A Pobra de Trives

A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 2.118 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pobrense» ou «trivés».

Coordenadas: 42°20′22″N 07°15′11″O / 42.33944, -7.25306

A Pobra de Trives
Escudo de A Pobra de Trives
A Pobra de Trives Casa do Concello 1
Casa do Concello
Situacion A Pobra de Trives
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Trives
Poboación2.118 hab. (2018)
Área84,2 km²
Densidade25,15 hab./km²
Entidades de poboación19 parroquias
Capital do concelloA Pobra de Trives
Política (2019[2])
AlcaldesaPatricia Domínguez Barja (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Son de Trives-En Marea 2
Eleccións municipais na Pobra de Trives
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes59,67%
Na rede
http://www.apobradetrives.es

Demografía

Censo total 2.118 (2018)
Menores de 15 anos 165 (7.79 %)
Entre 15 e 64 anos 1.194 (56.37 %)
Maiores de 65 anos 759 (35.84 %)
Evolución da poboación da Pobra de Trives   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5 541 5 446 5 713 5 305 2 721 2 664 2456 2388 2319 2280 2245 2191 2150 2118
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

A Pobra de Trives sitúase nas estribacións occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara o oeste e as ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.

O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.

Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.

Historia

Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.

A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.

A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.

Economía

O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un cámping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Pobra de Trives.
A Pobra de Trives, Pazo do Marqués

Pazo do Marqués na Pobra de Trives.

A Pobra de Trives Igrexa do Santo Cristo 6

Igrexa do Santo Cristo na Pobra de Trives.

A Encomenda from A Escrita

Vista da parroquia da Encomenda desde o cumio da Escrita.

Vista Sobrado de Trives (desde A Escrita)

Vista panorámica da parroquia de Sobrado de Trives.

Frontal Iglesia de Sobrado y campanario

Igrexa e torre de campás da parroquia de Sobrado de Trives.

Sequeiros3

Sequeiros na Pena Folenche.

Lugares da Pobra de Trives

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Patricia Domínguez Barja, a nova alcaldesa da Pobra de Trives
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Encomenda, A Pobra de Trives

Santo Antonio da Encomenda é unha parroquia do concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 103 habitantes (46 homes e 57 mulleres), 47 menos ca no 2000. Situada na vertente setentrional da Serra de Queixa a 835 m de altitude, está bordeada polo Río San Lázaro e o río Cabalar e atravesada por regato da Retorta.

A Pobra de Trives, A Pobra de Trives

Santo Cristo da Misericordia da Pobra de Trives é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 1 516 habitantes (753 homes e 763 mulleres), 17 menos ca no ano anterior.

Barrio, A Pobra de Trives

San Xoán de Barrio é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 58 habitantes, deles 28 eran homes e 30 eran mulleres, o que supón unha diminución de 7 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca da Terra de Trives

A comarca da Terra de Trives é unha comarca galega situada na provincia de Ourense, na zona leste da Ribeira Sacra. A súa capital é A Pobra de Trives, pertencen a ela os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río. A súa poboación era de 4.111 habitantes no 2017 e unha extensión de 431,71 quilómetros cadrados.

Cotarós, A Pobra de Trives

Santiago de Cotarós é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 39 habitantes (21 homes e 18 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Cova, A Pobra de Trives

Santa María de Cova é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 92 habitantes, deles 45 eran homes e 47 eran mulleres, o que supón un incremento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Mendoia, A Pobra de Trives

Nosa Señora Concepción de Mendoia é unha parroquia do concello de A Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 79 habitantes, deles 41 eran homes e 38 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Navea, A Pobra de Trives

San Miguel de Navea é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 41 habitantes (21 homes e 20 mulleres), 3 menos ca no ano anterior.

O Castro, A Pobra de Trives

San Nicolao do Castro é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 31 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Pareisás, A Pobra de Trives

Santo Antonio de Pareisás é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 63 habitantes (34 homes e 29 mulleres), 2 máis ca no ano anterior.

Pena Petada, A Pobra de Trives

Santo Estevo de Pena Petada é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 17 habitantes (9 homes e 8 mulleres), 2 menos ca no ano anterior.

Piñeiro, A Pobra de Trives

San Sebastián de Piñeiro (máis coñecido como Sanfiz)[Cómpre referencia] é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 74 habitantes (36 homes e 38 mulleres), 8 menos ca no ano anterior.

San Lourenzo de Trives, A Pobra de Trives

San Lourenzo de Trives é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 76 habitantes (42 homes e 34 mulleres), un menos ca no ano anterior.

San Mamede de Trives, A Pobra de Trives

San Mamede de Trives é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 56 habitantes (29 homes e 27 mulleres), un menos ca en 2006.

Sobrado, A Pobra de Trives

San Salvador de Sobrado é unha parroquia que se localiza no concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2015 tiña 69 habitantes (35 homes e 34 mulleres), 64 menos ca no 2000.

Somoza, A Pobra de Trives

San Miguel de Somoza é unha parroquia do concello de A Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 34 habitantes, deles 19 eran homes e 15 eran mulleres, o que supón unha diminición de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Trives, A Pobra de Trives

Santa María de Trives é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 44 habitantes (20 homes e 24 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Vilanova, A Pobra de Trives

Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres).

Xunqueira, A Pobra de Trives

San Pedro de Xunqueira é unha parroquia do concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 37 habitantes (22 homes e 15 mulleres), 7 menos ca no ano anterior.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.