A Pastoriza

A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015: 3.274 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pastoricense» ou «pastoricego»[5].

Coordenadas: 43°18′1.49″N 7°21′4.42″O / 43.3004139, -7.3512278

A Pastoriza
Escudo de A Pastoriza
Casa do concello, A Pastoriza
Casa do concello
Situacion A Pastoriza
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Terra Chá
Poboación3.056 hab. (2018)
Área175,0 km²
Densidade17,46 hab./km²
Entidades de poboación19 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldePrimitivo Iglesias Sierra (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais na Pastoriza
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes93,32%
Na rede
www.concelloapastoriza.es

Demografía

Censo total 2015 3.274 habitantes
Menores de 15 anos 257 (7.85 %)
Entre 15 e 64 anos 1.881 (57.45 %)
Maiores de 65 anos 1.136 (34.7 %)

Evolución da poboación do concello da Pastoriza:

Historia

Consérvanse numerosos poboados castrexos, pero apenas se conservan restos da presenza romana e sueva, agás un ronsel antropomorfo romano sen inscrición algunha.

O Parochiale suevorum fala da diocese de Britonia, asentada na chaira ao sur da Pastoriza e Mondoñedo. Trala invasión musulmá da Península Ibérica, a poboación e a nobreza retirouse cara ao norte, fundando a diocese de Mondoñedo e a corte de Oviedo. Nos séculos seguintes a zona estaba aforada polo cabido mindoniense e polos mosteiros de Meira e Lourenzá.

En 1821 constituíuse o concello co nome de Vián, e en 1840 adoptou o nome actual da Pastoriza.

Lugares da Pastoriza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pastoriza vexa: Lugares da Pastoriza.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Pastoriza.
Casa da Cultura, Aastoriza

Casa da Cultura.

Nena en bici. A Pastoriza

Rapaza en bicicleta.

Casa rural galega

Interior dunha casa rural.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Pastoriza". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 56. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Aguarda, A Pastoriza

San Martiño da Aguarda é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 50 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

A Regueira, A Pastoriza

San Vicente da Regueira é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 341 habitantes, deles 162 eran homes e 169 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Baltar, A Pastoriza

San Pedro Fiz de Baltar é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 70 eran homes e 59 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Bretoña, A Pastoriza

Santa María de Bretoña é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2015 tiña 759 habitantes (390 homes e 369 mulleres). É a parroquia máis poboada do concello.

Cadavedo, A Pastoriza

San Bartolomeu de Cadavedo é unha parroquia do concello da Patoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 33 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Crecente, A Pastoriza

O Salvador de Crecente é unha parroquia do concello lugués da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 181 habitantes, deles 90 eran homes e 91 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Gueimonde, A Pastoriza

San Mamede de Gueimonde é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2014 tiña 62 habitantes, deles 37 eran homes e 25 eran mulleres.

Lagoa, A Pastoriza

San Xoán de Lagoa é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 148 habitantes, deles 75 eran homes e 73 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Nesta parroquia naceu o escritor e xornalista Carlos González Reigosa.

Montes de Carracedo

Os montes de Carracedo limitan entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo e forma parte polo tanto das serras setentrionais de Galiza. Están cubertos por pasteiros, agás no litoral, onde aínda existen fragas en bos estado de conservación ou áreas de repoboación con piñeiro e eucalipto.

O punto máis elevado é O Carracedo, con 883 metros sobre o nivel do mar.

Pousada, A Pastoriza

Santa Catarina de Pousada é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 243 habitantes, deles 120 eran homes e 123 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Reigosa, A Pastoriza

Santiago de Reigosa é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 178 habitantes, deles 95 eran homes e 83 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

San Cosme de Piñeiro, A Pastoriza

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 138 habitantes, deles 64 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

San Martiño de Corvelle, A Pastoriza

San Martiño de Corvelle é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 316 habitantes, deles 145 eran homes e 171 eran mulleres, o que supón un mantemento no número de habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Serra de Lourenzá

A serra de Lourenzá é unha cadea montañosa parte das serras setentrionais de Galiza que se estende polos concellos da Pastoriza e Mondoñedo. Limita ao leste co val do río Valiñadares, un afluente do río Masma.

O punto máis elevado é A Revolta, con 785 metros sobre o nivel do mar. Cabe destacar tamén o monte da Farrapa, con 746 m e mais O Padornelo, de 620 m.

Vián, A Pastoriza

Santa María de Vián é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 162 habitantes (86 homes e 76 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

Álvare, A Pastoriza

Santa María de Álvare é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 167 habitantes, deles 82 eran homes e 85 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Úbeda, A Pastoriza

San Xoán de Úbeda é unha parroquia do concello da Pastoriza na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 115 habitantes, deles 56 eran homes e 59 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.