A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un xornal que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

A Nosa Terra
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
A Nosa Terra. Periódico galego semanal, núm. 1. Do 27 de Xaneiro ao 2 de Febreiro de 1978
Tipoinformación xeral
Fundación1977
DirectorAfonso Eiré
Tendencianacionalismo
LinguaGalego
LocalidadeSantiago de Compostela (1977-1981)
Vigo (1981-2011)
ÁmbitoGalicia Galicia
Periodicidadevariable segundo a época

Historia

Entre os promotores do proxecto de 1977 estaban Margarita Ledo, que foi a súa primeira directora, os xornalistas Xosé Ramón Pousa, Antón Galocha, Xosé López, Marita Otero, Lois Celeiro; o deseñador gráfico Pepe Barro e o fotógrafo Fernando Bellas Jiménez. A primeira etapa do periódico, sempre semanal, durou ata 1980, foi dirixida por Ledo e tivo a súa sede en Santiago de Compostela. Ledo foi substituída en 1980 por Xosefina López Corral. En 1981 a publicación foi condenada por ataques á Constitución e estivo clausurada durante tres meses. Daquela a redacción trasládase a Vigo e reabre co director en funcións, Afonso Eiré, que sería director formal do semanario a partir de 1983[1].

Ao longo dos seus anos recolleu artigos dos mellores e máis destacados xornalistas e escritores galegos (Manuel Rivas, María Xosé Queizán, Carlos Casares, Xosé Antón Gaciño, Xesús González Gómez etcétera) e dos máis destacados humoristas gráficos, como Xaquín Marín ou O Carrabouxo.

O periódico funcionou principalmente como semanario, aínda que en diversos períodos viuse obrigado a saír quincenalmente, facendo en total 33 anos. En decembro de 2007 o periódico realizou unha importante reforma deseñística e de contidos[2]: Eiré, o daquela director, ascendía a conselleiro delegado, e as tarefas de dirección xornalística recaían en Manuel Veiga. Asemade, publicábase unha edición electrónica coordinada por César Lorenzo. Os problemas económicos, endémicos durante toda a vida desta cabeceira, comezaron a sucederse[3] ata que en agosto de 2010 a empresa editora, Promocións Culturais Galegas SA anunciou a suspensión de pagamentos e o peche do semanario en papel. A partir dese momento, continuou actualizándose a edición electrónica, que pechou temporalmente os seus contidos o 23 de setembro de 2011.[4] Reanudou a edición electrónica en 2018.[5]

Notas

  1. Un consello de administración plural Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 3/12/2007.
  2. Manuel Veiga dirixirá a nova A Nosa Terra Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 3/12/2007.
  3. Obelleiro, Paola: 'A Nosa Terra' se vuelve virtual El País, 1/9/2010.
  4. Cento catro anos despois, un novo até logo, A Nosa Terra, 23/9/2011.
  5. "'A Nosa Terra' regresa á rede coa hemeroteca dixitalizada do semanario dende 1977 e novos contidos". Praza Pública. 25 de outubro de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Lista de publicacións impresas galegas

Esta é unha lista dos xornais e publicacións periódicas impresas que hai ou houbo en Galicia ou dirixidas á comunidade galega no exterior, ordenada por lugar de publicación.

Pepe Barro

Xosé Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego.

Resistência Galega

Resistência Galega é unha organización armada galega nada no 2005. Distintas persoas a título individual, e pequenos grupos organizados, reivindicaron accións violentas de loita independentista galega de esquerdas. O termo nace a partir dun Manifesto de Resistência Galega publicado no 2005.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.