A Mezquita

A Mezquita é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 1039 habitantes (1468 en 2003).

Coordenadas: 42°00′41″N 07°2′43″O / 42.01139, -7.04528

A Mezquita
Bandeira de A Mezquita
---
Escudo de A Mezquita
Concello da Mezquita
Casa do Concello
Situacion A Mezquita
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación1.039 hab. (2018)
Área104,3 km²
Densidade9,96 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeRafael Pérez Vázquez (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 7
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais na Mezquita
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes88,06%
Na rede
https://amezquita.gal/

Poboación

Censo total 1039 (2018)
Menores de 15 anos 57 (5.49 %)
Entre 15 e 64 anos 563 (54.18 %)
Maiores de 65 anos 419 (40.33 %)
Evolución da poboación de A Mezquita   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3033 2635 2651 2098 1406 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello limita ao oeste coa Gudiña, ao norte con Viana do Bolo, ao nordeste e leste coa provincia de Zamora, e ao sur co distrito de Braganza (Portugal). A súa altitude media supera os 800 metros, o que dificultou historicamente un maior poboamento. Entre os seus cumios destacan os Altos de Aguallal (1664 m), Chao do Porco (1469 m), Valdeinfantes (1440 m), Portela da Canda (1262 m), o Alto de Marabón (1493 m), Castelo (1362 m), Zureira (1390 m), e a serra Esculqueira (1149 m) e o Penedo dos Tres Reinos (1.025 m), estes dous na fronteira con Portugal.

Ten un clima de montaña, moi rigoroso en inverno, con constantes xeadas e baixas temperaturas. Por esta razón a zona é coñecida como Terra das Frieiras.

Historia

A historia da Mezquita estivo vinculada desde o megalítico á do norte de Portugal (Trás-os-Montes) e á de Seabra, cos que compartiu a cultura predominante de vida pastoril.

Durante o período romano o territorio foi administrado polo goberno do Conventus Bracarensis, con capital en Bracara Augusta (actual Braga), agás un anaco da zona noroeste do concello, baixo a administración do Conventus Asturicensis, con capital en Asturica Augusta (actual Astorga).

Na época medieval, A Mezquita foi parte das terras do Condado de Monterrei e dos Pimentel de Benavente. Xunto con Cádavos, A Esculqueira, Manzalvos, O Pereiro e Santigoso, pasou a formar parte dun señorío real do cal a vila de Vilavella foi a cabeceira. A parroquia de Chaguazoso era señorío do conde de Amarante, en tanto que a igrexa e a casa-pazo da Mezquita estaban entre as posesións dos marqueses de Láncara.

Durante a idade contemporánea a emigración afectou fortemente á zona. En Santiago de Chile hai unha colonia de descendentes de habitantes da parroquia de Chaguazoso de preto de 400 persoas.

Administración local e eleccións

O alcalde actual é Rafael Pérez Vázquez do BNG. Sucedeu a José Luis Santamarina Ferro, do PSdeG, que gobernou en coalición co BNG tralas eleccións municipais de 2007. Este sucedeu no cargo a Francisco José Montesinos Rodríguez, que estivo na alcaldía entre 1995 e 2007.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Mezquita.
Vista xeral da Mezquita ó solpor

Solpor na Mezquita

Lugares da Mezquita

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Mezquita vexa: Lugares da Mezquita.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Mezquita". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

A Esculqueira, A Mezquita

Santa Eufemia da Esculqueira é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 71 habitantes 32 homes e 39 mulleres).

A Mezquita, A Merca

San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior.

A Mezquita, A Mezquita

San Martiño da Mezquita é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 390 habitantes, deles 203 eran homes e 187 eran mulleres.

A Vilavella, A Mezquita

Santa María da Cabeza da Vilavella é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 170 habitantes (91 homes e 79 mulleres), nove menos ca en 2007.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola autovía A-52, amais de pola liña ferroviaria Madrid-A Coruña. A Estación da Mezquita-A Vilavella prestou servizo ferroviario até 2013. Por aquí pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

No Diccionario de Madoz aparece citada como "Villavieja" (sic), e indícase que entón tiña 300 habitantes.

Arcas, A Mezquita, A Merca

Arcas é un lugar da parroquia da Mezquita no concello ourensán da Merca na Comarca da Terra de Celanova. Estaba deshabitado no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE.

Castromil, A Mezquita

Nosa Señora da Encarnación de Castromil é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense, limítrofe coa Provincia de Zamora. No ano 2007 tiña 72 habitantes, deles 33 eran homes e 39 eran mulleres.

O río Cádavos atravesa a parroquia.

Chaguazoso, A Mezquita

Santiago de Chaguazoso é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 162 habitantes (84 homes e 78 mulleres).

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Compostela, A Mezquita, A Merca

Compostela é un lugar da parroquia da Mezquita no concello ourensán da Merca na Comarca da Terra de Celanova. Tiña 4 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 era home e 3 mulleres.

Cádavos, A Mezquita

Cádavos é unha parroquia do concello da Mezquita. Segundo o IGE en 2011 tiña 94 habitantes (54 homes e 40 mulleres).

Está situada no sueste do concello raiando con Portugal (freguesía de Moimenta e Montouto, no concello de Vinhais), a uns 900 m sobre o nivel do mar. Dista 7 km da vila da Mezquita. No extremo máis suroriental atópase o Penedo dos Tres Reinos e mais a Fonte dos Tres Reis, que marcaban o límite entre o Reino de Galiza, o Reino de León e o Reino de Portugal.

O territorio parroquial áchase fisicamente nos comezos da depresión do río Douro, entre o val e os lombeiros, e é atravesado polo Leste, de Norte a Sur, polo río de Cádavos, noutrora tamén coñecido coma Paulador, sendo afluente do Rabaçal en Portugal.

O territorio posúe unha riqueza faunística e vexetal considerábel cunha masa importante de árbores caducifolias. Touzas, carballeiras, foresta de ribeira e soutos de castiñeiros centenarios. As zonas máis altas e penedías están poboadas por matogueira e monte baixo (torgais, uces, chaguazo, carqueixa, xesta etc.). A maior parte da superficie fica comprendida dentro da Rede Natura 2000, integrado no espazo catalogado oficialmente coma Pena Maseira.

Estación da Mezquita-A Vilavella

A Mezquita - A Vilavella é unha estación de tren de Adif, situada na Vilavella, no concello da Mezquita, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Manzalvos, A Mezquita

Santa María de Manzalvos é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 130 habitantes, deles 67 eran homes e 63 eran mulleres.

O Pereiro, A Mezquita

San Pedro do Pereiro é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes, deles 78 eran homes e 74 eran mulleres.

Santigoso, A Mezquita

San Simón de Santigoso é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2010 tiña 76 habitantes (43 homes e 33 mulleres).

Ocupa a maior parte das Terras das Frieiras. Constitúe un territorio de terras altas (sempre por riba dos 900 metros de altitude), e pertencen a Santigoso dous dos montes máis altos do Concello o Castelo (1.362 m) e O Uzal (1.390 m)

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Serra da Azoreira

A serra de Azoreira é unha serra galega localizada entre o concello da Mezquita e a provincia de Zamora. Está conformada por materiais graníticos. Os seus ríos verten á conco do río Douro.

O cumio de maior altitude é o pico Azoreira, con 1.394 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Esculqueira

A serra da Esculqueira é unha serra galega localizada no concello da Mezquita, na fronteira con Portugal. Está conformado por granitos hercinianos de dúas micas. Nas partes altas domina o monte baixo, con xestas, uces, carqueixas, carrascos ou tomelo, así como tamén zona de braña.

Abonda nesta serra os soutos de castiñeiros e hai tamén grandes áreas repoboadas con piñeiros.

O cumio de maior altitude é o Serro (tamén coñecido como Medo), con 1.143 metros sobre o nivel do mar.

Serras orientais de Galicia

Pódense considerar serras orientais de Galiza aquelas que discorren dende o río Eo até A Mezquita, xa na raia con Portugal. Trátase dunha serie de cadeas montañosas con distinta orientación que conectan nalgún punto coa cordilleira cantábrica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.