A Guarda

A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 10.133 habitantes (4.937 homes e 5.196 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.

Coordenadas: 41°54′N 8°52′O / 41.900, -8.867

A Guarda
Escudo de A Guarda
Casa consistorial
Castro de Santa Trega Castro de Santa Trega
Iglesia de Salcidos
Situacion A Guarda
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación10.013 hab. (2018)
Área20,5 km²
Densidade488,44 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeAntonio Lomba Baz (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 5
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: CG: 1
Eleccións municipais na Guarda
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes39,26%
Na rede
aguarda.es
aguarda@aguarda.es

Poboación

Censo total 2014 10.314 habitantes
Menores de 15 anos 1.326 (12.86 %)
Entre 15 e 64 anos 6.890 (66.80 %)
Maiores de 65 anos 2.098 (20.34 %)
Evolución da poboación de A Guarda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.001 7.588 7.725 9.275 10.162 10.425 10.484 10.453 10.438 10.314 10.193 10.133 10.051 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Sitúase no suroeste de Galiza, onde desemboca o río Miño. Limita co océano Atlántico polo oeste, co concello do Rosal polo norte e o leste, e ó sueste con Portugal, a través da fronteira natural do río Miño. Pódese chegar por estrada desde Tui e desde Baiona pola estrada PO-552, e desde Caminha por transbordador. Atópase a 50 km de Vigo e a 120 de Santiago de Compostela.[4]

Destacan os cumios do monte de Santa Trega (341 m) e do monte Terroso (350 m).

Praias do Concello da Guarda [5]
Nome Localización Blue Flag Logo.svg
2015
Imaxe
Praia de Area Grande 41°54′36.22″N 8°52′35.36″O / 41.9100611, -8.8764889 Blue Flag Logo.svg
Praia de Fedorento 41°54′28.95″N 8°52′34.71″O / 41.9080417, -8.8763083
Praia de Carreiro 41°53′52.35″N 8°52′34.83″O / 41.8978750, -8.8763417
Praia da Lamiña 41°52′13.78″N 8°52′21.48″O / 41.8704944, -8.8726333 (Río Miño)
Praia do Muíño 41°52′22.19″N 8°52′2.52″O / 41.8728306, -8.8673667 (Río Miño) Blue Flag Logo.svg
Praia da Armona 41°52′52.67″N 8°51′35.51″O / 41.8812972, -8.8598639 (Río Miño)
Praia do Codesal 41°53′4.90″N 8°51′14.64″O / 41.8846944, -8.8540667 (Río Miño)

Historia

A historia do concello está en gran medida condicionada polo seu emprazamento xeográfico privilexiado, ó ser un lugar estratéxico con abundantes recursos naturais. Os restos humanos máis antigos datan de hai uns 12.000 anos, atopados nos distintos socalcos do val do río Miño. Os grupúsculos de homes primitivos formaron o que se coñece como Cultura Camposanquiense, dado que foron atopados na parroquia de Camposancos, na ladeira do monte de Santa Trega.

Camposancos A Guarda Galicia
Desembocadura do río Miño.

No neolítico (entre o 5000 a.C. e o 2000 a.C.), tivo lugar un perfeccionamento da industria lítica. Deste período son características as mámoas.[Cómpre referencia]

Na idade de bronce (entre o 2000 e o 1000 a.C.) comezan os contactos por mar con culturas mediterráneas, primeiro cos fenicios e, despois, cos gregos. O máis característico deste período son os petróglifos, gravados nas pedras con debuxos esquemáticos con gran valor documental sobre a vida desa época.[Cómpre referencia]

Castro en santa trega
Castro de Santa Trega.

Na idade de ferro (primeiro milenio antes da nosa era) tivo lugar a cultura castrexa. Esta foi a etapa de maior esplendor, como se deduce do gran número de castros do lugar, destacando os da Forca, A Bandeira ou Santa Trega. Este último, datado entre os séculos I a.C. e I, situado nas proximidades do cumio do monte, supón unha das mostras máis significativas da cultura Galaico-Romana de Galiza.

A cultura castrexa foi desaparecendo coa crecente romanización. Os poboadores foron abandonando os castros e comezando a asentarse nos vales para poder cultivar a terra. Da época romana existen restos no lugar de Saa, no Castro e en Pintán. Despois do século V chegou a conquista dos suevos.

Na alta Idade Media asentáronse na comarca do Baixo Miño comunidades relixiosas cristiás en varios cenobios, sendo os primeiros referentes administrativos supeditados á diocese de Tui. Logo de varias repoboacións, o rei Afonso II concedeu o couto da desembocadura do Miño ó Conde de Soutomaior.

A partir do século XII A Guarda estivo baixo a protección dos monxes cistercienses emprazados en Oia. Nestas datas é cando se menciona por vez primeira o nome da Guarda nun documento, concretamente no ano 1195. Nos seus documentos fálase da próspera vida comercial que tiña a localidade. Nesa época fíxose un trazado urbanístico similar ó doutras vilas mariñeiras galegas, como Baiona ou Noia, con murallas en forma de triángulo, cun lado cara o mar e no vértice contrario a igrexa. A finais da idade Media a igrexa parroquial foi ampliada para adaptarse ó crecemento da poboación.

A cuestión demográfica foi determinante no século XVI coa irrupción de varias pandemias, que causaron un descenso da poboación. Con licenza de Filipe II, a casa de Soutomaior promoveu un convento da comunidade de relixiosas beneditinas independentes da casa nai de San Paio de Antealtares de Santiago de Compostela.

O século XVII foi crucial para a historia da Guarda, debido ás presións belixerantes derivadas da guerra dos Trinta Anos. Construíuse o Castelo de Santa Cruz, unha praza militar conquistada polos portugueses en 1665. Con esta vitoria, A Guarda pertenceu ó Reino de Portugal durante tres anos. Daquel tempo é tamén unha pequena fortaleza situada nun pequeno illote na boca do porto, que recibía o nome de Atalaia, elemento protagonista do escudo do concello.

Solpor na Guarda, Galiza
Solpor na Guarda.

Durante o século XIX houbo un forte descenso de poboación provocado pola emigración cara a América, especialmente a Porto Rico. Ata 1845 o concello incluíu os terreos do concello do Rosal. Na segunda metade dese século instalouse no lugar da Pasaxe un importante colexio xesuíta.

O século XX estivo marcado pola fractura social que supuxo a guerra civil. A Guarda viuse axiña tomada polo alzamento nacional, pero o conflito notouse sobre todo na represión da retagarda, con paseados, fusilamentos, campos de concentración, malleiras, extorsións e exilios.

Na actualidade, o concello sofre unha reconversión encuberta. Logo dunha época de esplendor no sector da pesca, intenta transformarse, debido á súa falta de tecido industrial, nun concello adicado ós servizos, sobre todo ó turismo. Pero este xiro económico supuxo unha nova vaga de emigración, desta volta cara ás illas Canarias. Esta problemática comporta un estancamento demográfico.

Patrimonio

Arqueoloxía

Artigo principal: Castro de Santa Trega.

Entre os abondosos restos arqueolóxicos destaca o castro de Santa Trega. Un poboado amurallado con portas ó norte e ó sur. Nel atópanse restos do trazado viario, de vivendas, canles e depósitos de auga, fornos e outros materiais arqueolóxicos.

Posúe un museo arqueolóxico, onde se expoñen distintas elementos das diferentes culturas antigas asentadas na Guarda. Desde pezas do paleolítico (coitelos bifaces ou picos), do neolítico (coitelos pulidos, cerámica...), da idade de bronce (fouces, puñais...), da cultura castrexa (pedras labradas, cerámica e ourivaría de bronce e ouro) e da Roma Antiga (terra sigilatta, tellas, ánforas, moedas...).

Arte relixiosa

O conxunto artístico máis importante está situado na Igrexa Parroquial de Santa María Asunción da Guarda, no centro da vila. Aparece documentada no século XII. Conserva elementos do románico no muro norte. A planta é de cruz latina, con tres naves e con capelas laterais (da Trindade e das Dores). No seu interior destaca a gran variedade de retablos barrocos, o conxunto de pinturas manieristas sobre táboas e o conxunto de frescos rococós. A fachada é barroca con lenzos murais brancos debido á influencia portuguesa. A fachada sur obedece a esquemas renacentistas, cun tímpano que realza unha furna cunha imaxe barroca da Virxe. O campanario é moi monumental, sendo unha fusión entre o barroco con aspectos neoclásicos.

A igrexa parroquial de Santa Isabel de Camposancos data de 1816, e a de San Lourenzo de Salcidos de 1530. Tamén existen varias capelas: a de Santa Trega (século XII), a da Virxe da Guía (século XVI), a de San Caetano (século XVIII) e a de San Roque (século XX). A capela de Santa Trega ten un Viacrucis con medallóns do escultor Julio Vicent Mengual, realizados a partir de 1922.

Guarda Viacrucis 01-02a

Primeira estación.

Guarda Viacrucis 01-04

Terceira estación.

Guarda Viacrucis 01-07

Sexta estación.

Guarda Viacrucis 01-12a

Undécima estación.

Outro conxunto significativo é o Convento de San Bieito, construído entre 1558 e 1561 como Mosteiro da Transfiguración do Señor. Fundado por catro irmáns: Álvaro, García, Isabel e María Ozores de Sotomayor, naturais do Señorío de Teáns, Salvaterra de Miño, bisnetos de Pedro Madruga. A carta fundacional, asinada polo nuncio de Pío IV en Portugal, é do 7 de setembro de 1561. A inauguración foi o 5 de agosto de 1567 e estivo presidida polo bispo de Tui Diego de Torquemada. O edificio sufriu unha reforma importante no século XVIII, cunha portada barroca na porta norte da igrexa. A comunidade de beneditinas ocupou o convento durante 417 anos, ata 1984.[6]

Torre da casa do concello da Guarda. Galiza G59
Torre do Reloxo.

Arte civil

Forte de defensa da Guarda. Galiza G39
O Museo do Mar, na réplica da antiga atalaia.

Destaca a Torre do Reloxo, antiga homenaxe medieval, que foi parcialmente destruída, reerixida no século XVI. Tamén destaca o Centro Cultural, edificio de estilo rexionalista deseñado polo arquitecto Tomás Bilbao Sertucha a finais da década dos anos 20 do século XX.

En 2009 abriu o Museo do Mar, no porto, ó final do paseo marítimo, nunha réplica da antiga atalaia, que alberga unha colección malacolóxica de máis de 18 000 cunchas.[7][8]

Entre os monumentos de recente construción destaca a escultura adicada ao mariñeiro desaparecido, de Maxín Picallo; a adicada ós mariñeiros, de Antúnez Pousa, nas proximidades do peirao, e a dun rapaz sentado nun banco cun libro na man, ao carón da igrexa, de Cuqui Piñeiro.

Colexios

  • IES A Sangriña
  • CEIP A Sangriña
  • CEIP Manuel Rodríguez Sinde
  • CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo
  • Colexio Padres Somascos (1957-) (concertado)
  • Colexio San José Hermanas Carmelitas de la Caridad (concertado)

Deporte

  • Sporting Guardés Club de Fútbol.
  • CB Atlético Guardés (balonmán).
  • Club Ciclista Guardés.
  • A Guarda Hockey liña.
  • Club ALAGUA, Asociación de Lecer Acuática Guardesa (vela lixeira e piragüismo).
  • Club de remo Robaleira (remo en batel, trainerilla e traiñeira).
  • Club Pesca-sub Atalaya (pesca submarina).

Cidades irmandadas

Festas e tradicións

Desde 1913 celébrase a Festa do Monte, o segundo domingo de agosto. A festa culmina coa ascensión ó monte de Santa Trega. En xullo de 2009 foi declarada festa de Galicia de interese turístico.[10]

Guarda Festa do Monte 2009 04-01
Guarda Festa do Monte 2009 02-06
Guarda Festa do Monte 2009 03-03
Guarda Festa do Monte 2009 04-05

Turismo

A Guarda conta dende o 2010 cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 122 "Camiños do Trega", apta para o turismo de natureza. Ascende ata o Monte Trega e ten magníficas vistas da Guarda, do Esteiro do Miño e de Portugal e o Atlántico.

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes da Guarda.
Centro Cultural da Guarda

Centro cultural.

Praza de Abastos da Guarda

Praza de abastos.

A Guarda is Alive

Mural no paseo marítimo.

Desembocadura miño dende santa tegra

Desembocadura do Río Miño dende a ladeira do Monte de Santa Trega.

Lugares da Guarda

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello da Guarda vexa: Lugares da Guarda.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. "Como chegar, Cocello da Guarda". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 02 de novembro de 2014.
  5. Praias da Guarda Arquivado 02 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Concello da Guarda.
  6. Miguel Villa Álvarez, Joaquín Miguel: "El Convento de las Benedictinas de A Guarda, 1558-1984", 736 pp., Deputación de Pontevedra (en castelán).
  7. Museo do Mar Arquivado 30 de xuño de 2015 en Wayback Machine. na páxina do Concello da Guarda.
  8. Ficha do Museo do Mar da Guarda na páxina de Turgalicia.
  9. "A Guarda y Santo Domingo estrechan sus lazos a partir de la emigración"
  10. Resolución do 16 de xuño de 2009 pola se declara festa de Galicia de interese turístico a Festa do Monte (DOG 137, de 15 de xullo).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Guarda, A Guarda

Santa María da Guarda é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 6 301 habitantes (3 077 homes e 3 224 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6 164 habitantes.

A Pasaxe, Camposancos, A Guarda

A Pasaxe é un lugar da parroquia de Camposancos, no concello pontevedrés da Guarda, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2014 tiña 157 habitantes (80 homes e 77 mulleres).

Arciprestado da Guarda-Tebra

O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado da comarca do Baixo Miño, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño (aínda que a parroquia de Sobrada pertence ó arciprestado de Tui).

CG-4.2

O CG-4.2 é un corredor galego de altas prestacións e variante de poboacións que prevé unir as poboacións de Tui e A Guarda, sendo unha alternativa á PO-552. É propiedade da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia.

Actualmente o único tramo en servizo discorre polos concellos da Guarda, O Rosal e termina na rotonda de Goián en Tomiño.

Camposancos, A Guarda

Santa Isabel de Camposancos, ou A Visitación de Santa María de Camposancos, é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. É unha das 9 entidades locais menores de Galicia. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.088 habitantes (567 mulleres e 521 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento continuado en relación aos anos 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999, con 913. Está situada á beira do río Miño, case na súa desembocadura no océano Atlántico. Pertence á diocese de Tui-Vigo, na que está incluída o arciprestado da Guarda-Tebra.

Castro de Santa Trega

O Castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.

Castros de Galicia

Para unha relación non exhaustiva de castros existen as seguintes listaxes de castros de Galicia, ordenados por provincias:

Castros da provincia da Coruña

Castros da provincia de Lugo

Castros da provincia de Ourense

Castros da provincia de Pontevedra

Colexio dos xesuítas de Camposancos

O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.

Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Eleccións municipais na Guarda

Corporacións democráticas na Guarda desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Raúl González Puebla — Independentes

1983 Alcalde: Raúl González Puebla — CP

1987 Alcalde: Manuel Díaz González "Ligero" — AP. Finado o 21 de outubro de 1989, foi substituído por Antonio Cividanes Gómez e ás poucas semanas por Purificación Álvarez Álvarez

1991 Alcaldesa: Purificación Álvarez Álvarez — PPdeG

1995 Alcaldesa: Purificación Álvarez Álvarez — PPdeG, en coalición con IDBM.

1999 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG, en coalición co BNG e EU ata novembro de 1999. Dende entón só co BNG. En xullo de 2000 PPdeG e EU presentan unha moción de censura e sae elixido José Luis Alonso Riego do PPdeG.

2003 Alcalde: José Luis Alonso Riego — PPdeG, en coalición con IVdoBM ata marzo de 2006.

2007 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG

2011 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG

2015 Alcalde: Antonio Lomba Baz — PSdeGCandidaturas: Antonio Lomba Baz (PSdeG-PSOE), Conchi Ortega Martínez (PP), Ángel Luis Baz Vicente (BNG), Celso Juan Rodríguez Fariñas (Converxencia Galega), María de Fátima Iglesias Ferreira (Ciudadanos de Centro Democrático) e Luis Miguel Pérez Álvarez (Iniciativa Veciñal por Galicia).

Pola súa banda, na entidade local menor de Camposancos foi elixido presidente o candidato Rafael Álvarez Martínez, do PSdeG-PSOE, que quedou por diante dos outros dous candidatos María Jesús Martínez Martínez (PP) e María del Pilar Martínez Méndez (Converxencia Galega).2019 Alcalde: Antonio Lomba Baz — PSdeG

Illa Aguieira

A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Illa Carral

A illa da Carral[Cómpre referencia], comunmente A Carral[Cómpre referencia], é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Illas Negras

As illas Negras, son un conxunto de illas situadas en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona xa no límite coa parroquia oiense de Mougás. Atópanse no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

O arquipélago está formado pola illa Negra, A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra.

Monte de Santa Trega

O monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, está situado no extremo máis sudoccidental de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar desde o que domina a desembocadura do río Miño.

O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico habitado desde moito antes do levantamento do castro de Santa Trega, como testemuñan os petróglifos alí atopados de máis de 2000 anos de antigüidade.

Nel, áchase a igrexa de Santa Trega e próximo á porta do templo unha lápida de pedra cunha morea de marcas de cantaría, colocada con ocasión do festival de 1979 en honor aos poveiros de Póvoa de Varzim, en Portugal. Ao parecer, trátase dunha reprodución en pedra da porta de madeira orixinal da ermida, que contiña esas marcas/siglas; é salientábel a súa similitude coas existentes en igrexas, mosteiros, etc. na Europa medieval.

PO-552

A PO-552 é unha estrada autonómica galega, unha das principais vías de comunicación dos concellos do sur da provincia de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Polveiras

Non confundir coas homónimas Polveiras, arquipélago de illotes rochosos na costa de Corrubedo, en 42°34′27.58″N 9°5′30.72″O.

Polveiras é un arquipélago de illotes situado en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Salcidos, A Guarda

San Lourenzo de Salcidos é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 3.056 habitantes (1.500 homes e 1556 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.842 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.