A Frieira, Quintela, Crecente

A Frieira é un lugar da parroquia de Quintela no concello pontevedrés de Crecente, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña de 42 habitantes (24 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

É unha poboación da ribeira do río Miño, fronte a Cevide, a localidade máis setentrional de Portugal, e fronte ao lugar da Frieira, na parroquia de Desteriz (Padrenda). Tivo un aumento de poboación durante a construción do encoro da Frieira, e tamén pola proximidade da estación da Frieira, na liña Monforte de Lemos - Vigo. Entre 1913 e 1923 editouse na aldea o periódico Tierra Libre, fundado e dirixido por Marcelino Gómez Arias.

Coordenadas: 42°09′15″N 08°12′08″O / 42.15417, -8.20222

A Frieira
A Frieira, Crecente
Vista xeral do encoro coa aldea á esquerda
ParroquiaQuintela
ConcelloCrecente
Poboación22 hab. (2017)

Galería de imaxes

Encoro da Frieira

Encoro da Frieira

Estación da Frieira

Estación de ferrocarril

Estación da Frieira 2

Estación de ferrocarril

Estación da Frieira 4

Estación de ferrocarril

Estación da Frieira 3

Vista da aldea desde a estación

Paso a nivel A Frieira

Paso a nivel

Lugares e parroquias

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.