A Laracha

A Laracha é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2014 tiña 11 443 habitantes (11 367 no 2012, 11 337 no 2011, 11 213 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «larachés». Recibe o seu nome da súa capital, a vila da Laracha.

Coordenadas: 43°14′55″N 8°35′0″O / 43.24861, -8.58333

A Laracha
Bandeira de A Laracha
---
Escudo de A Laracha
Caion (a laracha)
Vista xeral de Caión, parroquia costeira da Laracha
Situacion A Laracha
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación11.302 hab. (2018)
Área125,8 km²
Densidade89,84 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloA Laracha (Torás)
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel López Varela (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 11
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais na Laracha
Uso do galego[4] (2014)
Galegofalantes79,55%
Na rede
alaracha.gal
info@concellolaracha.com

Xeografía

O concello, de 126,3 km², abrangue 13 parroquias, sendo as máis extensas as de Soandres e Montemaior. Caión é a única que ten contacto co mar, no Golfo Ártabro, no límite nordeste da Costa da Morte.

Parroquias da Laracha

Orografía e hidrografía

A zona sur está marcada pola chaira de Ordes e os montes baixos da serra de Montemaior, co monte Pedrouzo (521 m) e Pena Galluda (552 m). O centro está marcado polo val do río Anllóns, que se abre cara ao oeste e recibe as augas do Acheiro. Cara ao norte está a serra de Santa Leocadia, no límite con Arteixo.

Clima

Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves e escasa oscilación térmica, fortes precipitacións e elevada humidade. A vexetación autóctona foi substituída en boa medida por especies de repoboación como piñeiros e eucaliptos. A zona de monte ocupa un terzo da superficie total do municipio. Porén, quedan carballeiras como a de Santa Margarida, a de San Fins e a da capela de Comiáns.

Demografía

Censo total 2014 11 443 habitantes
Menores de 15 anos 1396 (12,2 %)
Entre 15 e 64 anos 7245 (63,31 %)
Maiores de 65 anos 2802 (24,48 %)
Evolución da poboación da Laracha   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7993 10 039 12 213 11 710 10 800 11 171 11 337 11 367 11 375 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Os restos de asentamentos humanos máis antigos conservados no concello son do período megalítico, como o túmulo do Cruceiro (Lendo), mámoa de Fofelle (Lestón), mámoa da Fraga (Lendo), túmulo funerario na Medorra (Coiro), túmulo das Medorras na Ferreira (Montemaior), túmulo megalítico O Forno dos Mouros en Silvoso (Soandres), Pedra Fita do Loureiro ou Pedra do Gicho (Erboedo), medorra do couto de Outeiro (Montemaior), túmulo de Carboeiro en Portela (Erboedo), A Medorra do Codeso en Vilariño (Montemaior) ou o Túmulo das Rebuceiras (Lemaio).

No lugar de Lendo apareceron dúas machetas da idade de bronce. Da cultura castrexa consérvanse 19 poboados castrexos: castro de San Román e castro de Riotorto (ou Os Castros, ou o Petón do Castro, os dous en Cabovilaño); castro da Medoña (Coiro); A Castreira (ou As Castreiras, en Erboedo); castro da Condesa (ou Bico do Castro, en Lemaio); castro de Lestón (ou Os Castros, ou Agra do Castro Lestón), castro de Erboedo (ou Os Castros, ou As Croas), castro do Retorno e castro de Fofelle (Lestón); castro da Pena ou O Petón (Montemaior); castro de Condesuso (ou O Castriño), castro de Santa Baia (ou Croa de Santa Baia), castro de Cerqueira (ou de Refoxo), castro de Revirente, O Castro (ou Os Castros) e castro de Santa Baia (Soandres); castro de Gabenlle (ou Castro das Croas, ou Os Castros, en Torás); castro de Montesclaros (ou Os Castros, no que apareceu numerosa cerámica) e castro Pequeno (ou castro das Motas, ou a Mota, en Vilaño).

Casa concello A Laracha, Coruña, Spain
Casa do concello.

Durante a romanización de Galicia construíronse diversas vías, pasando por aquí a Per Loca Marítima. En 1987 atopouse na igrexa de Vilaño un miliario da época do emperador Magnentio, a mediados do século IV. No mosteiro de Soandres había unha ara votiva (conservada na catedral de Santiago de Compostela) cunha inscrición sobre un antigo templo adicado a Hércules Xónico.

Na igrexa de Lemaio consérvanse uns capiteis prerrómanicos, usados como pía de auga bendita. A igrexa de Soandres ten a súa orixe nun cenobio beneditino, que aparece documentado a finais do século X. Segundo o historiador Carlos Martínez Pereira a finais do s. XIII e principios do XIV na parroquia de Lendo estableceuse unha encomenda da orde do Temple, da que quedan mostras na igrexa parroquial.

A familia Pardo das Mariñas dominou a xurisdición que ocupou boa parte do concello desde o século XIV. As Torres de Cillobre foron creadas como construción defensiva, sendo reconvertidas en casa señorial. Diego das Mariñas foi o primeiro capitán xeral do Reino de Galicia. Outros nobres que habitaron esta casa foron os Bolaño, Ribadeneira, Parragués, Soutomaior e Moscoso.

Economía

O concello ten unha ampla base no sector agrario e forestal. Hai empresas industriais como Cerámica Campo ou Celsa. O Parque empresarial da Laracha está promovido pola sociedade pública Suelo Empresarial del Atlántico. Foi inaugurado en xaneiro de 2011. Ten unha superficie de 825.000 metros cadrados con acceso directo á autoestrada A Coruña-Arteixo-Carballo (AG-55).[5] En 2017 Inditex iniciou as obras para construír alí un dos seus centros loxísticos.

Irmandade

A Laracha está irmandada dende abril de 2010 coa comuna de Olonne sur Mer, do distrito francés de Les Sables-d'Olonne, Países de Loira no departamento Vendée.

  • Francia Olonne sur Mer

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.
Prado de Laracha

Parte do muíño que está en Laracha

Igrexa de Soutullo A Laracha

Igrexa de Soutullo

Praia de Caión, A Laracha, Galiza

Praia de Caión

Torre de Cillobre A Laracha

Torre de Cillobre

Santa María de Erboedo A Laracha

Santa María de Erboedo

Concello da Laracha

Panel informativo sobre o concello

Lugares da Laracha

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Laracha vexa: Lugares da Laracha.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Concello da Laracha na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Parque Empresarial alaracha.gal
A Abeleira de Bocixa, Soandres, A Laracha

A Abeleira de Bocixa é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Tiña 1 habitante no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, que era 1 muller.

A Armada Nova, Soandres, A Laracha

A Armada Nova é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Xunto con A Armada Vella tiña 14 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 9 homes e 5 mulleres.

A Armada Vella, Soandres, A Laracha

A Armada Vella é un lugar da parroquia de Soandres no concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Xunto con A Armada Nova tiña 14 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 9 homes e 5 mulleres.

Cabovilaño, A Laracha

San Román de Cabovilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.103 habitantes (555 homes e 548 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1.035 habitantes. En 2004 tiña 1.035 habitantes (521 homes e 514 mulleres).

Caión, A Laracha

Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 859 habitantes (442 mulleres e 417 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.

Coiro, A Laracha

San Xián de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 464 habitantes (227 homes e 237 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 473 habitantes.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Erboedo, A Laracha

Santa María de Erboedo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2015 tiña 272 habitantes (136 homes e 136 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ó ano 2004 cando tiña 349 habitantes (175 homes e 174 mulleres)

Golmar, A Laracha

San Bieito de Golmar é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 436 habitantes (210 mulleres e 226 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 492 habitantes (247 mulleres e 245 homes).

Lemaio, A Laracha

Santa Mariña de Lemaio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 249 habitantes (135 mulleres e 114 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 321 habitantes.

Lendo, A Laracha

San Xián de Lendo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 431 habitantes (221 mulleres e 210 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Lestón, A Laracha

San Martiño de Lestón é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.396 habitantes (710 mulleres e 686 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.169 habitantes. En 2004 tiña 1.187 habitantes (600 mulleres e 587 homes).

Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

Montemaior, A Laracha

San María Madanela de Montemaior é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 778 habitantes (400 mulleres e 378 homes) distribuídos en 49 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.014 habitantes.

Soandres, A Laracha

San Pedro de Soandres é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 860 habitantes (431 mulleres e 429 homes) distribuídos en 62 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 1.040 habitantes.

Soutullo, A Laracha

Santa María de Soutullo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 159 habitantes (89 mulleres e 70 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 2004 cando tiña 183 habitantes (93 mulleres e 90 homes).

Torre de Cillobre

A torre de Cillobre, tamén coñecida como As Torres de Cillobre, é unha fortaleza medieval situada no lugar das Torres de Cillobre, na parroquia de Torás, preto da vila da Laracha.

Torás, A Laracha

San María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 3 659 habitantes (1 801 homes e 1 858 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).

Vilaño, A Laracha

Santiago de Vilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE de 2013 tiña 795 habitantes (419 mulleres e 376 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 794 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.