A Illa, Lobios

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Lobios, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE[1] en 2014 tiña 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación[2], só unha deles habitable.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os catro lugares da parroquia homónima do concello de Entrimo.

Coordenadas: 41°53′44″N 08°09′15″O / 41.89556, -8.15417

A Illa
ConcelloLobios
Poboación28 hab. (2014)
Entidades de poboación2

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Lobios

Véxase tamén

Outros artigos

A Illa

San Lourenzo da Illa é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense, e que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Entrimo e o de Lobios. No ano 2014 tiña 288 habitantes dos que 140 eran homes e 148 mulleres.

As aldeas de Olelas, A Illa, Lantemil e a despoboada Reloeira pertencen ao concello de Entrimo; e Quintela e a tamén despoboada Buscalque pertencen ao concello de Lobios.

A aldea de Olelas está dentro do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, e cómpre destacar tamén que de Olelas son orixinarias as vacas cachenas.

A Illa, Entrimo

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

Buscalque, A Illa, Lobios

Buscalque é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Está asolagado polo encoro de Lindoso, do río Limia.

Quintela, A Illa, Lobios

Quintela é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 27 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 14 eran homes e 13 mulleres.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.