A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións[1]. Publicáronse en total 422 números.

A Nosa Terra
A Nosa Terra, 1916
Cabeceira do voceiro
Nº de páxinas8
Fundación14 de novembro de 1916
Remata17 de xullo de 1936
DirectorXosé Iglesias Roura
Antón Villar Ponte
Víctor Casas
Alexandre Bóveda
Aquilino Iglesia Alvariño
Ramón Suárez Picallo
ColaboradoresManuel Lugrís Freire
Roberto Blanco Torres
Ramón Cabanillas
Luís Amado Carballo
Ricardo Carballo Calero
Leandro Carré Alvarellos
Castelao
Evaristo Correa Calderón
Xosé Filgueira Valverde
Gonzalo López Abente
Antón Losada Diéguez
Manuel Antonio
Xaime Quintanilla
Luís Peña Novo
Luís Porteiro Garea
Aurelio Ribalta
Vicente Risco
Xoán Vicente Viqueira
Ramón Suárez Picallo
Xohán Antón Suárez Picallo
Tendenciagaleguista
Linguagalego
LocalidadeA Coruña
Pontevedra
Periodicidadedecenal
quincenal
mensual

Periodicidade

A Nosa Terra tivo unha periodicidade moi variábel. Comezou publicándose decenalmente para pasar a saír quincenalmente até a Ditadura de Primo de Rivera, na que saíu mensualmente. En xuño de 1933 regresou á periodicidade decenal.

Historia

O primeiro número saíu o 14 de novembro de 1916 na Coruña e contaba con oito páxinas. Na súa etapa coruñesa, a redacción e administración desta publicación estaba no despacho que tiña no Cantón Grande o avogado e escritor Xosé Iglesias Roura[2], que foi o seu primeiro director.[3] Antón Villar Ponte foi o seguinte director até a IV Asemblea das Irmandades da Fala (1922). A partir de entón Víctor Casas será quen leve o peso real da dirección, aínda que nominalmente foron directores Leandro Carré Alvarellos, Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, pouco despois do nacemento do Partido Galeguista, converteuse no seu voceiro oficial e a redacción trasladouse a Pontevedra. En xuño de 1933 deixouse de publicar durante algún tempo por dificultades financeiras.

En 1917 contaba con 2 000 subscritores, en 1931 con 500 e en 1935 con 1 000, aínda que se descoñece a tiraxe exacta. Os recursos económicos da publicación proviñan das subscricións, da publicidade, das doazóns dos galegos de América e das Irmandades da Fala primeiro e o Partido Galeguista despois.

O 17 de xullo de 1936 saíu o seu derradeiro número.

Colaboradores

A Nosa Terra, idearium das Irmandades da Fala, Ano XIII, n. 263, 25 de xulio de 1929, Camilo Díaz
A Nosa Terra, Ano XIII, n. 263, 25 de xulio de 1929, deseño de Camilo Díaz Baliño.

N'A Nosa Terra colaboraron case todos os intelectuais galeguistas do primeiro terzo do século XX:

Notas

  1. McKevitt, Kerry Ann. “Os nosos irmáns: intercambios literarios entre a Xeración Nós e as Irmandades da Fala coas literaturas peninsulares (1918-1936)”. Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. "Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península". Barcelona. 28 ó 31 de maio de 2003. Ed. de Helena González e M. Xesús Lama. Sada: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona), 2007. ISBN 978-84-8485-266-7.
  2. Casas Rey, Víctor (1935). "Historia sintética do boletín A NOSA TERRA" (PDF). Nós (139-144): páx. 183–185. Consultado o 7 de outubro de 2010.
  3. González Beramendi, Justo (1996). O nacionalismo galego. Vigo: Edicións A Nosa Terra, páxina 97.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Carlos del Pulgar

Carlos Alberto del Pulgar Sabín, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1948, é un economista, empresario, escritor e editor galego, especializado na publicación de textos ilustrados sobre arte, e en libros didácticos para a educación de lectores infantís e xuvenís.

Lista de publicacións impresas galegas

Esta é unha lista dos xornais e publicacións periódicas impresas que hai ou houbo en Galicia ou dirixidas á comunidade galega no exterior, ordenada por lugar de publicación.

Nova Galicia Edicións

Nova Galicia Edicións é unha editorial galega.

Ánxel Casal

Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.