A Pontenova

A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 2.470 habitantes (1.196 homes e 1.274 mulleres) (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés».

Coordenadas: 43°20′51.21″N 7°11′33.42″O / 43.3475583, -7.1926167

A Pontenova
Bandeira de A Pontenova
---
Escudo de A Pontenova
Hornos de calcinación de las minas de Vilaoudriz
Altos fornos das minas de Vilaoudriz.
Situacion A Pontenova
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Oriental
Poboación2.283 hab. (2018)
Área135,8 km²
Densidade16,81 hab./km²
Entidades de poboación11 parroquias
Capital do concelloA Pontenova
Política (2019 [2])
AlcaldeDarío Campos Conde (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais na Pontenova
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes76,48%
Na rede
http://concellodapontenova.org

Demografía

A poboación da Pontenova caracterízase por un forte envellecemento e unha escasa natalidade.

Censo total 2.470 (2015)
Menores de 15 anos 168 (6.80 %)
Entre 15 e 64 anos 1.422 (57.57 %)
Maiores de 65 anos 880 (35.63 %)

Xeografía

O concello está atravesado polo río Eo na zona media-alta do seu percorrido, formando fermosos vales e paisaxes montañosas. O clima é de transición entre o propio da costa e o do interior da provincia de Lugo. Limita ó norte con Trabada, ó sur coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín, ó leste con Asturias e ó oeste con Riotorto. Polo concello pasa a estrada N-640, que vai de Lugo á Veiga.

Historia

Casa concello A Pontenova, Lugo 3
Casa do concello.

O concello está na Terra de Miranda, sendo feudo de estirpes de fidalgos. O nome alude á existencia doutra ponte antiga sobre o Eo, comunicando a vila coa outra beira do río, onde xa se explotaban xacementos mineiros desde épocas antigas.

Existen probas arqueolóxicas da súa poboación cara á idade de Pedra, e hai restos posteriores de poboados castrexos. Non existen moitos restos da época da antiga Roma. Porén, é posible que o trazado da actual estrada N-640 siga o da antiga calzada romana, que serviu de entrada a suevos e árabes.

Durante a idade Media a comarca estivo dominada polo monacato, que colonizou e repoboou as terras abandonadas polos sarracenos. Proba disto son os abundantes templos e construcións relixiosas que se conservan desta época, como o mosteiro de Meira, construído no século XII pola orde do Císter. A titularidade laica tamén tivo posesións dentro do termo municipal.

Os señoríos laico e eclesiástico repartíanse a posesión das terras da Pontenova, aínda que foi a igrexa quen acadou un maior patrimonio, mercede as doazóns que recibía da realeza e do pobo, para remisión dos seus pecados. A partir do século XII comezou a aparecer na documentación referencias sobre a "Vila de Goios" entre as propiedades do mosteiro de Meira, antecedente da actual A Pontenova.

Declinado o poder eclesiástico, as terras desta comarca pertenceron a varias casas nobres, como os Pardo de Cela, os Osorio, os Losada e os Miranda.

Houbo dous fenómenos sociais que afectaron ás terras de Miranda. Un foi a fundación no século XVIII da gran fábrica de Sargadelos, no concello de Cervo, de onde saíron os ladrillos que serviron para construír os fornos das minas de Vilaoudriz. Xa no século XIX, iniciouse a explotación dos xacementos de limonita por parte dunha sociedade vasca, explotación que continuou ata a guerra civil española. A importancia desta actividade provocou a comezos de século a construción dun ferrocarril mineiro entre Vilaoudriz e Ribadeo para transportar o mineral cara ó porto de Ribadeo.

Ata 1845 o termo estaba dividido en tres concellos: Conforto, Miranda e Vilameá. Nese ano Miranda e Conforto uníronse no de Vilaoudriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo oficial de Puente Nuevo, e en 1963 fusionouse co de Vilaoudriz, chamándose ata 1979 Puente Nuevo Vilaoudriz. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Pontenova.
Loita-Tradicional-Galega-en-Santalla

Demostración de Loita Tradicional Galega durante o encontro de xogos e deportes tradicionais en Santalla, na parroquia de Vilameá.

Oficina turismo A Pontenova

Oficina turismo da Pontenova.

Fornos da Pontenova 2017

Fornos da Pontenova dende a praza dos fornos, 2017.

Lugares da Pontenova

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pontenova vexa: Lugares da Pontenova

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Pastoriza". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Pontenova, A Pontenova

O Sagrado Corazón da Pontenova é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1 027 habitantes (491 homes e 536 mulleres).

A Pontenova, Artes, Carballo

A Pontenova é un lugar da parroquia de Artes no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 35 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 17 homes e 18 mulleres.

A Pontenova, O Araño, Rianxo

A Pontenova é un lugar da parroquia do Araño no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

A Pontenova, Rus, Carballo

A Pontenova é un lugar da parroquia de Rus no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 25 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 13 homes e 12 mulleres.

Bogo, A Pontenova

San Pedro de Bogo é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 135 habitantes (74 homes e 61 mulleres).

Comarca da Mariña Oriental

A comarca da Mariña Oriental é unha comarca galega situada provincia de Lugo cuxa capital é Ribadeo. A ela pertencen os concellos de Barreiros, A Pontenova, Ribadeo e Trabada. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Conforto, A Pontenova

San María de Conforto é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 263 habitantes (131 homes e 132 mulleres).

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Oín, Rois

Santa María de Oín é unha parroquia situada no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 439 habitantes (209 homes e 230 mulleres). Agora[cando?] conta con aproximadamente 430 habitantes, distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 401 habitantes. Forma a capital do municipio e é un dos principais núcleos urbanos de Rois; ademais, é unha das únicas parroquias que gañan poboación.

É a parroquia máis pequena do municipio, con só 3,23 quilómetros cadrados de superficie, e está formada polas aldeas de Antequeira, Barro, O Castro, A Eirexa, Oín, A Peruca, A Pontenova e Samil, onde se atopa a Casa do Concello.

Limita cos concellos de Padrón e Dodro, e coas parroquias de Seira e Rois.

Rececende, A Pontenova

San Xoán de Rececende é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013( ten 208 habitantes (96 homes e 112 mulleres).

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Santo Estevo de Rececende, A Pontenova

Santo Estevo de Rececende é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 97 habitantes (46 homes e 51 mulleres).

Serra do Pousadoiro

A serra do Pousadorio é unha das serras orientais de Galiza, e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Os ríos Ferreiravella e o Xudán, afluentes do río Eo, circulan polas súas vertentes. A serra está conformada por lousas, areiscas e cristas de cuarcitas.

A vexetación da zona está composta principalmente de eucaliptos e piñeiros, así como pequenas masas de carballo, sobre todo na parte oeste.

O punto de maior altitude é o Alto do Pousadoiro, con 666 metros sobre o nivel do mar.

Vilaboa, A Pontenova

San Xulián de Vilaboa é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 260 habitantes (123 homes e 137 mulleres).

Vilameá, A Pontenova

San Vicente de Vilameá (do latín Villam Medianam, 'vila situada no medio') é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 264 habitantes (124 homes e 140 mulleres).

Vilaoudriz, A Pontenova

Santiago de Vilaoudriz é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta 108 habitantes (58 homes e 50 mulleres).

Vilaouruz, A Pontenova

San Martiño de Vilaouruz é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 43 habitantes (23 homes e 20 mulleres).

Vilarmide, A Pontenova

O Salvador de Vilarmide é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 52 habitantes (18 homes e 34 mulleres).

Xudán, A Pontenova

Santa María Madanela de Xudán é unha parroquia do concello lucense da Pontenova, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 153 habitantes (80 homes e 73 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.