A Ponte de Domingos Flórez

A Ponte de Domingos Flórez (en castelán e oficialmente Puente de Domingo Flórez, e popularmente só A Ponte) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 59,39 km², na que viven 1.655 habitantes (INE 2011), cunha densidade de poboación de 27,97 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

A Ponte de Domingos Flórez
Escudo de A Ponte de Domingos Flórez
Xentilicio[1] pontarego, -a
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Cabreira
Poboación 1.655 hab. (2015)
Área 59,18 km²
Densidade 27,97 hab./km²
Entidades de poboación Castro, Eres, A Ponte, Robledo, Salas, San Pedro de Trones e As Veigas
Capital do concello A Ponte
Política (2015)
Alcalde Julio Arias Escuredo (PP)
Concelleiros PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %
Páxina web oficial
www.puentedomingoflorez.ccbierzo.net/

Xeografía

Salas de la Ribera
Vista da aldea de Salas de la Ribera, entre a estrada N-536 e o río Sil.

A Ponte sitúase ao longo do tramo inferior do río Cabreira, que entra aquí, aínda encaixado, no río Sil. Só na parte leste do concello se abre unha veiga, sobre socalcos fluviais do último dos ríos, e que se estende ata Salas, o que xustificou que antigamente esta zona se chamase A Ribeira. Aínda que A Ponte se ve indicada como capital da Cabreira Baixa, o certo é que na documentación histórica formaba parte da Ribeira, unha subdivisión comarcal aínda vixente popularmente, e que compoñen os concellos cabreireses da Ponte, Benuza e Castriellu. O Sil forma precisamente límite coa provincia de Ourense, situándose na outra beira o concello valdeorrés de Rubiá e a localidade de Quereño, que mantivo sempre tradicionais relacións coa Ponte, máxime desde a chegada do ferrocarril, que abriu unha estación no lugar. Para pasar dun lado ao outro do río, fíxose uso en tempos de barcas (barcas de Quereño), até que nos inicios do século XX, unha familia asentada en Quereño, os López, construíron unha ponte colgante sobre o Sil, cobrando unha tarifa por pasar.

Porén, a estrada entre Ourense e Ponferrada pasaba pola Ponte, para o que se construíu unha nova ponte. A ponte vella, que dá o seu nome a esta localidade, está no núcleo máis antigo e afastada da nova estrada.

Toponimia

Domingo Flórez pertenceu aos Froilaz, familia nobre da comarca de Valdeorras e o Bierzo do século XI. Domingo Flórez coonstruíu unha ponte que permitía que o gando dunha beira do río pastase na outra[3].

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. "El pueblo del Puente de Domingo Flórez" Arquivado 24 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na web El Puente de Domingo Flórez (en castelán).
Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Berlanga del Bierzo

Berlanga del Bierzo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 400 habitantes (INE 2011).

Cabañas Raras

Cabañas Raras é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.310 habitantes (INE 2011).

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Castropodame

Castropodame é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.801 habitantes (INE 2011).

Congosto

Congosto é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.692 habitantes (INE 2011).

Cubillos del Sil

Cubillos del Sil é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.830 habitantes (INE 2011).

Folgoso de la Ribera

Folgoso de la Ribera é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo (Castela e León). A súa poboación é de 1.226 habitantes (INE 2012).

Igüeña

Igüeña é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.385 habitantes (INE 2011).

Molinaseca

Molinaseca é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 854 habitantes (INE 2011).

Noceda del Bierzo

Noceda del Bierzo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 780 habitantes (INE 2011).

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Páramo del Sil

Páramo del Sil é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.464 habitantes (INE 2011).

Sancedo

Sancedo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 560 habitantes (INE 2011).

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Torre del Bierzo

Torre del Bierzo é unha localidade e municipio da comarca do Bierzo, provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León, España. Ten unha área de 119,29 km² cunha poboación de 2.714 habitantes (INE 2007) e unha densidade de 22,75 hab/km².

Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.