A Illa de Arousa

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2015 tiña 4956 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana.

Coordenadas: 42°33′16″N 8°51′50″O / 42.55444, -8.86389

A Illa de Arousa
Bandeira de A Illa de Arousa
---
Escudo de A Illa de Arousa
A Illa de Arousa.Galicia.30
Casa do concello.
Situacion A Illa de Arousa
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación4.958 hab. (2018)
Área7,0 km²
Densidade708,29 hab./km²
Entidades de poboación20
Capital do concelloArousa
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Iglesias Cores (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 6
Eleccións municipais na Illa de Arousa
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,37%
Na rede
ailladearousa.es

Poboación

A poboación da Illa de Arousa mantense bastante estable nos últimos anos sobre os cinco mil habitantes[5].

Censo total, en 2015 4956 habitantes
Menores de 15 anos 733 (14,79 %)
Entre 15 e 64 anos 3246 (65,5 %)
Maiores de 65 anos 977 (19,71 %)

Xeografía

A illa ten unha superficie de 7 km², acadando a súa maior altitude no Con do Forno (68 m). Desde setembro de 1985 está unida ao continente por unha ponte de 2 km.

Algunhas das súas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro.

A illa ten catro peiraos: O Xufre, (onde se comercializa o marisco e o peixe), Cabodeiro, Naval e O Campo. Hai tres paseos marítimos: O Campo, O Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada. É tamén de interese turístico o faro de Punta Cabalo.

As precipitacións danse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera; no verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse máis de 1000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi no 1985. As temperaturas medias de inverno son de 10 °C e no verán de 21,5 °C, con máximas de 40 °C en agosto.

O mirador do Santo é o punto máis alto da illa dende onde se pode contemplar a vila e parte da súa contorna.

Historia

A illa xa foi habitada nos primeiros tempos do Paleolítico (quedando mámoas na illa Guidoiro Areoso) e na idade de bronce, en épocas en que o nivel do mar era máis baixo. Da época romana quedan restos dunha vila preto da punta do Naso, e localizouse unha necrópole na praia dos Bufos.

No ano 912 a metade da illa pasou a pertencer ao mosteiro de San Martiño Pinario, da orde de san Bieito, trala doazón do bispo de Iria Sisnando. No ano 929 o rei Afonso IV fundou o mosteiro de San Xián.

No século XII, ante as invasións dos normandos, o arcebispo Xelmírez ordenou a construción de naves e torres para protexer a costa, converténdose a illa nun punto de encontro para as tropas.

A Illa de Arousa.Galicia.12
Peirao.

A partir de 1845 desenvolveuse a industria de salgado e pesca da sardiña, chegando a haber sete factorías. En 1879 inaugurouse a fábrica de salgado Goday, a segunda implantada en Galicia.

Trala división territorial de 1833 converteuse en concello, pero en 1873 pasou a formar parte de Vilanova de Arousa, ao que pertenceu até 1996 agás entre 1935 e 1945, cando formou parte de Vilagarcía de Arousa. En 1996 volveu ser concello de seu, logo da presión social da veciñanza.

O 7 de outubro de 1934 tivo lugar a Independencia da Illa de Arousa que durou unhas horas.[6]

O 14 de setembro de 1985 inaugurouse a ponte que une a illa a terra, que dinamizou a economía da poboación. Até entón os desprazamentos tiñan lugar en pequenos barcos.

Tradicionalmente a economía estivo baseada na pesca e no marisqueo, pero actualmente está máis diversificada.

Patrimonio histórico-artístico

  • Centro de Interpretación da Conserva

Festas

  • Festa do Patrón: o 7 de xaneiro, San Xulián. Duran tres días, logo de Reis.
  • Todos os Santos/ Día de Pedir/ Magosto/ Samaín: entre o 30 de outubro e o 2 de novembro é a festa de Defuntos, e consérvase a tradición de iren os rapaces a pedir polas portas unha esmoliña "polos defuntiños que van alá". As cabazas, que na Arousa se chaman botefas, tamén se facían antes de importar o Halloween e recuperar o Samaín (nome irlandés que se pronuncia Xauin). O magosto a princios de novembro adoita coincidir nesas datas.
  • Entroido: o carnaval é unha das celebracións máis importantes na Arousa desde hai moito tempo, tendo noticias de comparsas dos anos 20 e 30, das que se conservan letras. Actualmente acode moita xente dos arredores, especialmente o luns de Entroido.
  • Festas do Carme: as festas do verán duran cinco ou seis días, adicados aos quintos, a san Ramón, san Roque, santo Antonio, e á Virxe do Carme. O día do Carme é sempre un sábado, e celébrase normalmente a finais de xullo, variando a data para que coincida con mareas vivas, pois con marea alta celébrase a procesión marítima na que participan centos de embarcacións levando a arousáns e visitantes.

Festas gastronómicas

  • Festa da Navalla, o 27 de xullo
  • Festa do Mexillón, o 1º domingo de agosto.
  • Festa do Polbo, a 1ª fin de semana de setembro.
  • Festa gastronómica do Mar, todas as fins de semana de agosto agás a 1ª (que é a do mexillón).

A Illa de Arousa na literatura popular

  • Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas [7].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Arousa.
Illa de arousa01
Illa de Arousa vista dende A Curota (A Pobra do Caramiñal).
Arousa NWW

Fotografía de satélite da Illa de Arousa.

A Illa de Arousa.Galicia.24

O porto do Campo.

A Illa de Arousa.Galicia.18

Descargando mexillón.

Dornas na ría de Arousa

Praia do Bao.

PostadesolnaArousa

Posta de sol.

Illa de Arousa placa 01-02 reducida

Placa altimétrica.

Illa Arousa Mariscadores 02-06

As mans do mar de Arousa (Lucas Míguez, 2007).

FaroIlla

Faro.

Bandeira da Illa de Arousa Pontevedra

Bandeira da Illa de Arousa, Pontevedra.[8]

Lugares da Illa de Arousa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "A Illa de Arousa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Consulta do padrón municipal → Seleccionar tódolos anos, total de sexos, total nacionalidade e concello da Illa de Arousa
  6. Un día para la independencia
  7. Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 170. No texto: n-hai. Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia de Pobra de Caramiñal.
  8. Decreto 175/2008, do 17 de xullo,D.O.G. núm. 160 (20 de agosto de 2008)

Véxase tamén

Outros artigos

A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

San Xulián da Illa de Arousa é a única parroquia do concello da Illa de Arousa, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 4 889 habitantes (2 427 homes e 2 462 mulleres).

A Laxe do Pan, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

A Laxe do Pan é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 195 habitantes, dos cales 105 eran homes e 90 mulleres. O que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2006.

Arousa, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

Arousa é unha vila da Illa de Arousa, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. En 2007 tiña 2131 habitantes (1037 homes e 1094 mulleres, catorce máis ca en 2006.

Na vila está a capital do concello.

As Aceñas, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

As Aceñas é un lugar na parroquia da Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 112 habitantes, dos cales 60 eran homes e 52 mulleres. O que supón un aumento de 1 habitante en relación ao ano 2006.

As Laxes, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

As Laxes é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 562 habitantes, dos cales 279 eran homes e 283 mulleres. O que supón un aumento de 11 habitantes en relación ao ano 2006.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Illa Guidoiro Areoso

A Illa do Guidoiro Areoso é un illote galego situado no interior da Ría de Arousa a 1,4 quilómetros ao oeste da Illa de Arousa, illa e concello da Provincia de Pontevedra, á que pertence. É o maior dos illotes que conforman o arquipélago de Rúa e Os Guidoiros (O Areoso e O Pedregoso) a pesar de que apenas ten 600 m de longo de norte a sur por 200 m no seu punto máis largo e só acada 9 m sobre o nivel do mar no seu punto máis alto.

É un illote de case 9 hectáreas, baixo e constituído case completamente de area. A metade norte está ocupada por unha duna activa, mentres que na sur se mesturan afloramentos graníticos cunha duna vexetada. Toda a illa está rodeada de arrecifes á flor de auga, ata naquelas partes con máis presenza de area emerxida.

Illa Guidoiro Pedregoso

A Illa Guidoiro Pedregoso (Illa do Guidoiro Pedregoso) é unha unha illa galega da provincia de Pontevedra a poñente da Illa de Arousa (concello ao que pertence) e a un quilómetro ao oeste da Illa Guidoiro Areoso. Ten unha superficie de 5,6 hectáreas e está constituída de penedos e salpicada de manchas de area, sobre todo na súa parte oeste. É máis alta que a veciña Guidoiro Areoso e posúe máis vexetación, sobre todo herbácea. Abundan as ratas.

O Cabodeiro, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Cabodeiro é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 394 habitantes, dos cales 194 eran homes e 200 mulleres. O que supón un aumento de 6 habitantes en relación ao ano 2006.

O Campelo, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Campelo é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 108 habitantes, dos cales 56 eran homes e 52 mulleres. O que supón unha diminución de 10 habitantes en relación ao ano 2006.

O Cantiño, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Cantiño é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 65 habitantes, dos cales 27 eran homes e 38 mulleres. O que supón un aumento de 4 habitantes en relación ao ano 2006.

O Castriño, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Castriño é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 102 habitantes (46 homes e 56 mulleres), un menos ca en 2006.

O Monte, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Monte é un lugar na parroquia da Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 247 habitantes, dos cales 121 eran homes e 126 mulleres. O que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2006.

O Rodel, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

O Rodel é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 46 habitantes, dos cales 25 eran homes e 21 mulleres. O que supón un aumento de 2 habitantes en relación ao ano 2006.

Os Castriños, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

Os Castriños é un lugar da parroquia da Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. En 2007 tiña 102 habitantes (46 homes e 56 mulleres), un menos ca en 2006.

Paradela, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

Paradela é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 522 habitantes, dos cales 261 eran homes e 261 mulleres. O que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano 2006.

Pedracerrada, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

Pedracerrada é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 213 habitantes, dos cales 110 eran homes e 103 mulleres. O que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano 2006.

Semoíño, A Illa de Arousa, A Illa de Arousa

Semoíño é un lugar na parroquia da A Illa de Arousa do concello do mesmo nome, na comarca do Salnés, provincia de Pontevedra. No ano 2007 tiña 122 habitantes, dos cales 68 eran homes e 54 mulleres. O que supón un aumento de 3 habitantes en relación ao ano 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.