A Galicia feudal

A época baixomedieval esténdese desde o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos árabes e da descoberta de América, a fins do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

Historia de Galicia
Descripcion Reyno de Galizia de Ojea

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia

Historia

O fin do primeiro milenio viu certo medre demográfico e a repoboación de zonas cada vez máis ao sur, através do sistema de "presura". A comezos do segundo as costas padeceron os saqueos viquingos. Desde o século IX comezaron a aparecer pequenos núcleos rurais chamados "vilas", acompañados de "vilares" e "casais", característicos todos eles do hábitat disperso. De comezos do XIII data o proceso urbanizador. As institucións eclesiásticas atinxiron un notorio poder: as catedrais nas cidades e os mosteiros bieitos e cluniacienses no campo.

Durante todo este período, as terras fóronse concentrando en mans de grandes propietarios (que, debido á acusada diseminación dos predios, non posuían "grandes propiedades") e o número de pequenos propietarios foise reducindo. Unha parte dos dominios señoriais explotábanna directamente os señores através dun "villicus"; a outra parte por medio de servos e colonos. Incrementáronse os arroteamentos e intensificouse a horticultura; reduciuse o barbeito coa rotación trienal, introdúciuse o vesadoiro, utilízouse máis o ferro nos apeiros agrícolas e apareceron as aceas.

Desde que o reino de Galiza pasou progresivamente a depender da monarquía castelá, así como o constante desgastade da súa alta aristocracia en conflitos dinásticos que buscaban a fin da dominación castelá, acabaría esmorecendo a súa capacidade de actuación. Despois das terríbeis fames e pestes do século XIV, a conflitividade social aumentou no século XV e provocou as revoltas irmandiñas (1431-1469).

O sistema feudal

Castelo da rocha forte Torreón e muro oeste
Restos do Castelo da Rocha Forte arruinado polos irmandiños no 1466

A propiedade da terra constituía o elemento de diferenciación social e provocaba a necesidade de pedir protección. Esta protección pagábase encomendando terreos propios ou cedéndoos como pagamento de rendas; foise consagrando así o sistema de privilexios nobiliarquicos. A comezos do século XIII produciuse o renacemento -realmente nacemento- das cidades, relacionado ben co camiño francés (Portomarín, Melide, Arzúa), coas actividades mariñeiras (A Guarda, Baiona, Redondela, Pontevedra, Muros, Noia, Padrón, Coruña, Betanzos, Viveiro, Ribadeo), coas sedes episcopais (Mondoñedo, Ourense) ou por outros motivos (Ribadavia).

Á beira das catedrais e dos ses cabidos apareceron os conventos das ordes mendicantes: dominicos (Santiago, Ribadavia, Tui, Lugo, Coruña, Pontevedra, Viveiro, Ortigueira) e franciscanos/clarisas (Santiago, Coruña, Ribadeo(?), Viveiro, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Monterrei, Noia, Pobra do Deán, Herbón, Vilabade-Castroverde, Allariz).

Á fronte dos concellos figuraban os xuíces; estaban logo os corrixidores (de carácter real) e xustizas maiores (de carácter eclesiástico) e finalmente os alcaldes e rexedores, escolleitos entre os fidalgos locais e os comerciantes. Para o conxunto, desde 1231 existiu o cargo de Meiriño Maior ("Adelantado Mayor de Galicia", ligado á familia dos Castro) con funcións gobernamentais, económicas, financeiras e xudiciais, co auxilio dos meiriños menores, dos oficiais reais e da maxistratura.

Véxase tamén

Bibliografía

  • García Oro, José (1999). Galicia na Baixa Idade Media. Igrexa, señorío e nobreza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-89129-58-4. (2ª edición)
  • Paredes Mirás, María del Pilar (2002). Mentalidade nobiliaria e nobreza galega. Ideal e realidade na Baixa Idade Media. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-47-5.

Outros artigos

A gran historia de Galicia

A gran historia de Galicia é unha colección de libros sobre a historia de Galicia, en lingua galega (32 tomos), obra de varios historiadores galegos.

Ermelindo Portela Silva

Ermelindo Portela Silva, nado na Guarda en 1947, é un historiador galego.

Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval

A finais do difícil século XIV e durante o convulso século XV tivo lugar na illada Galicia a transformación da antiga nobreza e a incorporación dunha nova que conformaron o seu poder económico e social alicerzado na posesión da terra -unificada nun único patrimonio, baixo a man do cabeza de familia- e o poder das armas. Configurouse deste xeito unha sociedade baseada na institución do morgado e o ideal cabaleiresco, dando lugar ás liñaxes, que perduraron durante toda a Baixa Idade Media ata a chegada da Idade Moderna coa reforma política levada a cabo polos Reis Católicos, tendo moitas delas continuidade cando conseguiron adaptarse á nova situación achegándose ao novo centro real de poder, a Corte Real.

Gran Guerra Irmandiña

A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467 e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV. Comezou na primavera de 1467 en Galicia, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.

Historia da Coruña

A Coruña érguese nunha península situada na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O territorio que abrangue o actual concello da Coruña foi sucesivamente poboado en época castrexa e romana, pero é a comezos do século XIII cando a cidade é refundada no emprazamento orixinal da Cidade Vella ao sueste da península. Co paso dos séculos a cidade estenderase progresivamente a través do tómbolo cara o continente.

Irmandiños

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).

As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez[Cómpre referencia], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

Sueiro Gómez de Soutomaior

Sueiro Gómez de Soutomaior, (nalgunhas publicacións aparece como Suero Gómez de Sotomayor e mesmo Soro Gómez de Soutomaior) nado en Rianxo cara a 1417 e finado en Pontevedra cara a 1490, foi un destacado aristócrata do reino de Galiza durante o século XV, herdeiro dunha liñaxe que se remonta polo menos ao seu tataravó, o grande almirante e adiantado galego Paio Gómez Chariño. Fillo de Paio Gómez de Soutomaior, ostentou o título de mariscal de Castela. Viviu nun tempo convulso, con graves tensións entre os diferentes nobres e os irmandiños. Foi señor das fortalezas e terras de Rianxo, Lantaño, San Tomé, Portonovo, Vilamaior, O Carril e A Insua e das terras de Posmarcos, Tabeirós, Cela e Sobrán. Serviu a Xoán II e en 1445 fíxose cargo da defensa das vilas de Pontevedra e Vilanova de Arousa.Testou en Vilanova en 1485 e foi enterrado en San Domingos de Pontevedra, onde se conserva a súa tumba pétrea cuberta coa súa escultura xacente, cunha hermética armadura e espada entre as mans.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.