A Merca

A Merca é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2015 era de 2.021 persoas (2.373 en 2003).

Coordenadas: 42°13′23″N 07°54′19″O / 42.22306, -7.90528

A Merca
Escudo de A Merca
Casa do Concello da Merca
Casa do Concello.
Situacion A Merca
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación1.911 hab. (2018)
Área51,0 km²
Densidade37,47 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Garrido Sampedro (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais na Merca
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes82,31%
Na rede
http://www.amerca.es/
concelloamerca@gmail.com

Poboación

Censo total 2.021 (2015)
Menores de 15 anos 121 (5.99 %)
Entre 15 e 64 anos 1.073 (53.09 %)
Maiores de 65 anos 827 (40.92 %)
Evolución da poboación da Merca   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.975 5.463 6.016 5.054 2.341 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello atópase na súa maior parte entre os 400 e 500 m de altitude. Está dividido á metade por unha pequena serra, prolongación do outeiro de Boa Madre e dos montes de Augas Santas e Cousa, que separan as cuncas dos ríos Miño e Arnoia. Os maiores cumio son o monte de Castrelos (645 m), Outeiro de Fontefría (561 m) e Alto de Rodela (510 m). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do noroeste, como A Vaqueiriza (522 m), Labradas (602 m), Castro de Pereira (530 m), O Pozo (540 m) e As Picoñas (550 m). A Cota máxima sitúase na fronteira co concello de Allariz, nos montes do Barracel (856 m). Xeoloxicamente a zona setentrional ten unha orixe precámbrica e paleozoica.

Climatoloxía

O concello aséntase nunha zona de transición climática, entre o oceánico mediterráneo e o oceánico continental.

Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 12 °C no sur (a media mínima dáse en xaneiro con 6,5 °C, e a máxima en xullo con 19,2 °C) e de 15 °C no norte (media mínima en xaneiro de 6,9 °C e máxima en xullo de 22,9 °C). Na zona sur hai uns 120 días de choiva ao ano, cunhas cantidades de entre 1000 e 1500 mm. No norte a contía total non excede os 1000 mm. anuais.

Hidrografía

A rede hidrográfica organízase arredor dos ríos Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto da Manchica e únese ao Miño en Ourense. O Arnoia inicia o seu percorrido no termo da Merca, e tras cruzar o canón do Muíño dos Mouros - Salpurido con fervenzas, comeza a escavar un val a partir de Rubillós. Recibe pola dereita os arroios dos Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.

Historia

Ao longo do río Arnoia apareceron os máis antigos vestixios, como os castros da Peneda da Lebre (en alusión a unha ermida antiga, da que non existen restos, adicada a San Amaro, de onde procede unha imaxe conservada na Capela do Espírito Santo); o de Outeiro de San Marcos (situado na Mezquita, próximo á Compostela), o de Castro de Rodela (é o de maiores dimensións, e está situado en Faramontaos, entre o Concello da Merca e o de Celanova) e o do Monte do Castro de Olás.

Patrimonio

A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. Nas súas proximidades consérvanse sepulcros antropomorfos e un cruceiro de fuste estriado, decorado con figuras na parte central e descansando sobre o seu capitel un Cristo de gran tamaño.

A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.

No concello hai varias casas solariegas, destacando a Casa da Rapela en Salpurido e, o pazo de Santa María de Olás de Vilariño, cunha solaina voada. Ademais, e como testemuña da súa antiga riqueza agrícola, o municipio dispón dun singular conxunto de canastros.

No Entroido da Mezquita os "galos" bailan polas rúas xuntándose cos "mecos" de Froxás das Viñas. Estes últimos, presentan unha singular persecución co público asistente aos actos, mostrando unha vestimenta de gran riqueza cromática.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Merca.
A Merca, Ourense

Vista xeral.

A Merca

Lugares da Merca

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Merca vexa: Lugares da Merca.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Merca". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Manchica, A Merca

Nosa Señora de Lourdes da Manchica é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 349 habitantes, deles 170 eran homes e 179 eran mulleres, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

A Merca, A Merca

Santa María da Merca é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 443 habitantes, deles 218 eran homes e 225 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano 2000.

A Mezquita, A Merca

San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Corvillón, A Merca

Santa María de Corvillón é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 254 habitantes, deles 126 eran homes e 128 eran mulleres, o que supón unha diminución de 14 habitantes en relación ao ano 2000.

Entrambosríos, A Merca

Santa Mariña de Entrambosríos é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 65 habitantes, deles 30 eran homes e 35 eran mulleres, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2000.

Faramontaos, A Merca

San Xes de Faramontaos é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 80 habitantes, deles 36 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares da Merca

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares da Merca

Olás de Vilariño, A Merca

Santa María de Olás de Vilariño é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 154 habitantes, deles 74 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.

Parderrubias, A Merca

Santa Olaia de Parderrubias é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 234 habitantes, deles 107 eran homes e 127 eran mulleres, o que supón unha diminución de 23 habitantes en relación ao ano 2000.

Pereira de Montes, A Merca

Santa María de Pereira de Montes é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 114 habitantes, deles 53 eran homes e 61 eran mulleres, o que supón unha diminución de 13 habitantes en relación ao ano 2000.

O seu topónimo é un fitónimo procedente do latín PIRARIAM, de PIRUM ("pera") máis o sufixo abundancial -ARIAM, "lugar cheo de peras".

Proente, A Merca

Santo André de Proente é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 197 habitantes, deles 94 eran homes e 103 eran mulleres, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Queiroás, Allariz

San Breixo de Queiroás é unha parroquia situada no oeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Folgoso, Allariz (Santiago), San Martiño de Pazó, San Trocado e Santa Baia de Urrós e cos concellos de Taboadela e A Merca.

San Mamede de Urrós, Allariz

San Mamede de Urrós é unha parroquia situada no noroeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de San Vitoiro da Mezquita e Santa Baia de Urrós, e cos concellos de Taboadela e A Merca.

San Vitoiro da Mezquita, A Merca

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Merca. Segundo o IGE en 2015 tiña 3 habitantes (1 home e 2 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación, o lugar de Celeiros. Este lugar xunto cos sete lugares da parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz, forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

San Vitoiro da Mezquita, Allariz

San Vitoiro da Mezquita é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres) distribuídos en sete entidades de poboación.

Os sete lugares desta parroquia civil xunto co lugar de Celeiros (San Vitoiro da Mezquita, A Merca), forman a parroquia eclesiástica de San Vitoiro da Mezquita do arciprestado de Allariz da diocese de Ourense.

Santa Baia de Urrós, Allariz

Santa Baia de Urrós é unha parroquia situada no noroeste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricense de San Mamede de Urrós e Queiroás e cos concellos de Taboadela e A Merca.

Seoane, Allariz

San Xoán de Seoane é unha parroquia situada no suroeste do concello de Allariz. Segundo o IGE, en 2015 tiña 100 habitantes (46 homes e 54 mulleres). O seu núcleo máis poboado é Pumares, con 35 habitantes.

Limita coas parroquias allaricenses de San Trocado, San Martiño de Pazó, Allariz (Santiago) e Torneiros, e cos concellos de Rairiz de Veiga, A Bola e A Merca.

Tradicionalmente a zona de Seoane é tamén coñecida como Terra do Millo e os habitantes como da mafúa ou mafueiros[Cómpre referencia].

Zarracós, A Merca

Santo André de Zarracós é unha parroquia do concello ourensán da Merca na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 61 eran homes e 68 eran mulleres, o que supón unha diminución de 26 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.