A Lama

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

Coordenadas: 42°23′51.41″N 8°26′33.95″O / 42.3976139, -8.4427639

A Lama
Escudo de A Lama
Casa consistorial da Lama
Casa do Concello.
Situacion A Lama
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación2.430 hab. (2018)
Área111,8 km²
Densidade21,74 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJorge Canda Martínez (PPdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Outros: C's 1
Eleccións municipais na Lama
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes43,51%
Na rede
http://www.concellodalama.com/

Xeografía

O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:

Monte Parroquia Altitude
O Coto da Puza Xesta 1035 m
A Portela dos Xarotos Xesta 1025 m
A Pedra da Letra Xesta 1019 m
O Coto dos Pusallos Xesta 1007 m
O Foxo do Lobo Xesta 1001 m
O Seixo A Barcia do Seixo 1000 m

Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Comunicacións

A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía

Segundo o INE no 2015 vivían 2670 persoas no municipio, o que supón unha caída de case o 10% respecto ao 2010, cando tiña 2966 habitantes.

Censo total 2670 (2015)
Menores de 15 anos 235 (8,8 %)
Entre 15 e 64 anos 1541 (57,72 %)
Maiores de 65 anos 894 (33,48 %)
Evolución da poboación da Lama   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5305 4941 4863 3040 2905 2966 2976 2670 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:

Ano Poboación (hab.)
2000 3047
2002 2882
2004 2905
2006 3022
2008 3014
2010 2966
2011 2976

A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010):

Parroquia Poboación Porcentaxe
Antas 296 9,95%
Barcia 299 10,05%
Covelo 274 9,21%
Escuadra 178 5,98%
Gaxate 197 6,62%
Lama 670 22,51%
Seixido 347 11,66%
Verducido 230 7,73%
Xende 106 3,56%
Xesta 369 12,40%

Historia

Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.

Turismo

A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Lama.
Ponte romana de Liñares - A Lama - Pontevedra

Ponte romana de Liñares.

Ponte Verdugo, A Lama, A Lama

Ponte Verdugo.

Lugares da Lama

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Lama". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Barcia do Seixo, A Lama

Santa Ana da Barcia do Seixo é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (153 mulleres e 132 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 308 habitantes.

A Lama, A Lama

San Salvador da Lama é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 649 habitantes (341 homes e 308 mulleres), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 644 habitantes.

A Lama, Árbol, Vilalba

A Lama é un lugar da parroquia de Árbol no concello lugués de Vilalba na comarca da Terra Chá.

Antas, A Lama

Santiago de Antas é unha parroquia que se localiza na parte central do concello da Lama. Segundo o IGE en 2010 tiña 296 habitantes (131 homes e 165 mulleres), 27 menos ca en 1999.

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Comarca de Pontevedra

A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cotobade (fusionado co concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2012 tiña 124.094 habitantes.

Covelo, A Lama

San Sebastián de Covelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2011 tiña 271 habitantes (150 mulleres e 121 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 282 habitantes.

Eixón, A Pobra do Brollón

San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca da Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 68 habitantes (31 homes e 37 mulleres) cunha densidade de 12,14 hab./km². A poboación diminuíu notablemente desde 1991, cando tiña 132 habitantes.

Escuadra, A Lama

San Lourenzo de Escuadra é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o IGE en 2009 tiña 178 habitantes (100 mulleres e 78 homes), un menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.

Gaxate, A Lama

San Pedro de Gaxate é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 204 habitantes (105 mulleres e 99 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 187 habitantes.

Lama

O termo lama pode referirse a:

Lama, masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas etc., con auga;

Lama, relixioso dunha seita do budismo do Tíbet;

Lama, xénero de camélidos suramericanos.Amais, como topónimo pode referirse a:

En Galicia

A Lama, concello da provincia de Pontevedra;

A Lama, parroquia de dito concello;

A Lama, lugar de dita parroquia;

Lama, parroquia do concello de Láncara;

Lama, lugar de dita parroquia;

Lama, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Carballedo;

Lama, lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara;

Lama, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei;

Lama, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba;

A Lama, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo;

A Lama, lugar da parroquia de Basadre, no concello de Agolada;

A Lama, lugar da parroquia de Eidián, no concello de Agolada;

A Lama, lugar da parroquia de Adelán, no concello de Alfoz;

A Lama, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo;

A Lama, lugar da parroquia de Xuvencos, no concello de Boborás;

A Lama, lugar da parroquia de Martín, no concello de Bóveda;

A Lama, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño;

A Lama, lugar da parroquia de Landoi, no concello de Cariño;

A Lama, lugar da parroquia de Sismundi, no concello de Cariño;

A Lama, lugar da parroquia de Alais, no concello de Castro Caldelas;

A Lama, lugar da parroquia de Bendia, no concello de Castro de Rei;

A Lama, lugar da parroquia de Ansemil, no concello de Celanova;

A Lama, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle;

A Lama, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Cervantes;

A Lama, lugar da parroquia de Rúa, no concello de Cervo;

A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello de Chantada;

A Lama, lugar da parroquia de Requeixo, no concello de Chantada;

A Lama, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada;

A Lama, lugar da parroquia de Albeos, no concello de Crecente;

A Lama, lugar da parroquia de Saa, no concello de Dozón;

A Lama, lugar da parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos;

A Lama, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio;

A Lama, lugar da parroquia de Campo, no concello do Irixo;

A Lama, lugar da parroquia de Doade, no concello de Lalín;

A Lama, lugar da parroquia de Souto de Ferradal, no concello de Láncara;

A Lama, lugar da parroquia de Torno, no concello de Lobios;

A Lama, lugar da parroquia de Baamorto, no concello de Monforte de Lemos;

A Lama, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Monforte de Lemos;

A Lama, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Monforte de Lemos;

A Lama, lugar da parroquia de Reigada, no concello de Monforte de Lemos;

A Lama, lugar da parroquia de San Cosme de Montederramo, no concello de Montederramo;

A Lama, lugar da parroquia de Camos, no concello de Nigrán;

A Lama, lugar da parroquia de Palmés, no concello de Ourense;

A Lama, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón;

A Lama, lugar da parroquia de San Fiz de Cangas, no concello de Pantón;

A Lama, lugar da parroquia de Serode, no concello de Pantón;

A Lama, lugar da parroquia de Siós, no concello de Pantón;

A Lama, lugar da parroquia da Hedrada, no concello de Parada de Sil;

A Lama, lugar da parroquia da Encomenda, no concello da Pobra de Trives;

A Lama, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón;

A Lama, lugar da parroquia de Eixón, no concello da Pobra do Brollón;

A Lama, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón;

A Lama, lugar da parroquia de Pinel, no concello da Pobra do Brollón;

A Lama, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Quiroga;

A Lama, lugar da parroquia de Cea, no concello de San Cristovo de Cea;

A Lama, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Sarria;

A Lama, lugar da parroquia de Goián, no concello de Sarria;

A Lama, lugar da parroquia de Abuíme, no concello do Saviñao;

A Lama, lugar da parroquia da Cova, no concello do Saviñao;

A Lama, lugar da parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, no concello do Saviñao;

A Lama, lugar da parroquia de Rellas, no concello de Silleda;

A Lama, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober;

A Lama, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober;

A Lama, lugar da parroquia de Santiorxo, no concello de Sober;

A Lama, lugar da parroquia de Pedrafita, no concello da Teixeira;

A Lama, lugar da parroquia de Castromarigo, no concello da Veiga;

A Lama, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo;

A Lama, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces;

A Lama, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba;

A Lama, lugar da parroquia de Tamallancos, no concello de Vilamarín;

A Lama, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior;

A Lama, lugar da parroquia de Santo André de Boimente, no concello de Viveiro;

Lama Boa, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei;

A Lama da Vila, lugar da parroquia de Santo André, no concello das Nogais;

A Lama de Fente, lugar da parroquia de Santa Mariña do Castro, no concello de Carballedo;

Lama de Mena, lugar da parroquia de Negrelos, no concello de Rodeiro;

A Lama de Outeiro, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos;

Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga;

Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil;

Lama de Rei, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Cervantes;

A Lama do Franco, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos;

A Lama do Outeiro, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober;

Lama do Prado, lugar da parroquia de Brosmos, no concello de Sober;

A Lama do Río, lugar da parroquia de Espasantes, no concello de Pantón;

A Lama do Sobrado, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober;

A Lama dos Campos, lugar da parroquia de Rosende, no concello de Sober;

Lama Forcada, lugar da parroquia de Nogueira de Ramuín, no concello de Nogueira de Ramuín;

Lama Grande, lugar da parroquia de Romariz, no concello de Abadín;

A Lama Grande, lugar da parroquia de Espiñoso, no concello de Cartelle;

Lama Má, parroquia do concello de Baños de Molgas;

Lama Má, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo;

Lama Redonda, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda;

Lama Redonda, lugar da parroquia de Foilebar, no concello do Incio;

Lama Redonda, lugar da parroquia de Sindrán, no concello de Monforte de Lemos;

Lama Redonda, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro;

Lama Retorta, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso;

Campo de Lama, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga;

Torre de Lama, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón.En Francia

Lama, poboación de Córsega.En Portugal

Lama, freguesía do concello de Barcelos.

Lama, freguesía do concello de Santo Tirso.

Seixido, A Lama

San Bartolomeu de Seixido é unha das parroquias do concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 347 habitantes (182 mulleres e 165 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Verducido, A Lama

San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 216 habitantes (106 mulleres e 110 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004, cando tiña 215 habitantes.

Limita ao leste coa freguesía de Abelenda (Avión), ao sur coa de Barcia de Mera (Covelo), ao oeste coa de Fornelos de Montes e ao norte coa de Antas.

Xende, A Lama

San Paulo de Xende é unha parroquia do concello pontevedrés da Lama, no arciprestado de Oitavén e diocese de Tui-Vigo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 95 habitantes (55 mulleres e 40 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 118 habitantes.

Xesta, A Lama

San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.

Árbol, Vilalba

San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 563 habitantes (290 mulleres e 273 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.

O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.