A Peroxa

A Peroxa é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.902 habitantes.

Coordenadas: 42°26′25.6″N 07°47′39.3″O / 42.440444, -7.794250

A Peroxa
Escudo de A Peroxa
Castelo da Peroxa
Situacion A Peroxa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación1.871 hab. (2018)
Área54,5 km²
Densidade34,33 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Seoane Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais na Peroxa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes78,79%
Na rede
http://www.aperoxa.es

Xeografía

O concello, situado na comarca de Ourense, ten 54,5 km². O seu relevo está estruturado en tres zonas: unha de montaña baixa (entre 600 e 800 m), que abrangue as parroquias de Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. A topografía é bastante accidentada, formada por numerosas lombas desgastadas pola erosión.

Entre os 400 e 600 metros de altitude están as parroquias de Gueral, Villarrubín e A Peroxa. Esta zona, coñecida como Os Chaos, é máis chaira.

A terceira unidade xeográfica está formada polas terras de val situadas a carón do río Miño e do seu afluente o río Barra, que xunto co río Búbal e o rego de Lentomil, configuran a rede fluvial do concello.

O clima é oceánico con matices meridionais, o que propicia unha vexetación variada, predominando as especies arbóreas autóctonas (piñeiros, carballos, castiñeiros e abeneiros nos vales), mentres que na zona de monte predominan os matos.

Poboación

Censo total 1.902 (2017)
Menores de 15 anos 83 (4.36 %)
Entre 15 e 64 anos 1.047 (55.05 %)
Maiores de 65 anos 772 (40.59 %)
Evolución da poboación de A Peroxa   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.564 7.416 5.929 4.227 2.502 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Atopáronse restos arqueolóxicos paleolíticos, e existen restos de poboados castrexos. Coa romanización de Galicia, construíuse a vía entre Aquas Flavias e Lugo, que posibilitou a formación de novos núcleos de poboación.

Durante a Idade Media foi significativa a presenza do Conde de Ribadavia, que chegou a dominar a maior parte das parroquias que integran o municipio. Tamén foi importante o señorío exercido pola diocese de Ourense, que administrou Vilarrubín e Toubes, mentres que a parroquia de Armental pertenceu ao señorío de Pedro Losada e a de Beacán ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Xa na Idade Contemporánea, por mor das excesivas cargas fiscais ás que estaba sometido o campesiñado da zona, creáronse nas parroquias de Graices e O Souto organizacións agrarias de carácter revolucionario (agrarismo), coa finalidade de rematar co sistema feudal e combater os abusos dos señoríos, que mantiveron os seus privilexios a través do cobro de cuantiosas rendas en especies até finais da década de 1920.

Patrimonio

Entre o seu patrimonio arquitectónico destaca o castelo da Peroxa, destruído no século XX para construír a nova igrexa parroquial.

A igrexa de San Xinés conta cunha torre barroca con dupla balconada. No retablo da igrexa de Graíces, do século XVII, traballou o escultor ourensán Alonso López.

Entre os pazos e casas grandes destaca a casa da Torre (Graíces), as de Souto e Cinconogueiras e os Pazos de Turbisquedo (convertido nunha casa de turismo rural), Redondelle (Sano Equis), Ansariz (Armental) e o de Láncara.

Festas

Na Peroxa ten lugar a feira os días 13 e 27 de cada mes; se estes días caen en domingo, a feira pasa a ser o sábado anterior, ou sexa, os días 12 e 26. Entre a súa gastronomía destaca a carne de vitela ao caldeiro.

A romaría da Virxe das Neves (Graíces) celébrase a primeira semana de agosto.

A romaría da Virxe do Santo Amparo (Carracedo) celébrase o segundo domingo de setembro, nunha pequena capela no Campo do Amparo.

A romaría da Virxe da Saúde (Mirallos) celébrase o terceiro domingo de setembro, nunha ermida no monte de San Nicolás.

A romaría da Virxe do Rosario (Vilarrubín) celébrase o primeiro domingo de outubro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Peroxa.
Iglesia de Graíces

Igrexa de Graíces.

Embalse dos Peares Galiza

Encoro dos Peares.

Vista A Peroxa

Vista parcial da Peroxa.

Praza do concello, A Peroxa

Praza do concello.

Mural praza do concello, A Peroxa

Mural na praza do concello con motivos da Ribeira Sacra.

Casa do concello, A Peroxa

Casa do concello.

Placa altimétrica, A Peroxa

Placa altimétrica na casa do concello.

Lugares da Peroxa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Peroxa vexa: Lugares da Peroxa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultados eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Peroxa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Peroxa, A Peroxa

Santiago da Peroxa é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 394 habitantes, deles 196 eran homes e 198 eran mulleres, o que supón un incremento de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

A Peroxa, Burres, Arzúa

A Peroxa é un lugar da parroquia de Burres no concello coruñés de Arzúa na Comarca de Arzúa. Tiña 11 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 6 eran mulleres.

A Peroxa Club de Fútbol

O A Peroxa Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego, baseado no concello da Peroxa. Actualmente xoga no grupo 4 da Primeira Autonómica.

Armental, A Peroxa

San Salvador de Armental é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 138 habitantes, deles 69 eran homes e 69 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Beacán, A Peroxa

Santa María de Beacán é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 70 habitantes, deles 36 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Carracedo, A Peroxa

Santiago de Carracedo é unha das parroquias máis grandes do concello ourensán da Peroxa. Segundo o INE en 2008 tiña 206 habitantes (91 homes e 115 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 275 habitantes.

Castelo da Peroxa

O castelo da Peroxa, tamén coñecido como castelo de San Xes da Peroxa é unha fortaleza situada na parroquia de San Xes da Peroxa, no concello da Peroxa.

É un castelo medieval construído nun outeiro escarpado sobre o val do rego Rial, afluente do río Miño, que só suaviza a súa pendente na vertente cara á poboación. Está situado ao sueste da mesma, no lugar ocupado previamente por un poboado castrexo. Desde este lugar domínanse visualmente amplas zonas do val do Miño.

Celaguantes, A Peroxa

San Xulián de Celaguantes é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 31 eran homes e 28 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Estación dos Peares

Os Peares é unha estación de tren de Adif, situada nos Peares, no concello da Peroxa, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Graíces, A Peroxa

San Vicente de Graíces é unha parroquia pertencente ao concello da Peroxa, na provincia de Ourense. Cunha extensión de 4,81 km² posuía no censo de 2014 unha poboación de 215 habitantes.

Gueral, A Peroxa

San Martiño de Gueral é unha parroquia do concello ourensán da Peroxa. Segundo o IGE en 2014 tiña 73 habitantes (33 homes e 40 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Moure (en Gueral, Coles), forma a parroquia eclesiástica de Gueral.

Mirallos, A Peroxa

Santa María de Mirallos é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 120 habitantes (60 homes e 60 mulleres), sete menos ca en 2006.

Na ermida de San Nicolás celébrase o terceiro domingo de setembro a romaría da Virxe da Saúde

O Souto, A Peroxa

San Cristovo do Souto é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 131 habitantes, deles 64 eran homes e 67 eran mulleres, o que supón unha diminición de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Os Peares, A Peroxa

Para o núcleo, véxase Os PearesNosa Señora do Pilar dos Peares é unha parroquia do concello da Peroxa, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, no ano 2015 tiña 68 habitantes, 35 homes e 33 mulleres. Consta dun único lugar que leva o mesmo nome.

Esta parroquia e lugar é o máis poboado do núcleo de poboación dos Peares que se estende por catro parroquias de catro concellos das provincias de Lugo e Ourense.

Aquí criouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo[Cómpre referencia].

San Cibrao de Armental, A Peroxa

San Cibrao de Armental é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 73 habitantes, deles 33 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Xes da Peroxa, A Peroxa

San Xes da Peroxa é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 140 habitantes, deles 65 eran homes e 75 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Toubes, A Peroxa

Santiago de Toubes é unha parroquia do concello da Peroxa na provincia de Ourense. No ano 2005 tiña 123 habitantes (58 homes e 65 mulleres) segundo o padrón municipal.

Vilarrubín, A Peroxa

San Martiño de Vilarrubín é unha parroquia do concello da Peroxa na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 439 habitantes, deles 214 eran homes e 225 eran mulleres, o que supón unha diminición de 29 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.