A Gudiña

A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2018 tiña 1308 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).

Coordenadas: 42°3′39″N 7°8′17″O / 42.06083, -7.13806

A Gudiña
Escudo de A Gudiña
Concello da Gudiña
Casa do Concello
Situacion A Gudiña
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Viana
Poboación1.308 hab. (2018)
Área171,4 km²
Densidade7,63 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé María Lago Cabo (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais na Gudiña
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes92,18%
Na rede
-

Demografía

Censo total 1308 (2018)
Menores de 15 anos 86 (6.57 %)
Entre 15 e 64 anos 776 (59.33 %)
Maiores de 65 anos 446 (34.1 %)
Evolución da poboación de A Gudiña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2697 2465 2275 2605 1625 1562 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.

Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña con Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.

Pola Gudiña pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.

Historia

No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.

O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.

O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.

O edificio do cárcere tiña o escudo da casa de Monterrei.

En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica[4] contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.

A Gudiña na literatura popular

  • O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [5].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Gudiña.
Gudiña02

Igrexa da Gudiña

Gudiña09

Estatua do beato Sebastián de Aparicio

Entre A Gudiña e Vilariño de Conso, Ourense

Entre A Gudiña e Vilariño de Conso

Gudiña08

Vista da estrada nacional

Lugares da Gudiña

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Gudiña vexa: Lugares da Gudiña.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. http://www.exercito.pt/sites/AHM/Guia_de_Fundos/Documents/1-34%201_%C2%AA%20Rep%C3%BAblica%20_1_%C2%AA%20Fase_%20Revoltas%20e%20Incurs%C3%B5es%20Mon%C3%A1rquicas%20_1910-1914.pdf
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Gudiña, A Gudiña

San Martiño e San Pedro da Gudiña é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 787 habitantes, deles 399 eran homes e 388 eran mulleres.

Barxa, A Gudiña

San Xoán de Barxa é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 53 habitantes, deles 29 eran homes e 24 eran mulleres.

Carracedo da Serra, A Gudiña

Santiago de Carracedo da Serra é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 27 eran homes e 30 eran mulleres.

Eduardo Pérez Vega

Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Estación da Gudiña

A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Estación de Guillarei

A estación de Guillarei é unha estación de tren de Adif situada na parroquia de Guillarei, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Conta con amplos servizos de longa e media distancia. Ademais ten unha función loxística.

Estación de Madrid-Chamartín

A estación de Madrid-Chamartín é unha das estacións de tren da cidade de Madrid, situada no distrito de Chamartín, ao norte da capital, e nas proximidades do paseo da Castellana.

Centraliza tódalas comunicacións ferroviarias dende Madrid cara ao cuadrante noroeste da Península Ibérica, dende Salamanca ata Irún, a través das tres liñas principais que parten dela: a liña imperial ou liña xeral do norte (de Madrid a Irún pasando por Ávila, Valladolid, Burgos, Miranda de Ebro, Vitoria e Donostia), a directa Madrid - Burgos (directo de Burgos) e a nova L.A.V. Madrid-Valladolid. Tamén ten algúns servizos por vía de largo ibérico cara ao nordeste (Media Distancia e tren Estrella) para o que emprega a circunvalación ferroviaria de Madrid, e cara ao sur (Media Distancia, Altaria e Talgo) grazas ao túnel que a une coa estación de Atocha.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Estación de Pontevedra

A estación de Pontevedra é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia, incluíndo os do eixe atlántico de alta velocidade. Ten tamén funcións loxísticas.

Estación de Redondela

A estación de Redondela, coñecida anteriormente como Redondela de Galicia, é unha das tres estacións de tren de Adif na cidade de Redondela, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia.

Estación de Vigo-Guixar

A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

OU-533

A OU-533 é unha estrada comarcal galega, que discorre entre as vilas da Gudiña e A Rúa, pasando por Viana do Bolo, na provincia de Ourense. É a estrada principal que vertebra a Comarca de Viana. É un tramo da antiga estrada C-533, que transcorría desde A Gudiña até Lalín, na provincia de Pontevedra.

O Canizo, A Gudiña

Santa María do Canizo é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE e o INE en 2011 tiña 198 habitantes (97 homes e 101 mulleres), 21 menos ca en 2007.

A parroquia está atravesada pola estrada N-525, que cruza a vila, e pola autovía A-52.

O Tameirón, A Gudiña

Santa María do Tameirón é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 153 habitantes, 89 homes e 64 mulleres), os mesmo ca en 2007.

Nesta parroquia naceu Francisco Blanco, santo da Igrexa Católica, martirizado en Xapón en 1597.

Parada da Serra, A Gudiña

San Lucas de Parada da Serra é unha parroquia do concello ourensán da Gudiña na comarca de Viana. Segundo o IGE en 2015 tiña 33 habitantes (21 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Veiga de Nostre (en Parada da Serra, Castrelo do Val), forma a parroquia eclesiástica de Parada da Serra.

Pentes, A Gudiña

San Mamede de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 182 habitantes, deles 92 eran homes e 90 eran mulleres.

San Lourenzo de Pentes, A Gudiña

San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña, situada a uns 11 km ao suroeste da capital do concello. Segundo o IGE tiña 63 habitantes no 2014 (32 homes e 31 mulleres), 19 menos ca en 2011.

Serra do Canizo

A serra do Canizo é unha serra galega unida á serra Segundeira, arrodeada polo val do río Bibei na orientación norte e leste, e polo río Canela no oeste, no límite entre os concellos da Gudiña e Viana do Bolo.

O cumio de maior altitude é O Testeiro, con 1.446 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.