundo!
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela Pátria lutar
Contra os canhões marchar, marchar!
III
Saudai o Sol que desponta
Sobre um ridente porvir;
Seja o eco de uma afronta
O sinal de ressurgir.
Raios dessa aurora forte
São como beijos de mãe,
Que nos guardam, nos sustêm,
Contra as injúrias da sorte.
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela Pátria lutar
Contra os canhões marchar, marchar!

Data: 1890 (orixinal)
Letra: Henrique Lopes de Mendonça
Música: Alfredo Keil

I
Herois do mar, nobre povo,
Nação valente e immortal
Levantai hoje de novo
O esplendor de Portugal!
Entre as brumas da memoria,
Oh patria, sente-se a voz
Dos teus egrégios avós
Que há-de guiar-te à vitória!
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela patria lutar!
Contra os Bretões marchar, marchar!
II
Desfralda a invicta bandeira,
À luz viva do teu céo!
Brade a Europa á terra inteira:
Portugal não pereceu!
Beija o teu sólo jucundo
O Oceano, a rugir de amor;
E o teu braço vencedor
Deu mundos novos ao mundo!
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela patria lutar!
Contra os Bretões marchar!
III
Saudai o sol que desponta
Sobre um ridente porvir;
Seja o eco de uma afronta
O sinal do resurgir.
Raios dessa aurora forte
São como beijos de mãe,
Que nos guardam, nos sustêm,
Contra as injurias da sorte.
Às armas, às armas!
Sobre a terra, sobre o mar,
Às armas, às armas!
Pela patria lutar!
Contra os Bretões marchar!
Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Apelido

O apelido de familia é o nome da persoa relacionado coa súa ascendencia. Está intimamente ligado ao estudo xenealóxico e onomástico.

Cambedo

Cambedo da Raia é unha aldea portuguesa da freguesía de Vilarelho da Raia, no concello de Chaves. Un lugar de Trás-os-Montes que está situado na fronteira con Galiza (A Raia). No ano 2010 tiña 70 habitantes.

Até 1868 era considerado ―canda Lamadarcos e Souteliño― un dos tres pobos promiscuos, por estar situado na propia fronteira, entre Galiza e Portugal. A parte galega pertencía á parroquia de Oímbra e a portuguesa á de Vilarelho da Raia. Nese ano, a parte galega foi anexada a Portugal coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864.

A mediados do século XIX tiña unha poboación de 25 veciños galegos e 13 portugueses, sendo o único pobo promiscuo con máis galegos ca portugueses. Así mesmo, tiña en 1857 24 veciños galegos que equivalían a 78 habitantes.

Cedilla

A cedilla (do castelán: «pequeno z») é un signo diacrítico.

Historicamente, a cedilla castelá (e, por extensión xeográfica, a galegoportuguesa, a portuguesa, a catalá e mais a francesa) colócase soamente baixo un c orixinado, entre outras posibilidades, dun c latino palatalizado. Forma, polo tanto, a letra ç (ce cedillado), pronunciada orixinalmente /ts/, despois convertida en [s].

A cedilla non forma parte do alfabeto galego da norma actual.

Ditadura Nacional

Ditadura Nacional (Ditadura Nacional en portugués) foi a denominación do réxime ditatorial portugués saído da elección por sufraxio universal do presidente da república Óscar Carmona en 1928 debido ás turbulencias seguidas ao golpe de estado do 28 de maio de 1926. Durou até 1933, ao ser referendada unha nova Constitución, que deu orixe ao Estado Novo, un réxime político autoritario e corporativista baixo o mando do ditador António de Oliveira Salazar. Considérase que este período xunto co do Estado Novo forman o período histórico da Segunda República Portuguesa.

Estadio Municipal de Balaídos

O Estadio Municipal de Balaídos é un estadio de fútbol situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

Estado Novo

Estado Novo ou II República Portuguesa é o nome do réxime político autoritario e corporativista que tivo lugar durante 41 anos en Portugal de forma ininterrompida, desde 1933, coa aprobación dunha nova Constitución por plebiscito nacional, até 1974, coa Revolución dos Cravos. Coa designación Estado Novo pretendíase dicir que se iniciaba unha nova fase política do país, diferente da primeira República portuguesa.[Cómpre referencia]É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcello Caetano. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moito centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".[Cómpre referencia]Tratouse da ditadura máis longa na Europa occidental durante o século XX. Alongouse durante 48 anos, incluíndo a ditadura militar de 1926 a 1933 e o Estado Novo que abrangue o período entre os anos 1933 e 1974. [Cómpre referencia]

Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo armado galego terrorista cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a instauración dun réxime socialista, operativo en Galicia entre 1987 e 1991.

Federación Anarquista Ibérica

A Federación Anarquista Ibérica (FAI) é unha organización fundada en 1927 en El Saler (Valencia) como continuación de dúas organizacións anarquistas, a portuguesa Unión Anarquista Portuguesa, e a española Federación Nacional de Grupos Anarquistas de España malia que foi fundamentalmente unha organización española. Na actualidade a organización forma parte da Internacional de Federacións Anarquistas.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Historia de España

Malia que non se pode falar de historia de España como tal até a fundación do estado español, este artigo refírese á historia dos territorios que ocupa actualmente.

Igrexa de Santa Comba de Bande

Santa Comba de Bande é unha pequena igrexa construída durante segunda metade do século VII no estilo arquitectónico visigodo vixente no suroeste da Europa nesta época. Santa Comba de Bande é a única igrexa deste período que se conserva na súa integridade[Cómpre referencia]. Trátase do único edifico que se conservou dun mosteiro prerrománico a onde se trouxeran as reliquias de San Trocado (discípulo do Apóstolo Santiago), a quen estivo dedicada.

Recibiu a distinción de Monumento Nacional por mor dun Real Decreto do 11 de agosto de 1921.

Lingua napolitana

O napolitano (napulitano) é a lingua romance falada en Campania e varias rexións veciñas do sur de Italia (Abruzos, Basilicata, Calabria, Lacio, Molise e Puglia) por máis de 7,8 millóns de persoas. Como todas as linguas romances, o napolitano deriva do latín, mais ten influencia española, francesa e normanda. En Italia considérase parte do dialecto meridional do italiano e non unha lingua independente.

Luar na lubre

Luar na Lubre é grupo de folk galego creado na Coruña en 1985. Trátase dunha das bandas máis representativas do panorama folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Nós (revista)

Nós foi unha revista publicada en galego entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Primeira República Portuguesa

A Primeira República Portuguesa estendeuse durante un complexo período de dezaseis anos na historia de Portugal, entre a fin do período de monarquía constitucional marcado pola Revolución do 5 de outubro de 1910 e o golpe de estado de 28 de maio de 1926, o cal instaurou unha ditadura militar coñecida como Ditadura Nacional que sería seguida polo réxime ditatorial corporativista de António de Oliveira Salazar coñecido como Estado Novo.

Reintegracionismo

O reintegracionismo é unha postura lingüística que defende que o galego é unha variedade da lingua portuguesa ou no ámbito científico, galego-portuguesa. Polo tanto, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte do mesmo diasistema lingüístico e, como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, propón a adopción dunha grafía baseada na norma portuguesa.

Norma divulgada a través do libro Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego de 1983 coñecida como Norma AGAL e que ten a súa continuación no Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza da Associaçom de Estudos Galegos, mentres a AGAL logo de aprobar a confluencia das dúas tradicións normativas do reintegracionismo deu ao prelo a Ortografia galega moderna: confluente com o português no mundo en 2017.

O sector lusista defende a adopción directa do padrón portugués.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.